Anfitrión (Plauto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anfitrión é unha traxicomedia do poeta latino Tito Maccio Plauto.

Argumento[editar | editar a fonte]

A obra conta como Xúpiter se disfraza do xeneral Anfitrión para enganar á súa muller Alcmena e así gozar dunha longa noite de paixón con ela. Coa axuda do seu fillo, o deus Mercurio, disfrazado do escravo Sosia, consegue os seus propósitos, creando unha serie de malentendidos, onde reside a comicidade da obra. Destas relacións do deus coa matrona Alcmena nace o heroe Hércules.

Adaptacións[editar | editar a fonte]

A obra foi traducida ao galego por Mercedes Voado e María Xesús Frei, publicada en 1991 por Editorial Galaxia xunto con Asinaria. Tamén foi adaptada ao teatro en 2012 por Cándido Pazó co título de E ti quen vés sendo? para Talía Teatro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]