Nós - Candidatura Galega
| Nós - Candidatura Galega | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Ideoloxía política
| |||
| Datas | |||
| |||
| Localización | |||
| |||
| Wikidata |
Nós - Candidatura Galega foi unha coalición electoral creada para presentarse ás eleccións xerais de 2015 en España e que se presentou nas catro provincias galegas. A formación principal da coalición era o Bloque Nacionalista Galego e acompañárono o Partido Galeguista, Coalición Galega, o Partido Comunista do Pobo Galego e a Fronte Obreira Galega. Tamén recibiu o apoio do alcalde de Lalín, de Compromiso por Galicia, Rafael Cuíña.[1]
Os catro cabezas de lista ao Congreso dos Deputados pertencían ao Bloque Nacionalista Galego: Carlos Callón pola Coruña, Carme Adán por Pontevedra, Olalla Rodil por Lugo e Noa Presas por Ourense.
Os malos resultados acadados, ao non obter ningún deputado e perder un bo número de votos en favor da coalición EnMarea, motivaron a decisión do líder do BNG, Xavier Vence, de non anovar como voceiro nacional na XV Asemblea Nacional que se celebrou en 2016.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rafael Cuiña, de Compromiso por Galicia, muestra en Vigo su apoyo al proyecto de NÓS". Faro de Vigo (en castelán). 2015-12-10. Arquivado dende o orixinal o 2015-12-22.