Antón Fernández Escuredo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntón Fernández Escuredo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNós Diario
Nós Televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Twitter: anton_escuredo Editar o valor em Wikidata

Antón Fernández Escuredo, coñecido como Riobó Prada, nado en Buenos Aires en 1967, é un xornalista e fotógrafo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos na Arxentina. Viviu en Cataluña,[1] onde participou de maneira activa no activismo asociativo e radiofónico. Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Barcelona. Comezou a súa andaina nas ondas como colaborador no programa Galicia algo máis, Radio Sants-Montjuïch, dirixido por Moncha Prieto, quen, ao mudarse a Galicia, deixou a emisión ao cargo de Xosé M. Sancho e Antón F. Escuredo. Despois dunha pausa, entre 2001 e 2003, Escuredo, xa como director único do programa, relanzou a emisión desde Sants3Ràdio.[2] Escuredo é un dos fundadores da rede de emisións galegas en Cataluña Ergac e desde esta asociación ideou e dirixiu a primeira xeira do boletín A Micro Pechado.

Como xornalista, traballou como subdirector da revista A Peneira e en Edicións Alen-Miño. Tamén foi redactor de Sermos Galiza[3] e colaborador ocasional de Praza.gal[4] ou da catalá VilaWeb.[5] Impulsor da canle Nós Televisión, fai parte da redacción do Nós Diario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Proxecto Neo, 146.- Guido Leboroni, Antón Fernández Escuredo e Marco Pereira, 20 de xaneiro de 2016.
  2. "A Micro Pechado, 116" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 2019-04-25. 
  3. CV do persoeiro en LinkedIn.
  4. Perfil[Ligazón morta permanente] en Praza Pública.
  5. Perfil en Vilaweb (en catalán).