De ratos e homes
De ratos e homes | |
---|---|
Título orixinal | Of Mice and Men |
Autor/a | John Steinbeck |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | inglés |
Tema(s) | Great Depression in the United States e amizade |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Covici Friede (en inglés) Editorial Galaxia (en galego) |
Data de pub. | 1937 (en inglés) Novembro 1997 (en galego) |
Formato | rústica |
Páxinas | 112 páxinas |
ISBN | ISBN 978-0-14-017739-8 (en inglés) ISBN 978-84-8288-968-9 (en galego) |
Tradución | Álvaro de Prado |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
De ratos e homes é unha novela en lingua inglesa de John Steinbeck publicada en 1937 co título orixinal de Of Mice and Men. Foi traducida ao galego por Álvaro de Prado e publicada en 1997 pola Editorial Galaxia.
Foi o primeiro grande éxito de Steinbeck. A notoriedade que lle reportou como novelista sería confirmada en posteriores entregas, que contarán coma esta os soños botados por terra dos americanos máis vulnerables. O título da novela fai referencia a unha liña do poema "To a mouse" do escocés Robert Burns: The best-laid schemes o mice an men, gang aft agley (escrito en scots o verso podería ser traducido como: "Os mellores plans dos ratos e homes, as máis das veces rematan mal").
Trama
[editar | editar a fonte]A historia que se narra sitúase nunha granxa a poucas millas de Soledad no Val de Salinas e desenvólvese durante a Gran Depresión norteamericana (1929-1939).
A novela relata a tráxica historia de George Milton e Lennie Small, dous traballadores agrícolas itinerantes que soñan con ter algún día unha pequena granxa. George, pequeno e intelixente, fai de figura paterna de Lennie, que é grande, forte e inxenuo. A Lennie, que é candorosamente estúpido cústalle aprender as cousas e encántalle todo o que é brando, pero a súa inmensa forza física é unha fonte de problemas e George, o único amigo de Lennie, ten que calmalo. Os dous amigos atopan traballo nunha granxa e comezan a aforrar cartos para o seu futuro. Asustado polo abuso do capataz do rancho no que traballan, Lennie rómpelle o brazo sen querer. Isto esperta ao mesmo tempo o interese da muller de Carley, a nora do propietario. Lenny mátaa accidentalmente ao intentar facela calar e foxe a un lugar escondido, do que el e George acordaran servirse se atopaban dificultades. George corre detrás de Lenny e mátao antes de que sexa capturado polos outros traballadores do rancho que o perseguen ó tempo que perde as súas propias esperanzas dun futuro mellor. Antes de morrer, Lennie di: "Let's do it now. Le's get that place now!" ("Fagámolo agora. Imos para esa casiña agora").
Temática
[editar | editar a fonte]Os temas básicos da novela son a soidade, a amizade, e os soños incumpridos. Os rancheiros, a pesar de viviren xuntos, son incapaces de crear relacións estables entre eles, en parte porque van dun lugar a outro e en parte polo propio temor que se parecen infundir. A soidade domina a tódolos personaxes excepto a George e Lennie. Está soa a muller de Curley, malia estar casada e rodeada de xente. Igualmente Crooks (por ser negro e verse forzado a unha vida de insufrible illamento) e Candy (pola súa idade e minusvalía). George e Lennie son amigos dende a infancia e téñense e un ó outro. O coidado mutuo sálvaos do mundo de soidade que os rodea. Moitos dos personaxes mencionados teñen soños. A muller de Curley fantasea con ser unha actriz de Hollywood. George, Lennie e Candy soñan con ter un rancho de seu. Crooks, por un instante, tamén o desexa. Son, ó cabo, soños imposibles que non acabarán por realizarse.
Adaptacións
[editar | editar a fonte]Foi traducida a diversos idiomas. En galego foi publicada na colección Costa Oeste de Editorial Galaxia, sendo reimpresa catro veces entre a primeira edición de 1997 e 2006.
Ademais de varias adaptacións dramáticas, a novela coñeceu varias adaptacións no cine e na televisión:
- Un filme de 1939, Of Mice and Men protagonizado por Lon Chaney Jr. (Lennie) e Burgess Meredith (George), dirixido por Lewis Milestone;
- Unha película de televisión de 1970;
- Unha película de televisión turca de 1975;
- Unha película de televisión de 1981, Of Mice and Men dirixida por Reza Badiyi con Randy Quaid (Lennie) e Robert Blake (George) e Ted Neeley (Curley), como protagonistas;
- Un filme de 1992, Of Mice and Men, con John Malkovich (Lennie) e Gary Sinise (George) nos papeis protagonistas, dirixido por Gary Sinise;
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na web da editorial.