SonDaRúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OrixePonteareas, Galicia Galicia,
Período2016 - 2023
Xénero(s)Rap, Reggae
Selo(s) discográfico(s)Playplan
Galunk Producións
MembrosHugo Guezeta
Alex Arnoso
That Bass
Na rede
Facebook: SonDaRuaGZ Twitter: SonDaRuaGZ Instagram: sondarua Youtube: UCDQwOMtpY-teD25g8-Sz1IQ Musicbrainz: dd5d528f-91ca-4515-a25f-a8a5ef704bcf Editar o valor em Wikidata

SonDaRúa (frecuentemente escrito Sondarua ou Son Da Rúa) foi un grupo de rap galego de Ponteareas, que estivo activo entre 2016 e 2023.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo creouse formalmente a mediados do 2016 co lanzamento dos temas "Fóra" e "Estilo combativo" na plataforma Youtube. Antes da constitución do grupo como tal, os dous membros fundadores xa ofrecían directos nos que alternaban cancións de rap ao estilo clásico con DJ, e acústicos nos que Alex Arnoso tocaba a guitarra e Hugo Guezeta adoitaba ser a voz principal.

No ano 2017 lanzan a canción "En galego NON mola", coa que conseguiron o primeiro posto da III edición do concurso Novos Valores do Festigal,[4] e tamén resultan gañadores do Concurso Sonidos Mans do Festival Revenidas[5] con "Estilo combativo", o que lles permitiu actuar en ambos festivais.

A principios do 2018 lanzaron o seu primeiro traballo de estudo, Liberando mentes[6], un EP de 5 cancións editado tanto en formato físico coma en dixital. Posteriormente participan no sinxelo Cultura crítica[7] da banda de metal NAO xunto coas Tanxugueiras. A mediados de ano editan en todas as plataformas dixitais un álbum recompilatorio en forma de EP que leva como título SonDaRúa Classics[8], formado por reedicións de antigos temas só subidos a Youtube e que foran gravados de forma caseira polo propio Alex Arnoso. En 2019 publicaron un novo videoclip do sinxelo Voz da resistencia, que contou cunha instrumental de dub do produtor Antxon Sagardui do colectivo vasco Crudo Bilbao.[9]

En 2020 publicaron o seu único LP, co título Eterno combate. Este traballo constou de 12 temas e contou coas colaboracións de Ezetaerre, Skandalo GZ e Navia Rivas. Antes do lanzamento do disco xa se publicaran tres dos temas como sinxelos e con cadanseu videoclip a modo de adianto: "Éxodo", "Salsa galaica" e "Pontakas Antifa".[10]

Tras anunciar a fin do grupo, en 2023 realizaron unha xira de despedida por distintas vilas e cidades galegas, así como en Bilbao, ofrecendo o seu último concerto o 14 de abril na Sala Capitol de Santiago de Compostela.[11] Tres días antes publicaron o seu último tema, titulado "En pé".[12]

Membros[editar | editar a fonte]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Sinxelos[editar | editar a fonte]

  • "Fóra" (2016)
  • "Estilo combativo" (2016)
  • "En galego NON mola" (2017)
  • "Aceabé" (2017)
  • "Liberando mentes" (2018)
  • "Meio tolos" (2018)
  • "Cultura Crítica" con NAO e Tanxugueiras (2018)
  • "Voz da resistencia" (2019)
  • "Éxodo" (2019)
  • "Salsa galaica" (2019)
  • "Pontakas Antifa" (2020)
  • "Eterno Combate" (2020)
  • "Duro" con O Pirata (2021)
  • "Hardcore puro" (2021)
  • "Rarezas" (2022)
  • "En pé" (2023)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Región, La. "O rap retranqueiro de SonDaRúa". La Región (en castelán). Consultado o 2018-11-07. 
  2. "GalicianTunes: Artista - SonDaRúa". www.galiciantunes.com. Consultado o 2018-11-07. 
  3. "Sondarúa | Galunk Producións". galunk.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-07. 
  4. "O rap retranqueiro de SonDaRúa gañador da III edición do concurso Novos Valores – Festigal | Campus Sur de Santiago de Compostela. 24 e 25 de xullo.". festi.gal. Consultado o 2018-10-08. 
  5. "Los ponteareanos SonDaRúa actuarán en agosto en el Revenidas". Faro de Vigo. Consultado o 2018-10-08. 
  6. "Compromiso, "xeito" y frescura en la primera referencia de SonDaRúa, "Liberando Mentes" [Reseña] - Funkmamma". funkmamma.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 
  7. "Nao, SonDaRúa y Tanxugueiras por una "Cultura Crítica" - Funkmamma". funkmamma.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2018. Consultado o 2018-10-08. 
  8. "Sondarúa SonDaRúa Classics - Google Search". g.co (en inglés). Consultado o 2018-11-03. 
  9. Verónica, Palleiro. "Un salón de plenos de cine". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-01-25. 
  10. "A lírica combativa de SonDaRúa: da resignación ao ataque". Nós Diario. 24 de abril de 2020. Consultado o 28 de abril de 2020. 
  11. "SonDaRúa, conciertos en Bilbao, A Coruña, Santiago y más en su gira de despedida" (en castelán). 5 de febreiro de 2023. Consultado o 15 de abril de 2023. 
  12. 14 de abril de 2023, Alberto (14 de abril de 2023). "A derradeira reivindicación de SonDaRúa". Faro de Vigo. Consultado o 15 de abril de 2023.