Saltar ao contido

Nemesio Barxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNemesio Barxa
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1935 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Caldesiños, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

BUSC: barxa-alvarez-nemesio-1935 Dialnet: 1950888


Nemesio Barxa Álvarez, tamén escrito Nemésio Barxa, nado en Caldesiños (Viana do Bolo) o 16 de febreiro de 1935, é un xurista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Seus pais eran mestres, viviu en Viana ata os seis anos, cando o pai, Nemesio Barja González, foi nomeado xefe do departamento provincial de Misiones de Cultura[1], e a familia trasladouse a Ourense.[2]

Licenciouse en Dereito pola Universidade de Salamanca e como Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a traballar como avogado en 1959, con despacho en Ourense, Vigo e Porto.[3] En 1968 foi o avogado dos labregos de Castrelo de Miño afectados polo encoro de Fenosa.[4] Tamén exerceu como avogado en temas de montes veciñais, cota empresarial agraria, industrias contaminantes, asolagamento de terras, liberdades cidadáns, dereitos humanos, procesos xudiciais contra nacionalistas e contra o nacionalismo.[5] Participou con relatorios en moitos Congresos (V Avogacía Española, I e II de Dereito Galego, I da Avogacía Galega, Iº Encontro Dereito Europeo e Comunitario, I Encontro Galaico-Minhoto de Xuristas, VII Asemblea de Xuristas Americanos, I a V Congreso Internacional de Lingua galego-portuguesa na Galiza).

Membro fundador do Consello da Avogacía Galega, tamén pertenceu á Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Foi cofundador da Agrupación Cultural Auriense (1968) e presidente da Asociación Cultural de Vigo (1974) e presidente da Irmandade dos Vinhos Galegos. Foi Presidente da Asociación xurídica “Esculca Xustiza”, Vicepresidente da Federación Europea ADE (Avogados Demócratas Europeos), e colaborador de varias revistas xurídicas.[6] Ademais foi colaborador e membro do Consello de Administración de Sermos Galiza.[7]

Vinculado ao nacionalismo, foi candidato do BNG ao Congreso dos Deputados en Eleccións Xerais 2000 en España pola circunscrición de Ourense, e ao Parlamento Europeo en 2004 entre outras. Posteriormente, foi escollido como candidato ao Tribunal Constitucional polo Parlamento Galego en 2008, grazas a un pacto entre PSdeG-PSOE e BNG, se ben non foi finalmente elixido para o cargo polo Senado. En 2011 o BNG volveu presentalo como candidato nun grupo de catro xuristas a proposta desa formación, Iniciativa per Catalunya, Izquierda Unida e ERC.

En 2017 doou a súa biblioteca persoal, de máis de 7000 volumes, ao concello de Viana do Bolo[8].

Defensor das teses reintegracionistas na escrita e do uso do galego, foi fundador da AGAL.[9]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • "Castelao e o dereito galego" en VV. AA. Castelao hoxe e sempre: homenaxe no seu 25 cabodano (1975). Vigo. Libro de Oro. p. 26
  • Na revista Análise empresarial: revista trimestral de información económica (ISSN 0214-4646) publicou estudos sobre o dereito civil de Galiza, os pactos sucesorios no dereito galego, os dereitos comunais ameazados na Gallaecia, o galego-portugués nas relacións comerciais na Gallaecia etc.[10]
  • Na revista Agalia tratou: "Contributos para a análise da situaçom legal do galego em sentenças do Tribunal Superior de Justiça da Galiza e na praxe, Reflexoes em torno a umha exposiçom de cartazes sobre o plesbicito para o Estatuto de Autonomia galego de 1936, Cooperaçom transfronteiriça no mundo do Direito. Relaçons comerciais na "Gallaecia".[10]

Publicacións colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Os montes veciñais en réxime de propiedade xermánica na Galiza e no norte de Portugal.
  • A contaminación na Galiza (1975). Ed. do Rueiro
  • Galiza 1968. A consciencia avivada (2018). Sermos Galiza.[11]
  1. "Voz de la Falange". El Pueblo Gallego. Diario de Orense. 24 de agosto de 1941. 
  2. "Un particular doa 7.000 libros ó Concello de Viana". Historia de Galicia. 2018-06-07. Consultado o 2019-01-23. 
  3. "Nemesio Barxa, entre los posibles recambios del Constitucional". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-07-17. Consultado o 2019-01-23. 
  4. "Presentación de «Galiza 1968» no café Auriense". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-11-21. Consultado o 2019-01-23. 
  5. "Nemésio Barxa Álvarez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2019-01-23. 
  6. "Nemésio Barxa Álvarez". www.nuevaeconomiaforum.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-23. 
  7. "O avogado Nemésio Barxa doa os 7.000 libros da súa biblioteca a Viana do Bolo". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-01-23. 
  8. "O avogado Nemésio Barxa doa os 7.000 libros da súa biblioteca a Viana do Bolo" Arquivado 15 de novembro de 2017 en Wayback Machine., artigo de Daniel Salgado en Sermos Galiza, 14 de novembro de 2017.
  9. "Nemésio Barxa proposto como candidato galego para o Tribunal Constitucional". www.pglingua.org. Consultado o 2019-01-23. 
  10. 10,0 10,1 "Nemesio Barxa Alvarez". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-01-23. 
  11. Barxa Álvarez, Nemesio / Campo Freire, Xaquín / García Negro, María do Carme / Nogueira Román, Camilo / Harguindey Banet, Henrique / Romero Labarta, Manuel / Allegue Aguete, Pilar / Araguas Álva. Galiza 1968. A Consciencia Avivada. www.todostuslibros.com. ISBN 978-84-09-06057-3. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]