Motståndaren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Motståndaren
Ficha técnica
Título orixinalMotståndaren
DirectorMilad Alami
ProdutorAnnika Rogell
GuiónMilad Alami
IntérpretesPayman Maadi
Marall Nasiri
Björn Elgerd
MúsicaCarl-Johan Sevedag
Jan Ekstrand
FotografíaSebastian Winterø
MontaxeOlivia Neergaard-Holm
EstudioApe&Bjørn
Tangy
DistribuidoraTriArt Film
EstreaBerlín: 18 de febreiro de 2023
Duración119 minutos
OrixeSuecia Suecia
Noruega Noruega
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt16311444 Filmaffinity: 153961 Editar o valor em Wikidata

Motståndaren (en persa: دشمن) é un filme sueco-noruegués de 2023 escrito e dirixido por Milad Alami.[1] Está protagonizado por Payman Maadi como Iman, un home iraniano que viaxou a Suecia como refuxiado coa súa muller Maryam (Marall Nasiri) e as súas fillas Asal (Nicole Mehrbod) e Sahar (Diana Farzami). O resto do elenco está composto por Björn Elgerd, Amirali Abanzad, Ahmed Abdullahi, Robin Ahlqvist, Leyla Aksoy, Anton Andersson, William Arvidsson, Helya Beikzadeh, Anton Carlsson, Ardalan Esmaili, Diana Farzami, Sevin Fidan, Anton Jalneskog, Jonatan Jednell, Tobias Johansson, Arvin Kananian e Max Karlsson.

Foi escollido como candidato de Suecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[2][3] mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Un loitador en Irán antes de verse obrigado a escapar do país, volve ao deporte coa esperanza de acelerar a súa solicitude de asilo probando para a selección sueca de loita libre. Porén, revélase que a verdadeira razón para abandonar Irán foi que un dos seus antigos compañeiros de equipo presentouno á comunidade como un home gai, o cal está penado coa pena de morte na República Islámica de Irán.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]