Saltar ao contido

Muisca (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Muisca é un xénero de escaravellos da subfamilia Clerinae ou Enopliinae. É coñecido por dúas especies, a especie de tipo, Muisca bitaeniata e Muisca cylindricollis. O xénero foi descrito orixinalmente polo entomólogo Maximilian Spinola en 1844.[1]

Spinola contribuíu amplamente ao coñecemento entomolóxico de mediados do século XIX, a partir de exemplares traídos dende América do Sur. Os escaravellos Muisca foron descubertos en Colombia e forman parte da colección de Buquet.[1]

En 1962, o zoólogo brasileiro Adriano Peracchi describiu unha especie Cregya cylindricollis. Peracchi Máis tarde transferiu esta especie ao xénero Paracregya. Paracregya cylindricollis foi posteriormente reclasificado como Muisca cylindricollis por Ekis en 1975.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O xénero Muisca foi nomeado após o pobo muisca, orixinario do centro de Colombia.[3]

Descrición[editar | editar a fonte]

O labium e maxilla dos escaravellos Muisca son menos anchos ca longos. Isto difire do xénero Aulicus.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]