Mozia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mozia
Isola di mozia.jpg
Vista da illa
Mozia (posizione).png
Localización da illa
Situación
País Italia Italia
Comuna Marsala
Arquipélago Illas do Grande Estanque de Marsala
Mar Mar Mediterráneo
Coordenadas 37°52′06″N 12°28′07″L / 37.86833, -12.46861Coordenadas: 37°52′06″N 12°28′07″L / 37.86833, -12.46861
Xeografía
Superficie 0´45 km²
Demografía
Lingua propia Italiano

Mozia (grego antigo: Μοτύη, Μοτύα; italiano: Mozia, Mothia; siciliano: Mozzia; inglés: Motya), a día de hoxe San Pantaleo, é unha illa da lagoa de Marsala na provincia de Trapani. Na illa estaba situada a antiga cidade fenicia do mesmo nome. A illa está situada fronte á costa oeste de Sicilia, entre a Illa Grande e o continente, e pertence á Fundación Whitaker.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa esténdese por case corenta e cinco hectáreas e mostra unha forma case circular, está no centro do Grande Estanque de Marsala, que desde 1984 é reserva natural rexional das illas do Grande Estanque de Marsala. O nivel do mar incrementouse en preto de dous metros por encima da época fenicia, e polo que parte dos restos arqueolóxicos está mergullado. O subsolo componse de pedra calcaria blanda, coroada por unha fina capa de dura pedra calcaria.

O acceso á illa só se permite en dous peiraos privados, que ademais de uniren a mesma coa parte continental permiten visitar as outras illas da lagoa. A illa pertence á Fundación Whitaker, o público pode visitala durante as horas de apertura, está en vigor a prohibición de desembarco non autorizada. Na antigüidade, unha estrada unía a parte continental coa illa, hoxe en día está mergullada, e xa non é viable debido á erosión das algas.

Historia[editar | editar a fonte]

Reconstrución aérea da illa, como se veía a finais do século V a.C.

Foi colonia fenicia, probablemente só un centro comercial que se converteu en cidade co tempo. Os gregos dicían que fundouna lendariamente por unha muller chamada Motia, e conectárona con Hercules.

Sobre o século VII a.C. pasou a depender de Cartago. A medida que os gregos establecían colonias, os cartaxineses concentráronse nas tres principais: Sos (Solus), Panormo (Panormus) e Mozia (Motya), esta última a máis próxima a Cartago, polo que se converteu en capital das posesións cartaxinesas na illa.

É mencionada como colonia cartaxinesa no 415 a.C. durante a expedición ateniense. No 409 a.C., cando o xeneral Aníbal Magón desembarcou en Sicilia deixou a súa frota en Mozia mentres avanzaba por terra para atacar Selinunte. Nesta época foi saqueada (como tamén Panormo) por Hermócrates, o exiliado siracusano establecido na zona. Durante a expedición cartaxinesa ao mando de Amílcar Barca (407 a.C.), os cartaxineses usárona como base da súa frota.

No 397 a.C., Dionisio I de Siracusa atacouna e a asediou. A resistencia foi épica; logo de gañaren as murallas e as torres, os habitantes resistiron rúa a rúa, casa por casa; os que sobreviviron e non puideron escapar, foron executados por Dionisio como castigo. Biton foi nomeado gobernador por Dionisio, e o seu irmán Leptines converteuna en base da frota siracusana.

No 396 a.C. desembarcou en Panormo o xeneral cartaxinés Himilcón e reconquistou a cidade, onde non atopou case resistencia. Himilcón fundou entón Lilibea, que tiña unha mellor situación, e trasladou alí aos habitantes de Motya que sobreviviran. A vella Motya desapareceu da historia e o illote foi habitado só por pescadores.

No século XI a illa foi doada polos normandos á abadía de Santa Maria della Grotta di Marsala dos monxes Basilianos, e que logo deron a illa o mome de San Pantaleón (desde o século XI) en honra ao seu santo fundador da orde.

Na segunda metade do século XVI, xunto cos mosteiros de Palermo e Marsala, pasou aos Xesuítas, e o final do Settecento - coa expulsión da orde de Sicilia - pasou a mans de pequenos propietarios que cultivaban principalmente os viñedos, e de feito fano aínda hoxe en día.

A comezos do século Século XX toda a illa foi comprada por Joseph Whitaker, arqueólogo e herdeiro dunha familia inglesa que se trasladou a Sicilia enriquecido coa produción de viño de Marsala. Foi o primeiro en promover a escavación arqueolóxica real. Pódense ver algunhas ruínas, fragmentos das murallas e das dúas portas, tamén se acharon algunhas moedas e cerámica.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]