O Santo, Nantes, Sanxenxo
| O Santo | |
|---|---|
Relevo na capela do Santo | |
| Parroquia | Nantes |
| Concello | Sanxenxo |
| Coordenadas | 42°25′26″N 8°48′47″O / 42.423948120656, -8.8129217075658 |
| Poboación | 52 hab. (2025) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |

O Santo é un lugar da parroquia de Nantes do concello de Sanxenxo (Pontevedra). Segundo datos do IGE, tiña 52 habitantes no ano 2025, dos que 28 eran mulleres e 24 homes, o que representa un mínimo descenso respecto ó ano 2016, cando tiña 53 veciños, pero máis marcado respecto a 2009, cando eran 64.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Existe unha pequena capela construída en 1591[1], dedicada ó frade franciscano Xoán de Navarrete, a quen disque fai alusión o topónimo, e que segundo a lenda faleceu aquí tras caer dun asno cando volvía ao convento de San Francisco de Pontevedra (onde está soterrado) despois de dar misa en Adina. Na fachada loce un escudo coa imaxe de dous bois, que lembra a xugada que doou o abade para traer a pedra necesaria para a construción da capela[2].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Nantes
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Nantes no concello de Sanxenxo (Pontevedra) | |
|---|---|
|
Bouzón | Buezas | A Cachada | A Cancela | O Casal | Contomil | Dadín | Gandra | A Igrexa | Pazos | Pedroño | Pedrouzos | A Revolta | O Santo | Seixomil |
Parroquias de Sanxenxo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Capela do Santo na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega, s. v. Sanxenxo, t. 40, px. 163.