Taboada dos Freires, Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Taboada dos Freires
Taboada dos Freires.JPG
Taboada dos Freires, Taboada, Galiza.png
ConcelloTaboada[1]
ProvinciaLugo
Poboación84 hab. (2014)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Taboada dos Freires é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 84 habitantes (43 homes e 41 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada no oeste do municipio e linda coas parroquias de Fradé, Cerdeda, Bouzoa, O Mato, Esperante, Piñeira de Gondulfe. A parroquia ocupa un val, atravesado polo río Toldao (que dá nome a unha aldea). Proliferan o carballo, o castiñeiro e outras especies autóctonas do país.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai catro poboados castrexos, todos eles sen escavar, que delimitan o espazo da parroquia: o de Carboeiro (entre Bouzoa e Cerdeda), o de San Lourenzo de Gondulfe, o de Piñeira e o de Cimbraos (no Mato).

A igrexa de Santa María de Taboada dos Freires foi construída en 1190 polo Mestre Pelaxio. Ten planta rectangular, e foi ampliada con posterioridade. Formaba parte dun antigo mosteiro, do cal tomou o topónimo a parroquia, situado segundo Nicanor Rielo Carballo no lugar que ocupaba a horta da casa reitoral. A comezos do século XIII o mosteiro pertencía á Orde do Temple, que en 1233 -coincidindo co Capítulo Xeral que celebraban en Benavente, asinaron unha concordia coo bispo Miguel e o seu cabido sobre os dereitos episcopais nas igrexas que posuían na diocese, entre as que se cita a de Taboada.

Tamén hai constancia documental de no século XIII estar establecido nesta parroquia, no lugar de Susá, un propietario de nome "Arias Petri de Tabulata", toponímico relacionado co lugar da Ponte Taboada, en Silleda.[2] Este individuo daría nome á aldea de Taboada, moi próxima á igrexa parroquial (non ten que ver coa Taboada que dá nome ao municipio, o cal é unha invención contemporánea baseada no histórico Condado de Taboada). Ademais, é probábel que, en tempos, neste lugar se desenvolvese actividade téxtil, atendendo a microtopónimos como Batán, Liñares ou Pena Liñaza.

Durante o Antigo Réxime pertencía á xurisdición de Vilar.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de Santa María de Taboada dos Freires é unha das poucas igrexas de orixe templaria do país. Construída no 1191, é obra do Mestre Pelaxio, como figura no tímpano, onde está representando a Sansón degolando un león. Debeu ser parte dun mosteiro hoxe desaparecido. En 1920 foi profundamente reformada, cunha prolongación da nave cara ao leste, onde se recolocou unha das xanelas orixinais, e tamén se construíu o actual retablo, en madeira.

Contaba cunha casa reitoral do século XVII que estivo ocupada até a década de 1980. En febreiro de 2018 veuse abaixo após décadas de abandono e desleixo,[3] e en 2020 o soar pasou á propiedade dunha asociación veciñal.

No lugar de Susá hai unha capela brasonada dedicada a San Antonio, onde hai décadas se celebraba unha romaría.

Tamén conta con un antigo teleclub, un dos poucos conservados na contorna, construído nos anos 1970.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires. 
Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires. 
Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires. 
Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires. 
Capela de S. Antonio en Susá. Ao fondo, á direita, vese o castro de Carboeiro, lindando coa parroquia de Cerdeda. 
Brasón Capela de S. Antonio 
Antigo teleclub. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Taboada dos Freires[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Taboada dos Freires no concello de Taboada (Lugo)

Amedo | Bidueiros | Outeiro | Puciños | Pumares | Susá | Taboada dos Freires | Toldao

Parroquias de Taboada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo) | Arxiz (San Paio) | Bembibre (San Pedro) | Bouzoa (San Xoán) | Campo (San Xián) | Carballo (San Tomé) | Castelo (Santa María) | Cerdeda (Santa Mariña) | Cicillón (Santiago) | Couto (San Martiño) | Esperante (Santiago) | Fradé (Santiago) | Gondulfe (San Lourenzo) | Insua (San Salvador) | Mato (San Martiño) | Meixonfrío (Santa Mariña) | Moreda (Santa María) | Mourulle (San Vicente) | Piñeira (Santa María) | San Xián de Insua (San Xián) | Sobrecedo (Santiago) | Taboada dos Freires (Santa María) | A Torre (San Mamede) | Vilameñe (Santa Mariña) | Vilar de Cabalos (Santa Eulalia) | Vilela (San Miguel) | Xián (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 6/2000, do 7 de xaneiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Lugo.
  2. Delgado Pérez, Jaime (2006). Origen del topónimo y luego apellido "Taboada": el célebre "Arias Petri de Tabulata" y la románica iglesia de Taboada dos Freires. 
  3. "Cae unha reitoral do século XVII en Taboada logo da visita duns técnicos que dixeran que non corría perigo". 19/2/2018. Consultado o 15/11/2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]