Naraío, San Sadurniño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2018.) |
Naraío | |
---|---|
Concello | San Sadurniño[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°29′00″N 8°05′00″O / 43.4833, -8.08333 |
Área | 22,05 km² |
Poboación | 514 hab. (2019) |
Densidade | 23,31 hab./km² |
Entidades de poboación | 38[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Naraío é unha parroquia que se localiza no sur do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 547 habitantes (261 homes e 283 mulleres) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 670 habitantes. Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
Orixes
[editar | editar a fonte]A primeira referencia histórica de Naraío é do 845, na que, en latín, se menciona un lugar “ao lado do río Naraío”. No ano 1152 tivo lugar unha doazón de Rodrigo de Froila ao Mosteiro de Xuvia. No documento establécense os bens que recibe dito mosteiro e entre eles: “...en tierra de Trasancos de todo lo perteneciente á la heredad de Narahyo con un hombre llamado Alvito, mujer e hijo...-”[Cómpre referencia]
Patrimonio histórico e artístico
[editar | editar a fonte]Castelo de Naraío
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Castelo de Naraío.
Nesta parroquia sitúase o Castelo de Naraío, castelo medieval que pertenceu a Gonzalo Piñeiro e posteriormente á familia dos Andrade. Durante a Revolución Irmandiña (1466-1469) foi destruído e dende 1609 está deshabitado.
Aínda que o Castelo de Naraío data do século XIV, crese que os restos que hoxe podemos ver son en realidade produto da remodelación dunha fortaleza moito máis antiga.[Cómpre referencia]
O castelo atópase na marxe dereita do río Castro, ergueito a uns 400 metros de altitude sobre un xigantesco penedo que nalgúns lugares mesmo forma parte dos muros, de planta irregular con forma de polígono de doce lados. Se se ascende pola rocha, atoparanse restos de ata tres murallas perimetrais que noutro tempo convertían o castelo nunha fortaleza inexpugnable e ben doada de gardar desde calquera punto. A parte alta do rochedo presídea a Torre da Homenaxe, á que se chega despois de cruzar dúas portas cun arco oxival nas que aínda se aprecia o escudo de armas dos Andrade. Arredor dela hai restos doutras dependencias que se repiten na seguinte liña de muro, onde se atoparon importantes restos arqueolóxicos, como moedas e anacos de cerámica.
A vista máis impresionante do conxunto obtense dende o outro lado do río. Subindo polo camiño do Saíme uns 150 metros pódense apreciar anacos dos antigos muros, das torres e dos contrafortes, formando, pola ladeira do montículo, unha estrutura en forma de estrela que dificultaba a circunvalación exterior.
Os bloques de granito cos que está construído son dun corte milimétrico e están asentados uns sobre dos outros con grande mestría malia a dificultade que debeu supoñer traballar nun terreo tan abrupto.
Este exemplo da arquitectura defensiva medieval é hoxe un punto de atracción turística cun grande potencial que vai aumentando pouco a pouco grazas aos traballos de rehabilitación que se desenvolven na fortaleza.
Ponte da Ferrería
[editar | editar a fonte]A Ponte da Ferrería, ao igual que o castelo, foi construída no século XIV e pertencía á familia Andrade. Esta ponte serviu de excelente vía de comunicación na época como fonte de recursos económicos para o señorío debido aos impostos que cobraba polo seu uso. Xunto á ponte consérvase un grande oso de pedra, máis coñecido entre os veciños como un porco de pedra debido á dificultade que houbo para identificalo. É un dos símbolos dos Andrade, que se sacou do río.
Igrexa de Santa María de Naraío
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa María de Naraío foi fundada polo rei Ramiro I no ano 856, xunto ao río Naraío. Estaba formada por unha soa nave central con bóveda e unhas portas laterais. No século XII foi remodelada. Entre 1145 e 1150 o teito derrubouse e foi cuberto con madeira polos cabaleiros da orde San Xoán de Xerusalén. Foi tamén entre os séculos XI e XIII cando se colocaron as dúas capelas laterais.[Cómpre referencia]
Entre os séculos XIII e XVI converteuse en igrexa refuxio. Este privilexio dotábaa de poder para celebrar xuízos. Consérvanse os pequenos portelos para colocar os arcabuces e protexerse do ataque exterior no século XVI.
As remodelacións remataron no s.XVIII, cun estilo predominantemente barroco.
Na actualidade e debido ás modificacións sufridas ao longo do tempo apenas conserva vestixios do período románico. A súa planta é de cruz latina, con nave principal, dúas capelas laterais e sancristía.
Capela de Santa Mariña
[editar | editar a fonte]É unha capela situada no lugar da Fraguela.
Fonte de San Roque
[editar | editar a fonte]Na contorna da igrexa atópase a fonte de San Roque. Trátase dunha fonte de cantería composta por unha pía de pedra sobre a que se colocou unha furna coa figura de San Roque.
Industria
[editar | editar a fonte]Central hidroeléctrica
[editar | editar a fonte]A planta de produción é un salto formado por un pantano ao pé do castelo de Naraío, no leito do río Castro e a central hidroeléctrica situada augas abaixo. Ao final da guerra civil foi destruída en parte por unha bomba, procedendo despois á súa reconstrución.[Cómpre referencia]
Aínda que actualmente, por razóns legais, a produción e a distribución da enerxía eléctrica se atopen separadas na sociedade Hidroeléctrica Río Castro e Electra del Narahio, respectivamente, proceden do mesmo tronco de empresa familiar. A empresa matriz foi creada polo avó dos actuais propietarios, Manuel Orosa, en 1930. É unha das poucas pequenas hidroeléctricas que non foi absorbida polos grandes grupos do sector.[Cómpre referencia]
Cooperativa de Naraío
[editar | editar a fonte]A cooperativa sitúase a carón da ponte da Ferrería. Fundouse a principios dos anos setenta e actualmente pertence á Cooperativa de Meirás. Ten sección de crédito, almacén e servizos de maquinaria agrícola, sección de ferraxería e alimentación.
Festas e tradicións
[editar | editar a fonte]Festa de San Roque
[editar | editar a fonte]Festa patronal celebrada habitualmente o 13 e 14 de agosto ou na fin de semana máis próxima ao 16 de agosto, día de San Roque.
Festa de Santa Mariña
[editar | editar a fonte]Festa celebrada arredor da capela do mesmo nome no lugar da Fraguela, habitualmente na fin de semana máis próxima ao 18 de xullo.
Festival do Río Castro
[editar | editar a fonte]Celébrase ás marxes do río Castro, no lugar da Bola (ao lado da ponte da Ferrería), o primeiro sábado do mes de xullo. Este festival organizado pola AVV O Castelo de Naraío, naceu no ano 1994 co desexo de promover e difundir a cultura galega; ademais de ser un xeito de reivindicar a preservación do río e do patrimonio histórico. Neste festival conflúen as actividades lúdicas e musicais coa gastronomía popular, mesturando a esencia dunha romaría campestre coa dun festival folk.
Lecer e deporte
[editar | editar a fonte]Naraío conta cunha área recreativa situada nunha beira do río Castro a poucos metros do castelo. Está dotada con mesas e asadeiros para as merendas e un parque infantil.
Preto da igrexa sitúase o campo de fútbol en cuxas instalacións se atopa o local social. O campo antigo, que se atopa a carón do novo pero é máis pequeno, ten canastras, porterías e unha rede para practicar múltiples deportes.
O Grupo Scout Hércules 283 creou a mediados do mes de maio do 2010, coa colaboración do concello de San Sadurniño e dos veciños de Naraío, o primeiro centro scout de España con carácter ambiental denominado “Naraío: recuncho scout”.[Cómpre referencia] O campamento de verán repítese todos os anos dende aquela.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Fervenza de Naraío.
-
O oso de pedra está colocado a carón da Ponte da Ferrería.
-
Os indicadores repártense ao longo das rutas de sendeirismo.
-
A ponte foi construída no século XVI.
-
Castelo en reconstrución.
-
Río Castro no lugar da Bola.
-
Un dos santos atópase no oco dunha das portas orixinais, hoxe tapiada.
-
Retablo da nave principal, detrás do altar.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Naraío
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Naraío no concello de San Sadurniño na Provincia da Coruña | |
---|---|
A Abelleira | A Barcia | O Batán | A Bidueda | As Cabanas | Campo Grande | Campo Labrado | As Cancelas | Casanova | Castelo | Cernada | O Chao | Correlo | Cortella | O Eirixado | A Ferraría | Fontao | A Fontela | Os Foxos | A Fraguela | O Freixo | O Furado | Lourido | As Nabeiras | Os Paraños | A Penamoura | Penavidreira | Pereiras | Pielas | Piñeiro | O Pousadoiro | Quintiá | Racamonde | Riolimpo | Saldoiro | A Vila | Vilarbó | Vilarxá |