Mumford & Sons

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mumford & Sons
Mumford & Sons tocando no festival Dot to Dot en Bristol (23 de maio de 2009)
OrixeLondres, Inglaterra
Período2007–presente
Xénero(s)Folk rock, bluegrass[1]
Selo(s) discográfico(s)Gentlemen of the Road
Island Records (UK)
Glassnote Records (US)
Universal Music (Canadá)
Universal Music Australia (AUS)
MembrosMarcus Mumford
Winston 'Country' Marshall
Ben Lovett
Ted Dwane
Na rede
mumfordandsons.com
IMDB: nm3812993 Allmovie: p698545
Facebook: mumfordandsons Twitter: MumfordAndSons Instagram: mumfordandsons MySpace: mumfordandsons Youtube: UCUyVHhyGAR3djWzqlljIN1A Souncloud: mumfordandsons Spotify: 3gd8FJtBJtkRxdfbTu19U2 iTunes: 307699986 Last fm: Mumford+&+Sons Musicbrainz: c44e9c22-ef82-4a77-9bcd-af6c958446d6 Songkick: 2202327 Discogs: 1567405 Allmusic: mn0001072350 Deezer: 288092 Genius: Mumford-and-sons Editar o valor em Wikidata

Mumford & Sons é un grupo inglés de folk rock, formado por Marcus Mumford (voz principal, guitarra, batería, mandolina), Ben Lovett (voces, teclado, acordeón, batería), Winston Marshall (voces, banjo, dobro), e Ted Dwane (voces, contrabaixo, batería, guitarra). O grupo formouse en outubro de 2007, aproveitando o éxito do que os medios cualificaron como "a escena folk do oeste de Londres" xunto con outros artistas como Laura Marling, Johnny Flynn e Noah and the Whale.

Mumford & Sons gravaron tres EP's antes de publicar o seu primeiro álbum, Sigh No More, que foi lanzado no Reino Unido en outubro de 2009, e nos Estados Unidos en febreiro de 2010. O álbum chegou ao número dous no UK Album Chart e no Billboard 200 dos Estados Unidos.[2][3]

O grupo obtivo popularidade no 2010, tocando ante grandes audiencias e tendo a súa primeira aparición na televisión norteamericana. O 1 de decembro de 2010, o grupo recibiu dúas candidaturas aos Premios Grammy, unha por Mellor artista novo e outra por Mellor canción de rock (por "Little Lion Man"). Gañaron o Premio musical ARIA de Artista internacional máis popular no 2010, e o Premio Brit no 2011 por Mellor álbum británico.

Historia[editar | editar a fonte]

Primeiros anos: 2007–2008[editar | editar a fonte]

Mumford & Sons foi formado en outubro de 2007 polos multi-instrumentistas Marcus Mumford, Ben Lovett, Winston Marshall, e Ted Dwane.[4] Os membros do grupo tocan diversos instrumentos como guitarra, batería, teclado, baixo, e instrumentos tradicionais do folk como o banjo, a mandolina, e o dobro.[5] O nome do grupo orixinouse polo feito de que Marcus Mumford era o membro máis coñecido do grupo naquel momento, organizando o grupo e as súas presentacións locais. Lovett indicou que o nome tiña a intención de evocar a sensación dun "nome de negocio familiar antigo".[6] Varios grupos similares a Mumford & Sons incrementaron a súa visibilidade no oeste de Londres na mesma época, facendo coñecida a "Escena folk do Oeste de Londres". Mumford cualificouno como unha esaxeración - Mumford & Sons e outros grupos de folk comezaron a tocar no mesmo sitio ao mesmo tempo. Nunha entrevista con Herald Sun, Marcus Mumford dixo, "Non é folk, realmente. Bueno, algo éo, pero certamente non é unha escena. Alguén se emocionou demasiado por uns poucos grupos que viven nun radio de 100 millas e púxoos nunha caixa para vendelos como un paquete. É unha comunidade, non unha escena. Non é algo exclusivo."[4] Xa que se desenvolveran no mesmo ambiente, tanto musical como culturalmente, o son de Mumford & Sons foi comparado con artistas como Noah and the Whale, Johnny Flynn, e Laura Marling, para quen Marcus Mumford adoitaba tocar a batería.[7]

A comezos de 2008, o grupo empezou a traballar co representante Adam Tudhope, quen, como parte da empresa Everybody's, tamén representa a Keane e Laura Marling.[8] Foi a través da conexión con Tudhope, cando Mumford & Sons foron expostos a Louis Bloom, quen comezou a monitorizar o grupo. Bloom dixo a HitQuarters que o grupo aínda estaba xermolando e que aínda non estaban listos para un contrato discográfico: "Non había ninguén alí para iso, só uns poucos amigos, e necesitaban tempo para desenvolvelo. Os seguintes seis meses continuei indo a velos e a cada momento estaban, literalmente, escollendo fans."[8]

En febreiro de 2008, o grupo completou unha extensa xira polo Reino Unido co apoio de Alessi's Ark, Sons of Noel and Adrian, Peggy Sue, Pete Roe, The Cutaway e outros grupos. Xuño marcou a primeira aparición do grupo no Festival de Glastonbury.[5] Marcus Mumford tamén realizou unha xira canda Laura Marling, quen tiña pouca inclinación para comunicarse co público, o que fixo que Marcus Mumford se gañase un lugar destacado ante el. A experiencia axudoulle moito para actuar fronte ao público de Mumford & Sons, que consiste nunha actitude frecuentemente interactiva con el e intentando crear unha atmosfera cómoda e casual.[4]

O primeiro proxecto de Mumford & Sons foi o EP titulado Love Your Ground, que lles levou un ano realizalo e que foi publicado en novembro de 2008 por Chess Club Records.[5]

Sigh No More: 2009–2010[editar | editar a fonte]

Membros do grupo tocan diversos instrumentos durante os concertos. Aquí, Marcus Mumford sentado ante unha batería.

Durante 2008 e 2009, Mumford & Sons tocaron en pequenos locais no Reino Unido e nos Estados Unidos, mostrándolle ao público as cancións de Love Your Ground, así como outras que finalmente formarían Sigh No More. O grupo acabou gravando o seu primeiro disco, Sigh No More, con Markus Dravs, quen produciu discos de artistas como Arcade Fire.[4] Por aquel momento, os membros do grupo nin posuían os seus propios instrumentos. Nun primeiro momento, Dravs rexeitounos cando apareceron nas sesións de gravación coas mans baleiras.[9] A única canción de Love Your Ground que foi incluída en Sigh No More foi "Little Lion Man". Segundo lle comunicaron ao Herald Sun, eles mesmos financiaran o disco para evitar os compromisos técnicos e artísticos.[4] Tamén fixeron unha xira en apoio a Laura Marling no 2009, como tamén contribuíron como músicos no seu disco que publicou no 2010, I Speak Because I Can.[4][10]

En agosto de 2009, Mumford & Sons asinaron un contrato de licenza con Island Records no Reino Unido, con Dew Process en Australia e Nova Zelandia, con Glassnote Records en América do Norte e con Cooparative Music no resto do mundo, a través da súa propia discográfica, Gentlemen Of The Road. O xefe de Dew Process, Paul Piticco, firmou co grupo tras ver un dos seus concertos nos Estados Unidos no 2009 e poder apreciar a súa honesta aproximación co público e o seu particular son.[4] O seu disco debut foi publicado o 5 de outubro de 2009 con "Little Lion Man" como o seu sinxelo principal.

Dave Berry da XFM nomeou "Little Lion Man" a súa canción da semana. O DJ Zane Lowe, da BBC Radio 1, fixo de "Little Lion Man" o seu "Reaction Record" o 27 de xullo de 2009,[11] para nomeala "Hottest Record in the World" a noite seguinte.[12]

Na súa primeira actuación na televisión estadounidense, o grupo tocou o tema "Little Lion Man" no programa da CBS Late Show with David Letterman o 17 de febreiro de 2010. Esta aparición foi seguida por unha actuación de "The Cave" en The Late Late Show with Craig Ferguson o 26 de febreiro de 2010.[13]

Mumford & Sons foron comercialmente exitosos en Australia e Nova Zelandia. O single "Little Lion Man" foi moi popular, en xaneiro de 2010, estivo no cume da lista Triple J Hottest 100 de todo o 2009. A súa marxe de vitoria foi a máis ampla da historia da lista.[14] En novembro de 2010, o grupo gañou un Premio Musical ARIA por Artista Internacional Máis Popular.[15] Sigh No More primeiro acadou o número 9 nas listas de Nova Zelandia en outubro de 2010, para máis tarde alcanzar o número un en xaneiro de 2011, debido á popularidade dos sinxelos.[16]

Nunha entrevista de marzo de 2010, Ray Davies anunciou que Mumford & Sons aparecería no seu seguinte disco de colaboracións.[17] Marcus confirmouno nunha entrevista ese mesmo mes, dicindo, "Estou máis emocionado por isto que por calquera outra cousa en toda a miña vida".[4] Mumford & Sons interpretou a canción "Days/This Time Tomorrow" xunto con Davies o 12 de febreiro de 2010 en Later...with Jools Holland.[18]

O grupo tamén foi parte dos tres anuncios de 30 segundos da televisión británica.

En decembro de 2010, Mumford & Sons conseguiu candidaturas aos Premios Grammy por Mellor Artista Novo e Mellor Canción de Rock ("Little Lion Man"). Aínda que non gañaron en ningunha das categorías, o grupo interpretou o seu single "The Cave" na cerimonia, que lles proporcionou unha moi positiva atención dos medios e aumentou a visibilidade de Sigh No More. As vendas nos Estados Unidos aumentaron un 99% no período posterior á cerimonia.[19][20] Tamén interpretaron xunto a Bob Dylan "Maggie's Farm".[21] En febreiro de 2011 resultaron gañadores do Premio Brit por Mellor Álbum Británico do Ano con Sigh No More e tocaron "Timshel" na cerimonia.[6] As vendas no Reino Unido do disco aumentaron un 266% tras o evento.[20]

En marzo de 2011, Sigh No More tiña vendido arredor dun millón de copias entre os Estado Unidos e o Reino Unido.[20]

Segundo disco de estudio: 2011–presente[editar | editar a fonte]

Durante a xira polos Estados Unidos a comezos de 2011, o grupo empezou a escribir cancións para o seu seguinte disco. Ben Lovett comentou que o ambiente creativo de Nashville, Tennessee, axudou moito no proceso de escritura.[22] O disco estaba previsto que saíse a finais de 2011.[23]

En marzo de 2011, anunciouse que o grupo ía aparecer no The Other Stage no Festival de Glastonbury, tras ter tocado practicamente como descoñecidos no John Peel Stage o ano anterior.[24] O 13 de abril de 2011, VH1 gravou unha actuación de Mumford & Sons con instrumentos acústicos - titulado 'Mumford & Sons: Unplugged'.[25] O 11 de xulo de 2011, Mumford & Sons actuou en Bonnaroo no Which Stage.

Mentres tocaban en Buzz Under The Stars Night 1 en Kansas City, o 3 de xuño, a primeira parada da súa xira norteamericana, o grupo anunciou que estaban gravando un novo disco, que sería lanzado a finais de 2011. Tocaron novas cancións do novo álbum, aínda que non desvelaron o título.[26]

Mumford & Sons gravou dúas cancións para a adaptación de Cumes Torboentos por Andrea Arnold, unha das cancións (titulada "Enemy") oirase nos créditos finais.

En setembro de 2013 o grupo anunciou un receso por tempo indefinido.

Estilo musical e influencias[editar | editar a fonte]

Mumford & Sons son recoñecidos polas súas enérxicas actuacións en directo, nas cales os membros do grupo se intercambian instrumentos entre eles. Nalgunhas entrevistas, expresaron a súa atracción pola cultura dunha conexión persoal con membros do público.[4] Membros do grupo declararon en múltiples ocasións que os concertos son a súa parte preferida da experiencia musical.

Unha gran cantidade do contido lírico de Mumford & Sons contén unha forte influencia literaria, o nome do seu álbum debut deriva da obra de Shakespeare, Much Ado About Nothing. A pista "Sigh No More" inclúe versos da obra como "Serve God love me and mend" e "One foot in sea and one on shore". Nunha entrevista, Marcus Mumford foi citado dicindo, "Podes roubarlle a Shakespeare todo o que queiras; ningún avogado te vai denunciar."[27] "The Cave" inclúe varias referencias á Odisea e á alegoría da caverna.

"Timshel" e "Dustbowl Dance" conteñen feitos das novelas de John Steinbeck, De ratos e homes, East of Eden e The Grapes of Wrath. Marcus Mumford, nunha entrevista, incluso comparou as xiras cunha aventura de Steinbeck: "El falou sobre como unha viaxe éa en si mesma, non podes planeala ou predicila demasiado, porque iso pode acabar con ela. Algo así é ir de xira. Aínda que hai unha estrutura, sabes a que cidades irás, e que farás un concerto, calquera cousa pode ocorrer." Tamén, Marcus Mumford dirixe un club de lectura no seu tempo libre na páxina web oficial do grupo.[28]

Discografía[editar | editar a fonte]

Discos de estudio[editar | editar a fonte]

EP's[editar | editar a fonte]

  • Lend Me Your Eyes (2008)
  • Love Your Ground (2008)
  • The Cave And The Open Sea (2009)
  • Dharohar Project (colaboración con Laura Marling) (2010)
  • The Wedding Band (Mumford & Sons e amigos) (2010)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kagler, Marcus. ":.. Mumford and Sons | Under The Radar ..:". Undertheradarmag.com. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  2. 'Now 37' Livens Up Billboard 200 at No. 1, Mumford Climb to No. 2 Billboard Consultado o 23 de decembro de 2011.
  3. Chart Stats: UK Album Chart (26 de febreiro de 2011) Consultado o 23 de decembro de 2011.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Betts, Marianne (25 de marzo de 2010). "Mumford & Sons have taken Australia by storm". Herald Sun. Consultado o 23 de decembro de 2011
  5. 5,0 5,1 5,2 "London - Radio - Mumford and Sons". BBC. 31 de outubro de 2008. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  6. 6,0 6,1 Collis, Clark (4 de marzo de 2011). "Mumford and Sons: Ben Lovett talks about playing with Dylan, recording with Ray Davies, and high-fiving R. Kelly" Arquivado 07 de xullo de 2011 en Wayback Machine.. Entertainment Weekly Music Mix. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  7. Walker, Tim (28 de xullo de 2008). "Mumford & Sons, The Luminaire, London" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine.. The Independent. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  8. 8,0 8,1 "Interview With Louis Bloom". HitQuarters. 4 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2011. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  9. "Mumford And Sons: 'We were banished from studio by producer'" Arquivado 21 de outubro de 2012 en Wayback Machine.. NME. 12 de agosto de 2009. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  10. "BBC Sound of 2009: Mumford & Sons". BBC News. 5 de decembro de 2008. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  11. Lowe, Zane (27 de xullo de 2009). "Tracklisting – Monday 27th July". BBC Radio 1. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  12. Lowe, Zane (28 de xullo de 2009). "Tracklisting – Tuesday 28th July". BBC Radio 1. Consultado o 23 de decembro de 2011. 
  13. "Mumford And Sons censor 'Little Lion Man' for David Letterman". NME. 18 de febreiro de 2010. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  14. Gregg, Natalie (27 de xaneiro de 2010). "Aussies rock in Triple J's Hottest 100". The Courier-Mail. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  15. Collett-White, Mike (20 de novembro de 2010). "Mumford & Sons top ARIA Awards". Billboard 122 (46): p. 32.
  16. "International Charts: Mumford & Sons' Sigh No More rallies around globe". Music Week: p. 28. 22 de xaneiro de 2011.
  17. Uricheck, Mark (15 de marzo de 2010). "THE MUSICIAN'S VOICE: A Chat With The Legendary Ray Davies". Themusiciansvoice.blogspot.com. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  18. BBC - Later live... with Jools Holland: Ray Davies & Mumford and Sons - Days / This Time Tomorrow Consultado o 23 de decembro de 2011.
  19. Gundersen, Edna (24 de febreiro de 2011). "A Grammy performance is good for business". USA Today. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  20. 20,0 20,1 20,2 "Mumford & Sons reach UK and US million sales landmark". NME. 7 de marzo de 2011. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  21. Scaggs, Austin (4 de marzo de 2011). "Marcus Mumford on backing Dylan, naked songwriting and why Arcade Fire rule his world" Arquivado 02 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.. Rolling Stone. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  22. Montgomery, James (17 de febreiro de 2011). "Mumford & Sons write Sigh No More follow-up while touring U.S.". MTV.com. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  23. Gallo, Phil (26 de febreiro 2011). "The good, the bad and the uh-oh". Billboard 123 (7): p. 18.
  24. Topping, Alexandra (2 de marzo de 2011). "Glastonbury festival 2011: Mumford & Sons make leap to Other stage". The Guardian. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  25. "VH1 Unplugged Be-in-the-audience Details". Consultado o 23 de decembro de 2011.
  26. "Setlist.fm 2011". 
  27. Pearson, Rick (9 de novembro de 2009). "The bookshop band Mumford & Sons". London Evening Standard. Consultado o 23 de decembro de 2011.
  28. Mumford & Sons set up 'Richard & Judy'-style book club NME Consultado o 23 de decembro de 2011.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]