María Obelleiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
María Obelleiro
María Obelleiro Hermida.jpg
Nacemento4 de abril de 1985
 Soutomaior
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

María Obelleiro Hermida, nada en Arcade, Soutomaior, o 4 de abril de 1985[1], é unha xornalista galega. Foi directora de Sermos Galiza[2] e dende xaneiro de 2020 dirixe Nós Diario[3].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (especialidade de xornalismo audiovisual), cursou o Máster Universitario de Protocolo na Universitat de Barcelona e o Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Tamén conta co Grao en Educación Primaria.

Especialista en Xornalismo en igualdade, é a directora de Nós Diario desde a súa posta en marcha, en xaneiro de 2020. Previamente, 2017 dirixiu o semanario en papel Sermos Galiza e desde febreiro de 2019 estivo tamén á fronte da edición dixital, www.sermosgaliza.gal.[4] . Empezou a súa traxectoria como xornalista en A Nosa Terra. Colaborou en Correo Televisión, Radio Galega e Tribuna Catalana. Participou na redacción dos Informes de Literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.[5]

Participou en 2018 no foro Las mujeres que opinan son peligrosas.[6]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

Gañou o Premio de Xornalismo Johán Carballeira en 2016-2017, cunha reportaxe titulada O aparheit sanitario na Galiza.[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "María Obelleiro (@MObelleiro)". twitter.com. Consultado o 26 de febreiro de 2019. 
  2. "María Obelleiro". Sermos Galiza. Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  3. “Nós Diario nace xa hoxe como terceiro xornal en papel de Galiza en número de subscricións”, entrevista en Praza Pública, 2 de xaneiro de 2020.
  4. "María Obelleiro Hermida". Consultado o 2 de maio de 2018. 
  5. Redacción. "Sermos Galiza unifica as direccións do diario dixital e do semanario". Sermos Galiza. Consultado o 2019-01-31. 
  6. Deputación de Pontevedra (ed.). "Foro Las Mujeres que Opinan Son Peligrosas". Consultado o 2 de maio de 2018. 
  7. Concello de Bueu (ed.). "HISTÓRICO DOS PREMIOS DE XORNALISMO JOHÁN CARBALLEIRA DE BUEU" (PDF). Consultado o 2 de maio de 2018. 
  8. "María Obelleiro, directora do semanario, gaña o Xohán Carballeira de xornalismo". Sermos Galiza (en inglés). Consultado o 26 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]