Opera (navegador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Opera browser logo 2013.png  Opera
Navegador Opera.PNG
Captura de pantalla do navegador Opera en galego
Desenvolvedor: Opera Software
Última versión: 12.12 (18 de decembro de 2012)
Sistema operativo: Windows, Macintosh, Linux,

Solaris, FreeBSD, OS/2, QNX

Xénero: Navegador web
Licenza: Freeware dende a versión 8.51
En galego: Si (Dende a versión 8.00 en www.egalego.com)
Sitio web: http://www.opera.com

O navegador Opera é un navegador web creado pola empresa norueguesa Opera Software en 1994. Opera é de balde dende a súa versión 8.50, sendo anteriormente shareware ou adware (con publicidade), e antes da súa versión 5.0 era de pago exclusivamente.

O navegador Opera é coñecido pola súa velocidade, seguridade, soporte de estándares (especialmente CSS), tamaño reducido, *intercionalidade e constante innovación. Foi un dos primeiros navegadores en incluír "lapelas" para a navegación pola web, sendo esta a principal característica nas súas primeiras versións. A versión 6 foi a primeira en contar con soporte de codificacións internacionais, e non foi ata a versión 7, reconstruída dende os cimentos, que contou con compatibilidade total con especificacións como DOM (Document Object Model), CSS2 (Cascading Style Sheets, segunda revisión) e XHTML (Extensible Hypertext Markup Language ou HTML extensible). A versión 7.6, unha versión de previsualización técnica ou Alfa, incluíu un novedoso sistema de recoñecemento de voz baseado en XML (VoiceXML), facilitando así a accesibilidade, que se mantivo na versión 8. Posteriormente, á mesma versión 8 agregóuselle soporte nativo de gráficos SVG Tiny.

As súas maiores distribucións son para Windows, Apple Macintosh e Linux, mais atópase tamén dispoñible para unha variedade doutras plataformas, incluíndo OS/2, Solaris e FreeBSD. Ademais, existen versións para unha ampla variedade de dispositivos móbiles (xeralmente, de pago).

Características (v 8.5x)[editar | editar a fonte]

  • Soporte de RSS e Atom (sindicación de contido): Cando un sitio web ofrece este servizo, Opera mostra unha icona na barra de dirección para subscribirse e comprobar automaticamente o novo contido do mesmo.
  • Cliente de correo integrado (chamado M2): Destaca por ser moi pequeno (ocupa 40 KB no disco duro) e completo.
  • Identificador (administrador de usuarios/contrasinais): Ofrece a posibilidade de recordar datos de acceso de calquera sitio web que así o requira, xa sexa recordar datos só para a páxina actual, todo o servidor, non para a páxina actual ou non para todo o servidor.
  • Administrador de descargas: Permite, entre outras cousas, pausar calquera descarga e continuala cando así se requira (especialmente útil con arquivos grandes), ou realizar múltiples descargas simultaneamente levando unha mellor monitorización, así como poder levar un historial das mesmas.
  • Cliente de chat IRC.
  • Navegación por sesións: Permite gardar a sesión de navegación actual e volver retomala. Así, o usuario pode pechar o navegador, e abrilo máis tarde tendo exactamente as mesmas páxinas abertas que cando o pechou.
  • Administrador de cookies (pegadas): Permite explorar/buscar as cookies polo sitio ou usuarios do identificador, ademais de mostrar en detalle a información contida nas mesmas.
  • Notas: Permite almacenar pequenos textos asociados á páxina que se estea visitando.
  • Soporte de estándares. Soporta CSS 2.1, XHTML 1.1, HTML 4.01, WML 2.0, ECMAScript, DOM 2 and SVG 1.1 tiny.
  • Eliminar información privada. Permite eliminar con só un clic cookies, datos e páxinas protexidos por contraseña, caché, historial de páxinas visitadas, historial de direccións escritas, historial de enlaces visitados, historial de arquivos descargados e outros tipos de información privada.
  • Navegación por voz: Só en inglés e para Windows 2000/XP.
  • Navegación por medio de tabs (pestanas).
  • Zoom nas páxinas: Permite ver o contido de calquera páxina a distintas escalas; isto resulta útil para ver imaxes que exceden as dimensións do monitor, ou páxinas que son máis anchas que a pantalla, polo que resultan difíciles de ler noutros navegadores.
  • Bloqueo de popups (fiestras emerxentes).

Características (v 9.x)[editar | editar a fonte]

As principais novidades da versión 9.0 de Opera son:

  • Inclusión dun xestor de descargas BITTORRENT, un protocolo que está conseguindo un gran éxito en Internet, pese a que ultimamente se viu tamén perseguido polas asociacións de protección dos dereitos de propiedade intelectual, o que motivou tamén unha certa polémica coa súa inclusión en Opera. O xestor de descargas do navegador noruegués é agora transparente as descargas que se realizan mediante HTTP, FTP ou BITTORRENT.
  • Previsualización do contido das pestanas en thumbnails. Agora, cando nos sitúemos sobre unha pestana, poderemos ve-lo que contén en forma dunha pequena imaxe flotante (o que tecnicamente se coñece como thumbnail).
  • Uso de Widgets, pequenas aplicacións que se poden situar no escritorio do noso sistema operativo engadindo funcionalidades. Son idénticos ós que facilita Mac VOS X ou o Windows Vista.
  • Bloqueador de contido. Podemos impedi-la visualización de imaxes ou outros elementos dunha páxina web con tan só unha pulsación de teclado e rato.
  • Posibilidade de configura-la nosa ferramenta de busca, tal e como xa inclúen a maioría dos navegadores.
  • Editor de texto avanzado.

Historial das versións para Windows[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Opera

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]