Murgás, Turces, Touro
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Murgás.
Murgás | |
---|---|
Parroquia | Turces |
Concello | Touro |
Coordenadas | 42°52′08″N 8°14′39″O / 42.868846656144, -8.2440730452917Coordenadas: 42°52′08″N 8°14′39″O / 42.868846656144, -8.2440730452917 |
Poboación | 6 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Murgás é unha pequena aldea da parroquia de Turces, no concello de Touro. É veciña de Murgás de Beseño.
A poucos quilómetros do encoro de Portodemouros, Murgás destaca pola súa tradición queixeira, con empresas integradas na denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Tamén ten un museo sobre a historia do queixo.
Na contorna da aldea atópanse numerosas carballeiras onde se atopan corzos, xabaríns, coellos, porcoteixos, miñatos, raposos e demais especies da flora e da fauna típica do bosque caducifolio atlántico.
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Turces[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Turces no concello de Touro (A Coruña) | |
---|---|
A Gordela | Marzá | Merés | O Monte | Murgás | As Pedreiras | A Ribeira | Turces |