Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006
Tipo | Copa do Mundo de Baloncesto |
---|---|
Lema | One world, one title |
Mascota | Bad Badtz-maru (en) |
Número de participantes | 24 |
Localización e Datas | |
País | Xapón |
Intervalo de tempo | 19 de agosto de 2006 – 3 de setembro de 2006 |
Número de edición | 15 (2006) |
Competición | |
primeiro posto | España (1º) |
segundo posto | Grècia |
terceiro posto | Estados Unidos de América |
Datos estatísticos | |
Partidos | 80 |
Puntos por partido | Yao Ming |
Xogador máis valioso | Pau Gasol |
Outro | |
Páxina web oficial | fiba2006.com |
O Campionato mundial de baloncesto de 2006 (tamén chamado Mundobasket 2006) disputouse no Xapón entre o 19 de agosto e o 3 de setembro de 2006. Foi o número XV, e por primeira vez dende o campionato de 1986 houbo 24 seleccións participantes.
Os organizadores son a Federación Internacional de Baloncesto (FIBA), a Asociación Xaponesa de Baloncesto (JABBA) e o Comité organizador do campionato mundial de baloncesto de 2006.
O título foi gañado por España, que derrotou na final a Grecia por 70-47, sendo para ámbalas dúas seleccións as primeiras medallas nun mundial. A medalla de bronce foi gañada por Estados Unidos tras derrotar a Arxentina na final de consolación por 96-81.
Sedes
[editar | editar a fonte]Grupo | Cidade | Cancha | Capacidade |
---|---|---|---|
A | Sendai | Sendai Gymnasium | 6.100 |
B | Hiroxima | Hiroshima Green Arena | 6.900 |
C | Hamamatsu | Hamamatsu Arena | 5.100 |
D | Sapporo | Hokkaido Prefectural Sports Center (KITAYELL) | 6.400 |
Rolda Final | Saitama | Saitama Super Arena | 21.000 |
O contexto do campionato
[editar | editar a fonte]Contexto deportivo e local
[editar | editar a fonte]Este campionato do mundo disputouse dous meses despois da Copa do Mundo de fútbol de Alemaña, que tivo un seguimento popular moi importante. Foi no Xapón, un país pouco desenvolvido no mundo baloncestístico, pero que desexa que isto non siga sendo así, como demostra a BJ-League, a súa liga de recente creación. Esta mundial pretende ter un efecto similar ó que tivo a Copa do Mundo de fútbol de 2002 en Corea e o Xapón.
Contexto político
[editar | editar a fonte]A preparación da selección de Líbano estivo fortemente influída pola actualidade política do momento no seu país, debido ó conflito armado contra Israel.
Nos Balcáns, en xuño de 2006 Montenegro declarou a súa independencia, polo que este campionato era o derradeiro no que o equipo serbomontenegrino ía participar, xa que despois desfíxose en dúas entidades distintas. É importante sinalar que neste mundial a selección de Serbia e Montenegro aínda contaba con xogadores montenegrinos, a pesar que que o logo presente nas camisetas do equipo deixara de se-lo da federación de baloncesto de Serbia e Montenegro para pasar a se-lo escudo de Serbia, aínda que a denominación SCG (de Srbija i Crna Gora) mantívose.
O 28 de agosto[1], a FIBA anunciaba que o 4 de setembro, día seguinte ó remate do campionato, que Montenegro converteríase no seu membro 213 e que Serbia ocuparía o lugar de Serbia e Montenegro.
Contexto baloncestístico
[editar | editar a fonte]Tódolos equipos chegaron á competición con algo que demostrar. Os Estados Unidos tiñan que recupera-la súa supremacía despois das decepcións sufridas no Mundial de 2002 e nos Xogos Olímpicos de 2004. Para iso contaba coa suposta xeración dourada, a do Draft da NBA de 2003 (Wade, James, Hinrich, Anthony, Bosh...), que sería adestrada polo mítico Mike Kryzewski.
Arxentina tiña que confirmar que era nese momento a mellor selección do mundo despois da súa medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2004 sabendo xa que era unha das derradeiras oportunidades de facelo, xa que o relevo xeracional estaba ás portas[2]. Xusto na situación contraria atopábase a selección de Serbia e Montenegro, que presentaba un equipo cunha media de idade reducida, e cheo do que probabelmente serán futuros NBA, pero que fixo unha actuación desastrosa no Eurobasket 2005 na casa.
Grecia tiña que confirmar o seu status de campión de Europa cun xogo radicalmente diferente ó de seleccións como a alemá ou a francesa, que tamén amosaron ter unha grande ambición, e que estaban encabezadas por xogadores NBA como Dirk Nowitzky ou Boris Diaw.
Sexa como fora, as lesións de último minuto trocarían lixeiramente os cadros de xogadores antes do inicio do Mundial, destacando as ausencias de Tony Parker (Francia - fractura[3]), de Gilbert Arenas (Estados Unidos - problemas físicos[4]) e de Boniface N’Dong (Senegal - lesión[5]).
Sobre o campionato
[editar | editar a fonte]As mascotas
[editar | editar a fonte]BAD BADTZ-MARU, un pingüino que odia perder, foi elixido como mascota deste campionato. El e a súa pandilla son os personaxes dunha serie de debuxos animados de moito éxito no Xapón. Isto foi posíbel grazas a un acordo entre a propia FIBA e a produtora Sanrio Co., Ltd. & Sanrio Far East Company, Ltd..[6]
As animadoras
[editar | editar a fonte]Os equipos de animadoras encargadas de anima-los descansos e tempos mortos dos partidos disputados en Saitama foron as Red Foxes, de Rusia, e as Euro Dancers, de Lituania aínda que animan nos partidos na casa do CSKA de Moscova.
Os patrocinadores
[editar | editar a fonte]Seis patrocinadores norteamericanos e europeos son propios da FIBA, mentres que outros oito son propios da competición en si, que son case todos de países asiáticos, maioritariamente do Xapón.
Os autocolantes e o lema
[editar | editar a fonte]O lema ilustra a situación das forzas presentes, fai tempo inmersas nunhas épocas de dominación do mundial por diferentes seleccións (URSS, Iugoslavia ou EEUU) que agora están superadas. O lema di: One world, one title, que traducido ó galego significa Un mundo, un título.
O autocolante mostra uns xogadores de baloncesto practicando o desporte no Monte Fuji, aparecendo en primeiro plano un loitador de sumo con actitude agresiva, suxeitando nunha man un dos balóns oficiais do torneo. A parte inferior do autocolante imita ós das grandes producións cinematográficas presentando unha pequena lista de xogadores ó estilo das presentación dos actores e actrices nos autocolantes das películas[7].
Cobertura televisiva
[editar | editar a fonte]Esta competición foi televisada na meirande parte dos países, aínda que non sempre fora nas televisións públicas. En España, por exemplo, foi retransmitida por unha cadena de nova creación que aínda non tiña cobertura en todo o territorio, laSexta[8], sendo os principáis comentaristas Andrés Montes, Juanma Iturriaga e Juan Domingo de la Cruz. En Estados Unidos, onde a xente non estivo moi interesada nesta competición, foi a ESPN quen emitiu os partidos da selección americana e uns poucos máis.
A campaña Clean Game
[editar | editar a fonte]De acordo co Comité Olímpico Internacional e coa Axencia Mundial Antidopaxe, a FIBA quiso proporcionarlle a este torneo o espírito da loita contra o dopaxe no deporte coa campaña Clean Game (Xogo Limpo na súa tradución ó galego). Dándolle un aspecto máis oficial que as precedentes intervencións neste asunto, a campaña foi asociada a un logo[9] para así consolida-la imaxe e importancia da campaña entre os afeccionados ó baloncesto. Algúns xogadores (en concreto ós xogadores angoleños no partido Francia - Angola) incluso colgaron unha camiseta laranxa co logo co obxectivo de amosar ós ollos do mundo a importancia deste movemento.
Proceso de cualificación
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cualificación para o Campionato mundial de baloncesto de 2006.
Para o campionato estaban clasificados de forma automática Xapón e Arxentina, actual campión olímpico.
No proceso de cualificación para o Campionato mundial de baloncesto inscribíronse 56 seleccións (12 de África, 10 de América, 16 de Asia, 16 de Europa e 2 de Oceanía).
Cada zona continental realizou as súas eliminatorias:
- FIBA África - 3 representantes, cualificacións do 15 ó 24 de agosto de 2005 en Alxeria.
- FIBA Américas - 4+2 representantes, cualificacións do 24 de agosto ó 4 de setembro de 2005 en República Dominicana.
- FIBA Asia - 3+1 representantes, cualificacións do 8 ó 16 ó setembro de 2005 en Qatar.
- FIBA Europa - 6+3 representantes, cualificacións do 16 ó 25 ó setembro de 2005 en Serbia e Montenegro.
- FIBA Oceanía - 2 representantes, cualificacións do 17 ó 21 ó agosto de 2005 en Nova Zelandia.
Catro seleccións participan por invitación do Corpo Central da FIBA, a decisión foi tomada en novembro do 2005.
- Selección de baloncesto de Italia
- Selección de baloncesto de Porto Rico
- Selección de baloncesto de Serbia e Montenegro
- Selección de baloncesto de Turquía
O criterio para decidi-la invitación foi:
- Que o equipo participara na eliminatoria da súa zona FIBA.
- Poden estar como máximo tres equipos por zona FIBA.
Países participantes
[editar | editar a fonte]Equipo | Participacións previas | ||||
---|---|---|---|---|---|
Total | Consecutivas | Última | |||
Alemaña | 4 | 2 | 2002 | ||
Angola | 5 | 2 | 2002 | ||
Arxentina | 11 | 6 | 2002 | ||
Australia | 9 | 9 | 2002 | ||
Brasil | 15 | 15 | 2002 | ||
China | 7 | 2 | 2002 | ||
Eslovenia | 1 | 1 | - | ||
España | 9 | 7 | 2002 | ||
Estados Unidos | 15 | 15 | 2002 | ||
Francia | 5 | 1 | 1986 | ||
Grecia | 5 | 1 | 1998 | ||
Italia | 8 | 1 | 1998 | ||
Xapón | 4 | 1 | 1998 | ||
Líbano | 2 | 2 | 2002 | ||
Lituania | 2 | 1 | 1998 | ||
Nixeria | 2 | 1 | 1998 | ||
Nova Zelandia | 3 | 2 | 2002 | ||
Panamá | 4 | 1 | 1986 | ||
Porto Rico | 11 | 6 | 2002 | ||
Qatar | 1 | 1 | - | ||
Senegal | 3 | 1 | 1998 | ||
Serbia e Montenegro* | 13 | 3 | 2002 | ||
Turquía | 2 | 2 | 2002 | ||
Venezuela | 3 | 2 | 2002 |
*: Herda os números de Iugoslavia
África | América | Asia | Europa | Oceanía |
---|---|---|---|---|
Alemaña |
Formato da competición
[editar | editar a fonte]Na Rolda Preliminar divídense as 24 seleccións cualificadas en 4 grupos de 6 equipos, onde xogarán todos contra todos. Ó remate das cinco datas os primeiros catro equipos clasificados acadarán a Rolda Final.
Na Segunda Rolda serán eliminatorias a un só partido, acadando a seguinte rolda o equipo que consiga a vitoria, ata obte-lo campión do torneo.
Os equipo eliminados nos Cuartos de Final disputarán a Rolda de Cualificación para defini-la súa posición final no torneo.
Grupos
[editar | editar a fonte]Grupo A | Grupo B | Grupo C | Grupo D |
---|---|---|---|
Nixeria | Panamá | Qatar | Senegal |
Líbano | Nova Zelandia | Australia | Estados Unidos |
Arxentina | Alemaña | Turquía | China |
Francia | Xapón | Lituania | Italia |
Venezuela | España | Brasil | Porto Rico |
Serbia e Montenegro | Angola | Grecia | Eslovenia |
Cadros de xogadores
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Cadros de xogadores das seleccións no mundial de baloncesto de 2006.
Os cadros de xogadores dos 24 países participantes inclúen en total 288 xogadores.
Árbitros
[editar | editar a fonte]Para o Campionato Mundial, a FIBA elixiu 40 árbitros profesionáis.
Rolda preliminar
[editar | editar a fonte]Este campionato do mundo arrancou coa derrota lóxica do país anfitrión, Xapón, contra Alemaña, e cunha nova extradeportiva, o anuncio da suspensión por tres partidos do xogador neozelandés Mark Dickel, despois de dar positivo nun control antidopaxe por consumo de marihuana[10].
A primeira rolda do campionato caracterizouse principalmente pola igualdade presente na maior parte dos grupos, motivada polas grandes sorpresas que seleccións como Líbano (non espérábase dela ningunha vitoria e gañoulle a Francia dun punto e a Venezuela, loitando pola clasificación a oitavos de final ata a derradeira xornada e quedándose fóra por perder contra os seus rivais directos na táboa de cualificacións), e Nixeria no grupo A (gañoulle a Serbia e Montenegro na primeira xornada e acadou o pase coma terceira de grupo por enriba desta selección), ou Angola no grupo B (que conseguiu pasar coma terceira de grupo trala súa derrota contra a Alemaña de Dirk Nowitzky tras tres tempos extras no mellor partido visto na rolda preliminar).
Nesta rolda previa destaca tamén o pouco acerto xeral que as seleccións tiveron dende a liña de tiros libres, tendo tódalas selección porcentaxes baixos, sendo o da China o mellor cun 81.5%. Nas outras estatísticas de equipo, a selección estadounidense álzase co título de máximo anotador con 108.6 puntos por partido. En tiros de dous puntos a mellor porcentaxe é a de España, cun 59.9%, en triplas é de Porto Rico cun asombroso 51.0%.
No que a estatísticas individuais se refire, Yao Ming foi o máximo anotador da rolda preliminar con 28.4 puntos por partido.
Os mellores equipos da rolda preliminar foron a Arxentina, Grecia, España e os Estados Unidos, únicos equipos invictos, e os peores foron Qatar, o Senegal e Panamá, que non lograron inaugura-lo seu palmarés de vitorias.
Grupo A (Sendai)
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | G | P | PF | PC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|
1. Arxentina | 10 | 5 | 0 | 464 | 339 | +125 |
2. Francia | 8 | 3 | 2 | 353 | 329 | +24 |
3. Nixeria | 7 | 2 | 3 | 371 | 393 | -22 |
4. Serbia e Montenegro | 7 | 2 | 3 | 409 | 352 | +57 |
5. Líbano | 7 | 2 | 3 | 357 | 451 | -94 |
6. Venezuela | 6 | 1 | 4 | 336 | 426 | -90 |
- Partidos
Data | Hora² | Partido¹ | Resultado | |
---|---|---|---|---|
19.08.06 | 13:00 | Venezuela - Líbano | 72 - 82 | |
19.08.06 | 16:00 | Serbia e Montenegro - Nixeria | 75 - 82 | |
19.08.06 | 19:00 | Arxentina - Francia | 80 - 70 | |
20.08.06 | 13:00 | Nixeria - Venezuela | 77 - 84 | |
20.08.06 | 16:00 | Líbano - Arxentina | 72 - 107 | |
20.08.06 | 19:00 | Francia - Serbia e Montenegro | 65 - 61 | |
21.08.06 | 13:00 | Arxentina - Venezuela | 96 - 54 | |
21.08.06 | 16:00 | Serbia e Montenegro - Líbano | 104 - 57 | |
21.08.06 | 19:00 | Francia - Nixeria | 64 - 53 | |
23.08.06 | 13:00 | Nixeria - Arxentina | 64 - 98 | |
23.08.06 | 16:00 | Venezuela - Serbia e Montenegro | 65 - 90 | |
23.08.06 | 19:00 | Líbano - Francia | 74 - 73 | |
24.08.06 | 13:00 | Serbia e Montenegro - Arxentina | 79 - 83 | |
24.08.06 | 16:00 | Líbano - Nixeria | 72 - 95 | |
24.08.06 | 19:00 | Francia - Venezuela | 81 - 61 |
- ¹Todos en Sendai
- ²Hora local do Xapón (UTC +9)
Grupo B (Hiroxima)
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | G | P | PF | PC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|
1. España | 10 | 5 | 0 | 476 | 336 | +140 |
2. Alemaña | 9 | 4 | 1 | 421 | 384 | +37 |
3. Angola | 8 | 3 | 2 | 451 | 406 | +45 |
4. Nova Zelandia | 7 | 2 | 3 | 345 | 393 | -48 |
5. Xapón | 5 | 1 | 4 | 322 | 393 | -71 |
6. Panamá | 5 | 0 | 5 | 326 | 429 | -103 |
- Partidos
Data | Hora² | Partido¹ | Resultado |
---|---|---|---|
19.08.06 | 13:00 | Alemaña - Xapón | 81 - 70 |
19.08.06 | 16:00 | Angola - Panamá | 83 - 70 |
19.08.06 | 19:00 | España - Nova Zelandia | 86 - 70 |
20.08.06 | 13:00 | Xapón - Angola | 62 - 87 |
20.08.06 | 16:00 | Nova Zelandia - Alemaña | 56 - 80 |
20.08.06 | 19:00 | Panamá - España | 57 - 101 |
21.08.06 | 13:00 | Angola - Nova Zelandia | 95 - 73 |
21.08.06 | 16:00 | Alemaña - España | 71 - 92 |
21.08.06 | 19:00 | Xapón - Panamá | 78 – 61 |
23.08.06 | 13:00 | España - Angola | 93 - 83 |
23.08.06 | 16:00 | Panamá - Alemaña | 63 - 81 |
23.08.06 | 19:00 | Nova Zelandia - Xapón | 60 - 57 |
24.08.06 | 13:00 | Angola - Alemaña | 103 - 108 |
24.08.06 | 16:00 | Nova Zelandia - Panamá | 86 - 75 |
24.08.06 | 19:00 | Xapón - España | 55 - 104 |
- ¹Todos en Hiroxima
- ²Hora local do Xapón (UTC +9)
Grupo C (Hamamatsu)
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | G | P | PF | PC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|
1. Grecia | 10 | 5 | 0 | 404 | 358 | +46 |
2. Turquía | 9 | 4 | 1 | 370 | 358 | +12 |
3. Lituania | 8 | 3 | 2 | 413 | 353 | +60 |
4. Australia | 7 | 2 | 3 | 370 | 349 | +21 |
5. Brasil | 6 | 1 | 4 | 399 | 392 | +7 |
6. Qatar | 5 | 0 | 5 | 310 | 456 | -146 |
- Partidos
Data | Hora² | Partido¹ | Resultado |
---|---|---|---|
19.08.06 | 14:00 | Brasil - Australia | 77 - 83 |
19.08.06 | 16:30 | Grecia - Qatar | 84 - 64 |
19.08.06 | 19:30 | Turquía - Lituania | 76 - 74 |
20.08.06 | 13:30 | Qatar - Brasil | 66 - 97 |
20.08.06 | 16:30 | Australia - Turquía | 68 - 76 |
20.08.06 | 19:30 | Lituania - Grecia | 76 - 81 |
22.08.06 | 13:30 | Lituania - Qatar | 106 - 65 |
22.08.06 | 16:30 | Grecia - Australia | 72 - 69 |
22.08.06 | 19:30 | Turquía - Brasil | 73 - 71 |
23.08.06 | 13:30 | Australia - Lituania | 57 - 78 |
23.08.06 | 16:30 | Qatar - Turquía | 69 - 76 |
23.08.06 | 19:30 | Brasil - Grecia | 80 - 91 |
24.08.06 | 13:30 | Australia - Qatar | 93 - 46 |
24.08.06 | 16:30 | Lituania - Brasil | 79 - 74 |
24.08.06 | 19:30 | Grecia - Turquía | 76 – 69 |
- ¹Todos en Hamamatsu
- ²Hora local do Xapón (UTC +9)
Grupo D (Sapporo)
[editar | editar a fonte]Equipo | Pts | G | P | PF | PC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|
1. Estados Unidos | 10 | 5 | 0 | 543 | 428 | +115 |
2. Italia | 9 | 4 | 1 | 386 | 367 | +19 |
3. Eslovenia | 7 | 2 | 3 | 434 | 433 | +1 |
4. China | 7 | 2 | 3 | 424 | 455 | -31 |
5. Porto Rico | 7 | 2 | 3 | 432 | 440 | -8 |
6. Senegal | 5 | 0 | 5 | 355 | 451 | -96 |
- Partidos
Data | Hora² | Partido¹ | Resultado |
---|---|---|---|
19.08.06 | 14:00 | Porto Rico - Estados Unidos | 100 - 111 |
19.08.06 | 16:30 | Eslovenia - Senegal | 96 - 79 |
19.08.06 | 19:30 | China - Italia | 69 - 84 |
20.08.06 | 13:30 | Senegal - Porto Rico | 79–88 |
20.08.06 | 16:30 | Italia - Eslovenia | 80–76 |
20.08.06 | 19:30 | Estados Unidos - China | 121 - 90 |
22.08.06 | 13:30 | China - Porto Rico | 87 - 90 |
22.08.06 | 16:30 | Italia - Senegal | 64 - 58 |
22.08.06 | 19:30 | Eslovenia - Estados Unidos | 95 - 114 |
23.08.06 | 13:30 | Senegal - China | 83 - 100 |
23.08.06 | 16:30 | Porto Rico - Eslovenia | 82 - 90 |
23.08.06 | 19:30 | Estados Unidos - Italia | 94 - 85 |
24.08.06 | 13:30 | Eslovenia - China | 77 - 78 |
24.08.06 | 16:30 | Italia - Porto Rico | 73 - 72 |
24.08.06 | 19:30 | Estados Unidos - Senegal | 103 – 58 |
- ¹Todos en Sapporo
- ²Hora local do Xapón (UTC +9)
Rolda final (Saitama)
[editar | editar a fonte]Nos oitavos de final a lóxica impúxose tendo en conta as actuacións na primeira rolda, exceptuando no partido que enfrontou a Italia contra Lituania, onde a primeira foi eliminada nos derradeiros segundos do encontro (cun gran número de tiros libres lanzados, pero só por tres xogadores diferentes entre ámbalas dúas seleccións).
Nos cuartos de final non houbo esta vez ningunha sorpresa, os catro equipos invictos conseguiron pasar á seguinte eliminatoria. Puido verse xa unha clara separación entre os catro equipos que logo acadarían as semifinais e os outros competidores que tamén tiñan un bo nivel, pero non o suficiente como para poder poñer en apuros ós «cabezas de serie».
Nas semifinais produciuse unha especie de mostra de superioridade de Europa por enriba de América. Grecia deu a primeira sorpresa da xornada ó eliminar o equipo estadounidense, mentres que España eliminaba a Arxentina, anteriores subcampións mundiais e campións olímpicos, nos derradeiros segundo do encontro grazas a un tiro libre de Jose Calderón, que non foi replicado na tripla que lanzou Manu Ginóbili sobre a bucina. A final entre España e Grecia era inédita nun Mundobasket. Sen Pau Gasol, mancado no nocello[11], a selección española comezou o partido dunha maneira fulgurante, deixando rapidamente atrás no marcador á selección grega, que atopábase perdida sen os seus lanzamentos exteriores. No parecía posíbel parar á España, que dominaba tódolos aspectos do xogo, sendo Jorge Garbajosa o seu líder ofensivo. Os gregos, quizais cansados polo seu esforzo nas semifinais, non puideron máis que asistir impotentes á coroación dos españois como novos campións do mundo. Foron recibidos a noite mesma da chegada a España, na Praza de Castela da propia capital, Madrid [12]
Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
26 de agosto de 2006 - 10:00 | ||||||||||||||
Arxentina | 79 | |||||||||||||
29 de agosto de 2006 - 19:30 | ||||||||||||||
Nova Zelandia | 62 | |||||||||||||
Arxentina | 83 | |||||||||||||
26 de agosto de 2006 - 17:00 | ||||||||||||||
Turquía | 58 | |||||||||||||
Turquía | 90 | |||||||||||||
1 de setembro de 2006 - 19:30 | ||||||||||||||
Eslovenia | 84 | |||||||||||||
Arxentina | 74 | |||||||||||||
26 de agosto de 2006 - 20:00 | ||||||||||||||
España | 75 | |||||||||||||
España | 87 | |||||||||||||
29 de agosto de 2006 - 16:30 | ||||||||||||||
Serbia e Montenegro | 75 | |||||||||||||
España | 89 | |||||||||||||
26 de agosto de 2006 - 13:00 | ||||||||||||||
Lituania | 67 | |||||||||||||
Italia | 68 | |||||||||||||
3 de setembro de 2006 - 19:30 | ||||||||||||||
Lituania | 71 | |||||||||||||
España | 70 | |||||||||||||
27 de agosto de 2006 - 20:00 | ||||||||||||||
Grecia | 47 | |||||||||||||
Grecia | 95 | |||||||||||||
30 de agosto de 2006 - 16:30 | ||||||||||||||
China | 64 | |||||||||||||
Grecia | 73 | |||||||||||||
27 de agosto de 2006 - 17:00 | ||||||||||||||
Francia | 56 | |||||||||||||
Francia | 68 | |||||||||||||
1 de setembro de 2006 - 16:30 | ||||||||||||||
Angola | 62 | |||||||||||||
Grecia | 101 | |||||||||||||
27 de agosto de 2006 - 13:00 | ||||||||||||||
Estados Unidos | 95 | Terceiro posto | ||||||||||||
Estados Unidos | 113 | |||||||||||||
30 de agosto de 2006 - 19:30 | 2 de setembro de 2006 - 19:30 | |||||||||||||
Australia | 73 | |||||||||||||
Estados Unidos | 85 | Arxentina | 81 | |||||||||||
27 de agosto de 2006 - 10:00 | ||||||||||||||
Alemaña | 65 | Estados Unidos | 96 | |||||||||||
Alemaña | 78 | |||||||||||||
Nixeria | 77 | |||||||||||||
Rolda de cualificación (5-8)
[editar | editar a fonte]Semifinais | Final | |||||
31 de agosto de 2006 - 16:30 | ||||||
Turquía | 95 | |||||
Lituania | 84 | |||||
2 de setembro de 2006 - 16:30 | ||||||
Turquía | 56 | |||||
Francia | 64 | |||||
Sétimo posto | ||||||
31 de agosto de 2006 - 19:30 | 3 de setembro de 2006 - 16:30 | |||||
Francia | 75 | Lituania | 77 | |||
Alemaña | 73 | Alemaña | 62 |
- Todos en Saitama
- Hora local do Xapón (UTC +9)
Resultados finais
[editar | editar a fonte]Posición | Equipo | Vitorias-Derrotas | Basketaverage[13] |
---|---|---|---|
1 | España | 9-0 | 1,3109 |
2 | Grecia | 8-1 | 1,1162 |
3 | Estados Unidos | 8-1 | 1,2367 |
4 | Arxentina | 7-2 | 1,2397 |
5 | Francia | 6-3 | 1,0387 |
6 | Turquía | 6-3 | 0,9940 |
7 | Lituania | 5-4 | 1,1380 |
8 | Alemaña | 5-4 | 1,0530 |
9 | Italia | 4-2 | 1,0365 |
10 | Angola | 3-3 | 1,0822 |
11 | Serbia e Montenegro | 2-4 | 1,1025 |
12 | Eslovenia | 2-4 | 0,9904 |
13 | Australia | 2-4 | 0.9589 |
14 | Nixeria | 2-4 | 0,9512 |
15 | China | 2-4 | 0,8873 |
16 | Nova Zelandia | 2-4 | 0,8623 |
17 | Porto Rico | 2-3 | 0,9818 |
18 | Líbano | 2-3 | 0,7915 |
19 | Brasil | 1-4 | 1,0179 |
20 | Xapón | 1-4 | 0,8193 |
21 | Venezuela | 1-4 | 0,7887 |
22 | Senegal | 0-5 | 0,7871 |
23 | Panamá | 0-5 | 0,7599 |
24 | Qatar | 0-5 | 0,6798 |
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Na primeira rolda
[editar | editar a fonte]- Mellor anotador : Yao Ming - 28,4 puntos por partido
- Mellor reboteador : Richard Lugo - 11,4 rebotes por partido
- Mellor pasador : Chris Paul - 6,8 asistencias por partido
Os premios individuais
[editar | editar a fonte]- MVP : Pau Gasol (España)
- Quinteto ideal : Emanuel Ginóbili (Arxentina), Theódoros Papaloukás (Grecia), Jorge Garbajosa (España), Carmelo Anthony (Estados Unidos), Pau Gasol (España)
Conclusións do campionato
[editar | editar a fonte]É a primeira vez que ámbolos dous finalistas chegaban a ese estado do campionato. Pero máis aló diso, o resultado do continente europeo foi moi bo: dous finalistas, seis seleccións de oito nos cuartos de final, unha moi boa impresión técnica e táctica... que incluso suscitou a admiración do adestrador estadounidense. Admiración reforzada polo feito de que só un dos finalistas xogaba na NBA, Jose Manuel Calderón.
Sen o seu mellor xogador, Pau Gasol, España viu o triunfo do seu fabuloso equipo júnior de 1999, a chamada Generación de Oro (Xeración de Ouro en galego): Pau Gasol, Felipe Reyes, Juan Carlos Navarro, José Manuel Calderón, Berni Rodríguez). Trala súa demostración ofensiva contra a selección estadounidense, Grecia e o seu lendario adestrador Panayiótis Giannákis non puido sobrepoñerse á defensa española (31% de posesión). Os estadounidenses e os arxentinos intentaron chegar ós niveis destes dous equipos, facendo así que a opinión xeral fora que ás semifinais chegaron os catro mellores equipos. E é que os arxentinos non foron os que perderon, senón que os españois foron os que acadaron a final nos derradeiros segundos, provocando así a súa inesperada ausencia do podio final. Coa retirada da maioría dos xogadores maiores de trinta anos da selección, o futuro da Albiceleste semella peor. Os Estados Unidos gañaron unha nova medalla, mellorando así o resultado do Mundial de Indianápolis, no que remataron no sexto lugar. O plan de traballo da selección estadounidense está enfocado ós Xogos Olímpicos de 2008 tendo nesta medalla de bronce un bo impulso.
En cabeza das restantes selección rematou Francia, a pesar da ausencia de Tony Parker. Entre os equipos máis mozos da competición, e con moitas esperanzas postas neles, atópanse Turquía (6º) ou Lituania (7º); e incluso Italia (9º), que contou con Marco Belinelli, ou Serbia e Montenegro (11º) teñen ambicións similares con respecto o vindeiro relevo xeracional. Dirk Nowitzki semellou que non liderou todo o que realmente podía á selección alemá (8º), sobre todo nos momentos decisivos.[14].
Os equipos africanos confirmaron a melloría do nivel do seu baloncesto dentro da xerarquía mundial. Angola tardou tres tempos extra en caer derrotada contra os alemáns, e mostrou unha disposición excelente en oitavos de final contra a selección francesa, mentres Nixeria non decepcionaba tampouco, ó derrotar á selección serbomontenegrina na primeira rolda. América, exceptuando a Estados Unidos e Arxentina, está na situación contraria, pasando unha mala época a selección do Brasil, noutra época liderada por Oscar Schmidt, na cola da competición, e a Porto Rico, que sen as súas antigas estrelas Ramón Rivas e Piculín Ortiz quedou tamén na parte baixa, pero un pouco mellor que Panamá. Asia e Oceanía tamén decepcionaron: Australia (a pesar da presenza na selección de Andrew Bogut) e Nova Zelandia tamén fixeron un mal torneo, ó igual que a selección anfitrioa, Xapón, mentres que China seguiu tan débil coma sempre, excepto Yao Ming, e será moi raro que poidansubir ó podio dos Xogos Olímpicos de Pekín.
Para terminar, a arbitraxe non deu para polémicas, o que tamén semella confirmar o progreso do baloncesto FIBA. O público asistente ós partidos comportouse perfectamente, en parte influído pola timidez dos xaponees á hora de animar. Ademais, o interese global dos medios, exceptuando nos Estados Unidos tamén semella aumentar, xa que a web oficial da FIBA, fiba.com Arquivado 04 de novembro de 1996 en Wayback Machine., tivo a mellor progesión na clasificación Alexa do momento.[15].
As consecuencias
[editar | editar a fonte]A eliminación prematura de certos equipos repercutiu sobre os seus adestradores. Así, Julio Toro[16], seleccionador de Porto Rico, e Ted Baldwin[17], seleccionador de Nova Zelandia dimitiron das súas funcións. Neses días, o presidente de Turquía, Ahmet Necdet Sezer felicitou persoalmente, por vía telefónica, os xogadores da selección turca, sendo esta unha actuación moi diferente á do remate do anterior Eurobasket.
Os xornais españois, malia que a ACB ocupaba un importante lugar nas súas novas, estaban acostumados ós titulares de tema futbolístico, mais fixeron sitio nas súas portadas para o éxito da selección española recollendo, entre outras cousas, a felicitación que o Rei de España lles deu, na que os calificou como "heroes"[18].
Notas e referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ (en inglés)Artigo na web da FIBA Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- ↑ Para profundizar: Basket News n°HS 22, p. 20 e 21
- ↑ (en francés)A nova da lesión de Parker Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en francés)O anuncio da lesión de Gilbert Arenas Arquivado 24 de agosto de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ (en francés)A nova da selección senegalesa sobre N'Dong Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés)Presentación oficial Arquivado 21 de agosto de 2006 en Wayback Machine.
- ↑ "O autocolante na web da FIBA". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 07 de setembro de 2006.
- ↑ (en castelán)Nova no diario 20minutos
- ↑ "Logo da campaña Clean Game na web da FIBA". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2009. Consultado o 07 de setembro de 2006.
- ↑ (en francés)A nova da suspensión de Mark Dickel Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán)A nova da lesión de Gasol no diario 20minutos
- ↑ (en castelán)A planificación da noite do recibimento.
- ↑ O basketaverage é o parámetro que decide no caso de empate.
- ↑ (en francés)Análise dun experto francés. Arquivado 18 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés) Clasificación Alexa. Arquivado 26 de setembro de 2005 en Wayback Machine.
- ↑ (en francés)A nova sobre a dimisión de Julio Toro Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en francés)A nova sobre a dimisión de Ted Baldwin Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ (en castelán)A nova no diario deportivo MARCA
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Campionato do Mundo de Baloncesto de 2006 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Campionato mundial de baloncesto de 2006Arquivado 19 de febreiro de 2019 en Wayback Machine. (en inglés) (en xaponés)
- Cobertura do diario deportivo MARCA (en castelán)
- mundialbaloncesto.es (en castelán)