Natalia Millán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNatalia Millán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de novembro de 1969 Editar o valor em Wikidata (54 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , cantante , bailarina Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

Páxina webnataliamillan.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0590293 Allocine: 105217
Twitter: _Natalia_Millan Editar o valor em Wikidata

Natalia Millán, nada en Madrid o 27 de novembro de 1969, é unha actriz, bailarina e cantante española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou a estudar na Escola Universitaria de Artes TAI aos 16 anos, onde recibiu leccións de canto, jazz, interpretación e ballet. Tras especializarse en actuación, traballou un tempo como cantante profesional. Con 18 anos ingresou na Escola de Ballet Nacional Español, onde estudou con Aurora Pons, Juana Taft e Victoria Eugenia. Os anos seguintes seguiu perfeccionando a súa formación clásica e contemporánea con mestres como Carmen Roche (foi alumna desta escola), expresión corporal con Arnold Taraborrelli e Agustín Belús, actuación con Jorge Eines, Antonio Llopis e Luis Olmos e canto na Escola de Música Creativa e na Escola Popular de Música.

Afianzou a súa traxectoria sobre os escenarios españois na Compañía Teatro da Danza con La pasión de Drácula, Al fin...Solos, Hazme de la noche un cuento, de Jorge Márquez, Mata-Hari ou La Reina del Nilo. Na Compañía Nacional de Teatro Clásico interpretou papeis principais nos espectáculos La gran sultana e Fuenteovejuna.

En 1986 traballou no programa de TVE El domingo es nuestro. Interveu en A mi manera, xunto con Jesús Hermida, e participou no programa Inocente, Inocente.

En 1987 colaborou con Luis Eduardo Aute no seu traballo discográfico Templo, cantando a poesía Tengo Sed e como corista en cancións como Idiosincrasia.

Participou como bailarina e cantante dun grupo en 1996 no filme Tu nombre envenena mis sueños de Pilar Miró e posteriormente na serie de televisión El súper como Julia Ponce. Amais, interpretaba as sintonías inicial e final da serie, incluídas nun CD que se publicou no verán de 1997.

A metade da terceira tempada de El Súper protagonizou o espectáculo La última aventura. Actuou en cidades como Murcia, A Coruña, Bilbao, Valencia e Madrid.

En 2001 actuou no espectáculo de Fernando Arrabal El cementerio de automóviles xunto a Juan Gea, Carmen Belloch e Alberto Delgado, e en La Música de Jorge Eines, xunto a Jesús Noguero.

Despois do grande éxito de El Súper foi contratada para a serie de Antena 3 Policías, en el corazón de la calle, na que interpretou á inspectora Lola Ruiz, e Un paso adelante na que deu vida á profesora de ballet Adela Ramos.[1]

En 2003 ofrecéronlle por primeira vez un papel protagonista no filme Nubes de Verano, que se estreou en abril de 2004. Ese ano deixou Un Paso Adelante para volver ao teatro como Sally Bowles no musical Cabaret.[2] Dous anos despois participou no filme Regreso a Moira de Mateo Gil, que formaba parte da serie Películas para no dormir.

En 2006, ao final das tres tempadas de Cabaret no Nuevo Teatro Alcalá de Madrid, foi contratada para o filme Mi último verano con Marian. Dirixido por Vicente Monsonís, foi emitido en agosto de 2007 na cadea catalá TV3.

Entre 2007 e 2010 interpretou a Elsa na serie de televisión El internado, de Antena 3.

A principios de 2008 participou como xurado no programa de Cuatro Tienes talento, versión española do inglés Britain's Got Talent.

En maio dese ano estreouse a obra El mercader de Venecia, na que interpreta a Porcia. Baixo a dirección do irlandés Denis Rafter, coincidiu con actores como Fernando Conde, fundador da compañía Darek Teatro, e Juan Gea.[3]

Participou no filme Sangre de mayo (2008), dirixida por José Luis Garci, que conmemorou o bicentenario da Guerra da Independencia Española. Interpretou o papel de Anastasia.

En 2009 púxose á fronte do musical Chicago.[4] O ano seguinte protagonizou unha nova versión da obra de Miguel Delibes Cinco horas con Mario.[5]

En 2011 interveu na serie de Televisión Española Amar en tiempos revueltos.[6]

O 10 de febreiro de 2013 Telecinco anunciou que Natalia Millán participaría no programa Mira quién salta!. O 19 de marzo fichou como personaxe episódica pola serie Dreamland School, de Cuatro. Tamén se incorporou ao elenco de Velvet como Gloria, a madrasta de Miguel Ángel Silvestre.

En marzo de 2014 anunciouse a súa colaboración como presentadora xunto a Sandra Barneda ou Beatriz Montañez, entre outras, no programa de madrugada de Telecinco Hable con ellas. Deixou o programa a finais do xuño seguinte.

En novembro de 2015 estreou a serie xuvenil Yo Quisiera en Divinity, onde interpreta a Isabel, a nai de Lana. Participou na primeira tempada de El Ministerio del Tiempo como Lola Mendieta.[7]

En 2017 fichou por Secretos de Estado, de Telecinco, xunto con Miryam Gallego, Jesús Castro e Miquel Fernández. Dende outubro dese ano protagonizou no Teatro Nuevo Alcalá a obra musical Billy Elliot.[8]

En 2020 interpretou o papel de Rosa no filme Explota Explota, unha comedia musical cos éxitos de Raffaella Carrà, dirixido por Nacho Álvarez.

En 2022 interpretou a Violette Morhange en Los Chicos del Coro, versión de Pedro Víllora baseada no filme homónimo de 2004.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director Xénero Duración
1982 El cepo Extra Francisco Rodríguez Gordillo Terror 1h 26m
1984 Fiebre de danza Muller Manuel Mateos Comedia musical 1h 31m
1988 No hagas planes con Marga Ángela Rafael Alcázar Drama 1h 31m
1996 Tu nombre envenena mis sueños Natalia Pilar Miró Drama romántico 2h 02m
2003 Atraco a las 3... y media Eloísa Raúl Marchand Comedia 1h 32m
2004 Nubes de verano Ana Felipe Vega Drama 1h 44m
2008 Sangre de mayo Anastasia José Luis Garci Drama 2h 32m
2020 Explota Explota Rosa Nacho Álvarez Comedia romántica 1h 56m

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Director Xénero Duración
1997 El tiempo perdido Natalia Norberto López Amado Drama 15m
2013 El paraguas de colores Ela Eduardo Cardoso Drama 8m

Series[editar | editar a fonte]

Ano Título Cadea Personaxe Notas
1996 - 1999 El Súper Telecinco Julia Ponce Elenco principal; 978 episodios
2000 El comisario Inspectora Miranda Miranda 2 episodios
2000 - 2001 Policías, en el corazón de la calle Antena 3 Lola Ruiz Elenco principal; 16 episodios
2001 Antivicio Antena 3 Invitada; 1 episodio
7 vidas Telecinco Elena Díaz Invitada; 1 episodio
Agente 700 La 1 Anastasia Kudepief Invitada; 1 episodio
2002 - 2003 Un paso adelante Antena 3 Adela Ramos Elenco principal; 44 episodios
2003 Salvaje La 1 Isabel Telefilme
2006 Regreso a Moira Telecinco Moira
2007 Mi último verano con Marián TV3 Andrea
2007 - 2010 El internado Antena 3 Elsa Fernández Campos Elenco principal; 70 episodios
2011 Los Quién Elisa Alarcia Invitada; 1 episodio
2011 - 2012 Amar en tiempos revueltos La 1 Angelica «Angy» Valdés Elenco principal; 176 episodios
2014 - 2015 Velvet Antena 3 Gloria Campos Elenco principal; 22 episodios
2014 Dreamland Cuatro Daniella Elenco principal; 8 episodios
2015 - 2017 El Ministerio del Tiempo La 1 Dolores «Lola» Mendieta Elenco recurrente; 9 episodios
2015 - 2018 Yo quisiera Divinity Isabel Madero Montesinos Elenco principal; 88 episodios
2019 Secretos de Estado Telecinco Marisa Elenco recurrente; 12 episodios
2020 - 2021 Cuéntame cómo pasó La 1 Catalina «Cata» Marini Elenco recurrente; 16 episodios
2021 - 2023 Valeria Netflix Madre de Víctor Invitada; 2 episodios
2023 UPA Next Atresplayer Premium Adela Ramos Invitada; 1 episodio

Programas[editar | editar a fonte]

Ano Título Cadea Notas
2006 Empieza el espectáculo La 1 Membro do xurado
2008 Tienes talento Cuatro
2013 ¡Mira quién salta! Telecinco Concursante
2014 Hable con ellas Presentadora
2016 Tu cara me suena Antena 3 Invitada como Rita Hayworth (Gilda)
2017 El gran reto musical TVE Invitada
2019 MasterChef Celebrity
2020 Typical Spanish
2022 <i id="mwAiI">Mapi</i>

Teatro[editar | editar a fonte]

Ano Título Personaxe Notas
1982 My Fair Lady Bailarina Papel menor
1984 Jesucristo Superstar Moza
1989 Frank V Bailarina
1990 - 1991 La pasión de Drácula Molly Papel secundario
1991 Hazme de la noche un cuento Moza de branco Papel menor
1992 La gran sultana Bailarina
1992 - 1993 Al fin solos Madre Amparo Papel secundario
1993 Fuenteovejuna Jacinta
1999 La última aventura Sisi Papel principal
2001 La música Anne Marie Roche
2003 - 2006 Cabaret Sally Bowles
2008 - 2009 El mercader de Venecia Porcia
2009 - 2010 Chicago Velma Kelly
2010 - 2014 Cinco horas con Mario Carmen Sotillo
2012 Anfitrión Alcmena
2013 - 2016 ¿Hacemos un trío? Natalia
2014 - 2015 Donde hay agravios no hay celos Doña Ana de Alvarado
2015 - 2016 La viuda alegre Hanna Glawari
2015 - 2016 Windermere Club Señora Nadir
2016 - 2017 La mentira Alicia
2017 - 2018 Billy Elliot Mrs. Wilkinson
2019 - 2020 Clitemnestra Clitemnestra
2021 El mensaje Lucía
2022 Los chicos del coro Violette Morhange

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Beatriz Rico y Natalia Millán se suman a «Un paso adelante», nueva serie de Antena 3". ABC (en castelán). 1 de novembro de 2001. Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  2. El País, ed. (15 de octubre de 2003). "El 'Cabaret' de Sam Mendes se estrena con actores españoles". Consultado o 27 de diciembre de 2011. 
  3. Bergamín, Beatriz (10 de xuño de 2009). "La carne tiene un precio". El Mundo (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  4. "Natalia Millán encabeza el regreso de "Chicago" a la Gran Vía diez años después". Público (en castelán). 7 de outubro de 2009. Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  5. "Natalia Millán se enfrenta a «Cinco horas con Mario»". La Razón (en castelán). 27 de setembro de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  6. "Juanjo Puigcorbé y Natalia Millán se incorporan a 'Amar en tiempos revueltos'". La Vanguardia (en castelán) (Madrid). 26 de agosto de 2011. Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  7. Mingo, Alicia (22 de setembro de 2016). "Natalia Millán celebra la renovación de ‘El Ministerio del Tiempo’: ‘‘Es la mejor serie española’’". Diez Minutos (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2023. 
  8. Ordóñez, Marcos (4 de novembro de 2017). "Billy Elliot y familia". El País (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2023.