Saltar ao contido

Xeróglifo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xeróglifo
 Subclase de
 Parte de
Fontes e ligazóns
Redes
Enciclopedia Galega Universal: 205703
Wikidata G:Commons C:Commons

Xeróglifo[1] ou xeroglífico é cada un dos sinais da escrita de antigas civilizacións, tales como os exipcios, os hititas e os maias. Tamén se aplica a calquera escrita de difícil interpretación ou enigmática.

O termo deriva de dúas palabras gregas: hierós "sagrado", e glyphós "escrita".

Xeróglifos exipcios

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Xeróglifo exipcio.

Unicamente os sacerdotes, membros da realeza, altos cargos e escribas coñecían a arte de ler e escribir eses sinais "sagrados". A escrita xeroglífica constitúe probablemente o máis antigo sistema organizado de escrita no mundo, e era utilizada principalmente para inscricións formais nas paredes de templos e túmulos. Co tempo evolucionou a formas máis simplificadas, como o hierático, unha variante máis cursiva que se podía pintar en papiros ou placas de barro, e aínda máis tarde, coa influencia grega crecente no Oriente Próximo, a escrita evolucionou para o demótico, fase en que os xeróglifos iniciais ficaron bastante estilizados, mesmo incluíndo algúns sinais gregos na escrita.

Xeroglíficos exipcios típicos do período grecorromano, esculpidos en relevo.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeróglifo.