Neurobioloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe combinada de IRM e PET do cerebro humano.
Imaxe combinada de IRM e PET do cerebro humano.

A neurobioloxía é unha ciencia derivada da bioloxía que estuda as relacións nerviosas nos seres vivos dende unha perspectiva de interacción con outras partes dun ser vivo.

Termo[editar | editar a fonte]

Ás veces, o termo neurobioloxía, a rama da bioloxía que investiga todos os aspectos do cerebro e do sistema nervioso é empregado como sinónimo de neurociencia ou neurociencias[1][2]. Outras veces o termo aplícase como disciplina derivada da bioloxía e da neurociencia. Diferénciase, neste sentido, por ser a neurociencia un campo máis amplo relacionado con calquera estudo científico do sistema nervioso, e das disciplinas acubilladas nela como a neurociencia computacional, a neurociencia cognitiva, a neurociencia do comportamento, a psiquiatría biolóxica, a neuroloxía ou a neuropsicoloxía, aínda a pesar de solaparse ás veces. Os temas e a maneira de aproximarse aos mesmos son de natureza interdisciplinar, multidisciplinar e transdisciplinar.

Algúns científicos distinguen o termo neurociencias do mundo anglófono (neuroscience) usado máis como sinónimo de neurobioloxía (neurobiology)[3] e o empregado en Iberoamérica[4], existindo certa controversia coa terminoloxía de raíz similar (por exemplo psiquism/psiquismo[5]).

Campo de estudo[editar | editar a fonte]

A neurobioloxía estuda as células do sistema nervioso e a organización destas células dentro de circuítos funcionais que procesan a información e median no comportamento.[6]

Principais elementos dunha sinapse prototipo. As sinapses son os saltos entre as células nerviosas. As células nerviosas convirten os seus impulsos eléctricos en ráfagas de retransmisores neuroquímicos, os neurotransmisores, que viaxan a través da sinapse a receptores nas dendritas das células fronteirizas, provocando que as recorran máis impulsos eléctricos.
Principais elementos dunha sinapse prototipo. As sinapses son os saltos entre as células nerviosas. As células nerviosas convirten os seus impulsos eléctricos en ráfagas de retransmisores neuroquímicos, os neurotransmisores, que viaxan a través da sinapse a receptores nas dendritas das células fronteirizas, provocando que as recorran máis impulsos eléctricos.

As propiedades básicas, actividade e regulación das correntes de membrana, a plasticidade sináptica, a neurotransmisión, a neuroxénese, a sinaptoxénese e as canles iónicas das células son algúns campos estudados polos neurobiólogos.[7][8] A anatomía celular e a subcelular estúdanse para dar unha visión do retardo mental no Mental Retardation Research Center (MRRC).[9] Revistas como Frontiers in Cellular Neuroscience ou Molecular and Cellular Neuroscience publican sobre temas de neurobioloxía.[10][11]

Neurobiólogos[editar | editar a fonte]

Os científicos que estudan a neurobioloxía chámanse neurobiólogos, como por exemplo María Domínguez Castellano, Vladimir Bexterev ou o divulgador galego Xurxo Mariño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "¿Cuál es la diferencia entre neurociencia, neurobiología, neuroingeniería y neuropsicología?". La tecnología cambia la vida futura – Gobetech.com (en inglés). Consultado o 2022-07-09. 
  2. "bUSCatermos; neurobioloxía". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-07-09. 
  3. "Neuroscience : Neurobiology -BS". www.artsci.uc.edu/interdisciplinary-studies/neuroscience. Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  4. "Diferencias entre neurociencias anglófonas y neurobiología iberoamericana: del desencuentro a la comprensión". www.researchgate.net ; CROCO, Mario (en castelán). Consultado o 9 de xullo de 2022. 
  5. Florido, Antonio (2017-09-04). "Diferencias entre neurociencias anglófonas y neurobiología iberoamericana, Viñeta 4: Diferencias acerca del concepto objetivo de psiquismo". El Acento (en castelán). Consultado o 2022-07-09. 
  6. Shepard, G. M. (1994). Neurobiology. 3rd Ed. Oxford University Press. ISBN 0-19-508843-3
  7. "Cellular Neuroscience". web.archive.org. 2008-05-13. Archived from the original on 13 de maio de 2008. Consultado o 2020-12-07. 
  8. "Cellular Neuroscience Group". web.archive.org. Archived from the original on 13 de agosto de 2009. Consultado o 2020-12-07. 
  9. "Wayback Machine". web.archive.org. 2008-10-07. Archived from the original on 07 de outubro de 2008. Consultado o 2020-12-07. 
  10. "Archive of "Frontiers in Cellular Neuroscience".". www.ncbi.nlm.nih.gov. Consultado o 2020-12-07. 
  11. "Molecular and Cellular Neuroscience - Journal - ScienceDirect.com by Elsevier". www.sciencedirect.com (en inglés). Consultado o 2020-12-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.