David Wenham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Wenham
David Wenham 2014 (cropped).jpg
David Wenham en 2014.
Nome completo David Wenham
Nacemento 21 de setembro de 1965 (52 anos)
Lugar Marrickville, Nova Gales do Sur, Australia Australia
Nacionalidade Australia
Cónxuxe(s) Kate Agnes (1994-presente)
Fillos Eliza Jane
Profesión Actor
http://www.david-wenham.com/

David Wenham nado o 21 de setembro de 1965 en Marrickville, Nova Gales do Sur, é un actor australiano de cine e televisión que acadou a fama internacional en 2002 pola súa interpretación de Faramir na triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa primeira interpretación consistiu nun pequeno papel na serie Sons and Daughters (1982). Despois de participar noutras series de televisión, deu o salto ó cine con Greenkeeping (1992) e Cosi (1996), das cales recibiu os parabéns do público e da crítica australiana. Pero foi con The Boys (1998) cando se afianzou definitivamente como un dos grandes actores australianos, conseguindo diversos premios e nomeamentos.

En 1998 tivo un papel principal na serie Seachange, de gran éxito, que lle serviu para afianzar a súa popularidade. En 1999 protagonizou o filme Molokai, para a que interpretou a vida do padre Damián de Molokai nunha comunidade de leprosos no Hawai do século XIX.

A participación de Wenham en filmes más de soa mundial inclúen un pequeno papel en Mouling Rouge! (2001), o personaxe de Faramir en O Señor dos Aneis: As Dúas Torres (2002) e O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei (2003) da triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson, ó monxe Carl en Van Helsing (2004) e ó soldado espartano Dilios en 300 (2007).

Tamén foi protagonista na versión teatral de Cyrano de Bergerac en Melbourne durante o 2005.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]