Carballo, Taboada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carballo
Taboada CasaConcello.jpg
Casa do Concello
Carballo, Taboada, Galiza.png
ConcelloTaboada
Poboación796 hab. (2014)
Entidades de poboación5

San Tomé do Carballo é unha parroquia do concello de Taboada na comarca de Chantada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2014 tiña 796 habitantes (364 homes e 432 mulleres), o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 849 habitantes. Alberga a capital municipal.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Atópase no centro xeográfico do concello, nunha planicie dominada por pastos e bosques autóctonos e de piñeiro e de eucalipto en menor medida. Está atravesada polo río Toldao.

Historia[editar | editar a fonte]

Debe o seu nome ao centenario Carballo de Ramos, situado na finca homónima, no extremo sur da vila de Taboada, catalogado como árbore senlleira pola Xunta de Galicia[1].

No lugar de Relás foi construído un pazo pertencente a unha rama da familia dos Taboada, actualmente de titularidade privada e en bo estado de conservación.

Non se constituíu como parroquia até 1898 debido ao desenvolvemento da vila de Taboada, capital municipal dende a constitución do concello no 1840. Até entón o territorio que vai dende o norte até o curso do rego da Anguieira pertencía a San Pedro de Bembibre.

A parroquia acadou un notable desenvolvemento nas primeiras décadas do século XX, debido, entre outros, á súa favorable situación xeográfica e a albergar os xulgados do partido xudicial de Chantada. Nestes anos construíuse a casa de Manuel Rigueira, de estilo modernista (1919), e a igrexa parroquial (1920).

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Carballo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Carballo no concello de Taboada (Lugo)

Carude | A Medela | A Puricela | Relás | Taboada

Parroquias de Taboada[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo) | Arxiz (San Paio) | Bembibre (San Pedro) | Bouzoa (San Xoán) | Campo (San Xián) | Carballo (San Tomé) | Castelo (Santa María) | Cerdeda (Santa Mariña) | Cicillón (Santiago) | Couto (San Martiño) | Esperante (Santiago) | Fradé (Santiago) | Gondulfe (San Lourenzo) | Insua (San Salvador) | Mato (San Martiño) | Meixonfrío (Santa Mariña) | Moreda (Santa María) | Mourulle (San Vicente) | Piñeira (Santa María) | San Xián de Insua (San Xián) | Sobrecedo (Santiago) | Taboada dos Freires (Santa María) | A Torre (San Mamede) | Vilameñe (Santa Mariña) | Vilar de Cabalos (Santa Eulalia) | Vilela (San Miguel) | Xián (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • "Árbores senlleiras de Galicia".