Navia Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNavia Rivas
Biografía
Nacemento1992 Editar o valor em Wikidata (31/32 anos)
Boimorto, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica , cantante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiMini Editar o valor em Wikidata

Navia Rivas de Castro, nada en Boimorto o 24 de xullo de 1992, é unha cantante e política galega do BNG. É responsable internacional de Galiza Nova, integrante do consello nacional do BNG e concelleira polo mesmo partido en Santiago de Compostela.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Mini, deputado galego do BNG e cantautor, histórico membro de Fuxan os Ventos e fundador de A Quenlla.

No 2015, puxo música á campaña de Nós - Candidatura Galega para as Eleccións xerais de España de 2015 coa canción “Nós, porque este soño é necesario para un soño” en colaboración con Mini e NAO.[3] A partir do 2016, participou en concertos de promoción da lingua galega xunto con artistas como Skandalo GZ e O Leo i Arremecághona! en xornadas organizadas polas mocidades do BNG.[4] En 2020 colaborou no primeiro álbum de SonDaRúa, Combate eterno, no tema "Éxodo".[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gailza Nova (ed.). "Galiza Nova rende homenaxe ao legado de Rosalía e Castelao". Consultado o 19 de setembro de 2017. 
  2. "Bloque Nacionalista Galego. Ayuntamiento de Santiago de Compostela". santiagodecompostela.gal. Consultado o 2021-05-26. 
  3. "Mini e Nao poñen música á campaña de Nós-Candidatura Galega cun vídeo que xa é viral". Sermos Galiza. 14 de decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2016. 
  4. "Concerto pola lingua". 8 de abril de 2016. Consultado o 3 de xuño de 2019. 
  5. "A lírica combativa de SonDaRúa: da resignación ao ataque". Nós Diario. 24 de abril de 2020. Consultado o 28 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]