Giorgio de' Buondelmonti
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1411 Despotado de Epiro |
Morte | 1453 (41/42 anos) |
Familia | |
Familia | Buondelmonti (en) |
Pais | Esaú de' Buondelmonti e Eudokia Balšić |
Giorgio de' Buondelmonti, foi un gobernante de Epiro en Ioánina en 1411.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Giorgio era o fillo novo de Esaú de' Buondelmonti coa súa terceira esposa Eudoxia Balšić. Cando o seu pai morreu o 6 de febreiro de 1411, a súa nai tratou de manter o control de Ioánina en nome do seu infante fillo. Eudoxia non era popular entre a nobreza local. Cando se decataron de que estaba a tratar de casar cun nobre serbio, rapidamente depuxeron a ela e ao seu fillo só 20 días despois da súa ascensión, o 26 de febreiro de 1411. Giorgio sobreviviu polo menos até 1453, e o seu nome aparece en diversos documentos ragusinos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- George C. Soulis, The Serbs and Byzantium, Athens, 1995.
- John V.A. Fine Jr., The Late Medieval Balkans, Ann Arbor, 1987.