Moulin Rouge!
Moulin Rouge![1] é un filme musical estadounidense-australiano de 2001 dirixido, coproducido e coescrito por Baz Luhrmann. Cont a historia dun poeta inglés, Christian, que namora da estrela do cabaré Moulin Rouge, a actriz Satine. Está ambientado en Montmartre, París e é o derradeiro título da triloxía "Red Curtain" de Luhrmann, despois de Strictly Ballroom (1992) e Romeo + Juliet (1996). Unha coprodución entre Australia e os Estados Unidos, está protagonizada por Nicole Kidman e Ewan McGregor. John Leguizamo, Jim Broadbent e Richard Roxburgh aparecen nos papeis secundarios.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme está ambientado no París de 1900, onde a modernidade buscaba derrubar o pensamento convencional en todas as áreas (particularmente nas artes). Ten como tema principal o amor. Trata dun novo escritor bohemio, Christian (Ewan McGregor) que namora dunha fermosa cortesá do cabaré Moulin Rouge, Satine (Nicole Kidman). Unha noite, grazas ó azar e a unha serie de malos entendidos, o destino crúzaos. El namóraa coa súa poesía, ela enfeitízao coa luz que irradian os seus ollos. Voan. Pero todo termínase abruptamente, cando a doce Satine advirte a confusión: non era el o millonario duque ó que estaba predisposta a convencer para financiar unha obra de teatro. O novo escritor ofrécelle a ela amor verdadeiro, mentres que o rico nobre ofrécelle cumprir os seus soños de converterse nunha actriz lexítima.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Nicole Kidman como Satine
- Ewan McGregor como Christian
- Jim Broadbent como Harold Zidler
- Richard Roxburgh como The Duke of Monroth
- John Leguizamo como Henri de Toulouse-Lautrec
- Jacek Koman como The Unconscious Argentinean
- Caroline O'Connor como Nini
- Kerry Walker como Marie
- Lara Mulcahy como Môme Fromage
- Garry McDonald como o doutor
- Matt Whittet como Satie
- Keith Robinson como Le Pétomane
- David Wenham como Audrey
- Kiruna Stamell como La Petite Princesse
- DeObia Oparei como Le Chocolat
- Kylie Minogue como The Green Fairy
- Peter Whitford como The Stage Manager
- Linal Haft como Warner
Premios
[editar | editar a fonte]Foi nomeada a oito Premios Óscar, dos cales obtivo os dous primeiros:
- Mellor dirección artística
- Mellor deseño de vestiario
- Mellor película
- Mellor actriz
- Mellor cinematografía
- Mellor son
- Mellor maquillaxe
Ademais, obtivo os seguintes Globos de Ouro en 2002:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wells, John C. (2008). Longman Pronunciation Dictionary (3rd ed.). Longman. ISBN 978-1-4058-8118-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Moulin Rouge! na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Filmes de 2001
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Baz Luhrmann
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes rodados en Sidney
- Filmes rodados en Madrid
- Filmes sobre escritores
- Filmes sobre prostitución
- Filmes ambientados en 1899
- Filmes ambientados en 1900
- Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América
- Filmes musicais
- Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical