Mourulle, Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mourulle
MourullePonte.jpg
Ponte Mourulle
Mourulle, Taboada, Galiza.png
ConcelloTaboada[1]
ProvinciaLugo
Poboación13 hab. (2021)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

San Vicente de Mourulle é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2021 tiña 13 habitantes (8 homes e 5 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

En rigor, a parroquia non conta con ningún núcleo, posto que o seu único lugar, Mourulle, foi anegado polas augas do encoro de Belesar no Nadal de 1962. Moitos veciños instaláronse no lugar de Friamonde, na parroquia de San Xián de Insua, a escasos quilómetros.

Tamén a poucos quilómetros atopábase a Ponte Mourulle construída despois da guerra civil utilizando presos políticos como man de obra. Foi logo bautizada como Ponte Fortes, en homenaxe ao comerciante taboadés que máis impulso lle deu. Permitía cruzar o río na estrada entre Rubián e Palas, sendo a única ponte entre Portomarín e Chantada, e foi igualmente anegada co encoro. En 1967 construíuse a nova ponte, uns metros máis abaixo, coñecida como Ponte Mourulle ou, popularmente, Ponte dos Parafusos.[2]

Mourulle deu nome tamén á paraxe onde se construíu o club náutico municipal en 1999.

Demografía[editar | editar a fonte]

Gráfica de evolución demográfica de Mourulle entre 2000 e 2020
Datos segundo o IGE.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Mourulle[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Mourulle no concello de Taboada (Lugo)

Friamonde

Parroquias de Taboada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo) | Arxiz (San Paio) | Bembibre (San Pedro) | Bouzoa (San Xoán) | Campo (San Xián) | Carballo (San Tomé) | Castelo (Santa María) | Cerdeda (Santa Mariña) | Cicillón (Santiago) | Couto (San Martiño) | Esperante (Santiago) | Fradé (Santiago) | Gondulfe (San Lourenzo) | Insua (San Salvador) | Mato (San Martiño) | Meixonfrío (Santa Mariña) | Moreda (Santa María) | Mourulle (San Vicente) | Piñeira (Santa María) | San Xián de Insua (San Xián) | Sobrecedo (Santiago) | Taboada dos Freires (Santa María) | A Torre (San Mamede) | Vilameñe (Santa Mariña) | Vilar de Cabalos (Santa Eulalia) | Vilela (San Miguel) | Xián (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Díaz-Castroverde, J. L. (2019). "Comunicacións de Taboada coa Terra de Lemos, Miño en medio, ao longo dos séculos XVI e XX". Alicerces. Revista de estudos sobre o Miño medio (5): 73–108. 
  3. "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia. Consultado o 12 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]