Hamílcar Barca
Nome orixinal | (xpu) 𐤇𐤌𐤋𐤒𐤓𐤕 𐤁𐤓𐤒 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 275 a. C. Cartago, Tunisia |
Morte | 228 a. C. (46/47 anos) Río Xúcar, España |
Causa da morte | afogamento |
Actividade | |
Ocupación | político, oficial |
Carreira militar | |
Lealdade | Antiga Cartago |
Rama militar | Exército de Cartago |
Conflito | Primeira Guerra Púnica |
Familia | |
Familia | Bárcidas |
Fillos | segunda filla de Hamílcar Barca, filla máis vella de Hamílcar Barca, Magón Barca, Asdrúbal Barca, Haníbal, terceira filla de Hamílcar Barca |
Descrito pola fonte | Enciclopedia militar Sytin Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Hamílcar Barca,[1] nado en c. -275 e finado en -228, foi un xeneral cartaxinés e pai de Haníbal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Hamílcar foi comandante naval na primeira guerra púnica atacando a costa de Bruttio. En Sicilia estivo resistindo nun posto avanzado cerca de Palermo, mentres que os romanos intentaron expulsalo.
Dirixiu as incursións na costa suroccidental de Italia, conquistou o monte Erice, e abandonou o seu mando ó final da guerra despois de negociar un tratado de paz, e producíronse revoltas nas tropas mercenarias do exército cartaxinés, na que despois Hamílcar foi destinado para acabar con elas, pero a loita custou moitas vidas.
Ó final Hamílcar colaborou con Hannón para conquistar Útica. Máis tarde foi enviado a Hispania acompañado dos seus tres fillos.
Hamílcar casou unha das súas fillas con Asdrúbal, instalou a súa base en Cádiz e estendeuse polo sur de Hispania, fundando a cidade de Alacant.
Hamílcar afogou mentres marchaba de Hélike.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2024-11-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Atlas histórico de la roma Clásica. Odile Wattel . Edicións archivos acento, 2000.