Molchat Doma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Molchat Doma
De esquerda a dereita: Roman Komogortsev, Egor Shkutko e Pavel Kozlov.
OrixeMinsk, Belarús Belarús
Período2017−presente
Xénero(s)Synthpop, coldwave, post-punk, new wave
Selo(s) discográfico(s)Detriri, Sierpien, Sacred Bones Records
MembrosEgor Shkutko
Roman Komogortsev
Pavel Kozlov
Na rede
molchatdoma.com
Facebook: molchatdomaband Twitter: molchatdomaband Instagram: molchatdomaband VK: molchatdoma Youtube: UCK7awvr80upziSM47-h0Odw TikTok: molchatdomaband Bandcamp: domamolchatSouncloud: molchatdoma Spotify: 1nVq0hKIVReeaiB3xJgKf0 iTunes: 1437189487 Last fm: молчат+дома Musicbrainz: 11bcbbf4-1252-496a-b747-06942f3d76db Songkick: 9745739 Discogs: 6271575 Allmusic: mn0003904420 Deezer: 51183182 Genius: Molchat-doma Editar o valor em Wikidata

Molchat Doma (en ruso Молчат Дома, "Casas en silencio") é unha banda de post punk belarusa. A súa música combina elementos de post-punk, new wave, darkwave e mais synth-pop.[1][2] Segundo as métricas de Spotify, as cidades con maior número de ouvintes da banda son Cidade de México, Santiago de Chile, Os Ánxeles (Estados Unidos), Helsinqui e Estocolmo.[3]

Historia[editar | editar a fonte]

A banda fundouse a comezos do ano 2017 en Minsk, por Egor Shkutko e Roman Komogortsev.[4] Nun principio o grupo estaba formado por Komogortsev e Shkutko, este último como baixista. Buscando deron ao pouco tempo con Pavel Kozlov. Kozlov uniríase a metade de ano e Molchat Doma estableceríanse como un trío musical.[5]

O grupo foi contratado polo selo independente alemán Detriri Records, publicando os álbums С крыш наших домов en 2017[6] e Этажи no ano seguinte. Este último foi incluído nos "20 mellores álbums de 2018" segundo os críticos británicos.[7]

Molchat Doma en "Kablys + Kultūra" (Lituania) o 6 de outubro de 2019.

En 2019 presentáronse en festivais como Pop-Kultur (Berlín, Alemaña)[8] e Tallinn Music Week (Talín, Estonia), onde foron eloxiados polo xornalista británico Kiron Tyler. Tyler afirmou deles que "son un grupo de clase mundial" e que "a comprensión instintiva do trío é especial".[9][10] Entre o 5 e o 8 de novembro de 2019 a banda xirou por España, sen parada en Galicia.[5]

En xaneiro de 2020 asinaron coa casa neoiorquina Sacred Bones, reeditando os seus dous primeiros álbums en vinilo para América. Ademais, a banda xiraría por primeira vez en Norteamérica, xunta Chrysta Bell,[11] sumada a unha presentación en Fluff Fest (República Checa), festival independente orientado normalmente ao hardcore punk.[12] Estes concertos foron cancelados debido á pandemia de COVID-19.[13]

A banda contribuíu a un álbum tributo a Black Sabbath, titulado What Is This That Stands Before Me?, xunto con outras bandas de Sacred Bones. Interpretaron a súa propia adaptación de "Heaven and Hell" en ruso.[14] O álbum foi publicado en maio de 2020,[14] e a canción foi sacada como sinxelo en plataformas dixitais.[15]

O 25 de agosto de 2020, xunto a Molly Nilsson, The Youth Underground e diversos músicos de orixe europea participaron no álbum For Belarus, de vinte e dúas cancións. Molchat Doma cedeu a canción "Я не коммунист" ("Eu non son comunista"). Os fondos obtidos da venda do álbum, cuxo prezo é voluntario, serán destinados para Belarus Solidarity Foundation, entidade que apoia a cidadanía reprimida pola súa participación nas folgas e protestas de Belarús.[16]

O 15 de setembro de 2020 anunciaron que editarán o seu terceiro álbum, titulado Monument.

Estilo musical e influencias[editar | editar a fonte]

Molchat Doma ten declarado que foron influenciados polo rock ruso dos anos 80, da era da Perestroika e especialmente de Kino.[17] Tamén citaron a The Cure, Joy Division e Depeche Mode.[18][19]

Molchat Doma en San Petersburgo (Rusia) o 5 de setembro de 2020.

No seu sitio web, o trío describe o seu son como "post-punk, new wave e un extremadamente escuro synth-pop".[20] A súa música tamén se considera coldwave. Nas súas cancións destaca o lugar que ocupa a caixa de ritmos substituíndo a batería.[21] O sitio web Emerging Europe describiu as súas letras como "non explicitamente antisoviéticas" senón "[pintando] unha imaxe sombría da vida baixo o comunismo, así como da vida contemporánea en Belarús, un país que aínda intenta liberarse das cadeas do seu pasado comunista."Se existisen hai corenta anos, a censura estatal soviética negaríalle á banda o dereito de gravar".[22] Molchat Doma tense relacionado asiduamente coa música doomer, un tipo específico de música que contén atmosferas frías e sombrías, letras tristes e introspectivas xeralmente centradas na soidade e un son distópico.[22][23] Como resultado, moitas das súas cancións aparecen en "listas de reprodución doomer" de YouTube, algo que xogou un papel clave na súa popularidade. Unha crítica do seu primeiro álbum en 2017 sinalou que:

Non fixeron trampas e escribiron grandes textos sinceros, cuxas liñas pódense sacar de contexto como se quiera e case ao chou, mais serán no tema interesantes, memorábeis e perfectamente citados; gravaron música impresionante no espírito dos buques insignia e lendas do xénero como Joy Division, Bauhaus e The Cure; finalmente, dalgún xeito descoñecido esforzáronse, nalgún lugar xiraron algunhas palancas, tocaron un concerto onde era preciso, e así atoparon persoas interesadas na súa música, un público obxectivo moi específico que calquera creador precisa moito.[24]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Egor Shkutko – voces
  • Roman Komogortsev – guitarras, sintetizadores, caixa de ritmos, percusión
  • Pavel Kozlov – baixo, sintetizadores

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Сити-квест: прогулка с "Молчат Дома" по Минску". www.mtv.ru (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  2. "Что послушать из современной беларусской музыки?". 34mag.net (en belaruso). Consultado o 3 de febreiro de 2020. 
  3. "Molchat Doma". Spotify (en castelán). Consultado o 2 de xuño de 2020. 
  4. "Eine der beliebtesten New-Wave-Bands aus Osteuropa kommt nach Berlin". Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Muzikalia. "Entrevistamos a Molchat Doma" (en español). Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  6. "Рецензия на альбом группы Молчат Дома "С Крыш Наших Домов"". Astarta (en ruso). 2 de outubro de 2017. Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  7. "Best Releases of 2018". post-punk. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  8. "«Молчат дома». «Танцевать»". Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  9. "Британский критик заслушался молодой минской группой". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  10. "Tallinn Music Week 2019 review: 'We All Value Being European'". Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  11. Pearis, Bill (28 de xaneiro de 2020). "Belarusian darkwave band Molchat Doma sign to Sacred Bones, reissuing LPs, touring North America". BrooklynVegan. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  12. Fluff Fest. "Fluff Fest – Molchat Doma" (en inglés). Consultado o 16 de xuño de 2020. 
  13. Amter, Charlie (18 de maio de 2020). "Belarusian Group That Sounds Like Joy Division Scores Streaming Hit on Anniversary of Ian Curtis' Death". Variety. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  14. 14,0 14,1 "Hear Marissa Nadler, Zola Jesus, Thou, Uniform, more cover Black Sabbath". Revolver. 1 May 2020. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  15. "Небеса и Ад (Heaven and Hell) - Single by Molchat Doma". Apple Music. Consultado o 3 de xuño de 2020. 
  16. Molchat Doma y mas músicos lanzan el álbum For Belarus Indie Rocks. Consultado o 9 de outubro de 2020.
  17. Velikanov, Alexander (10 de setembro de 2019). "The Story of a Vampire in a Clip of New Indie Rock Heroes from Belarus With International Amontions". 
  18. Tyler, Kieron (31 de marzo de 2019). "Tallinn Music Week 2019 review: 'We All Value Being European'". The Arts Desk. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  19. Molchat Doma Interview The Village (Video) (en Ruso con subtítulos en inglés). YouTube. 4 de xaneiro de 2020. Escena en 1:08. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  20. "Molchat Doma". molchatdoma.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2020. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  21. Lusso, Fabrizio (1 de agosto de 2018). "WL//WH Track Of The Day: Molchat Doma “Volny”". White Light//White Heat. Consultado o 7 de xuño de 2020. 
  22. 22,0 22,1 Turp-Balazs, Maximilian (15 de febreiro de 2020). "Postcard from a Molchat Doma gig". Emerging Europe. Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  23. Walsh, Anya (6 de novembro de 2019). "Musique Doomer: le son du spleen russe devient un phénomène YouTube". Neon (en francés). Consultado o 13 de xuño de 2020. 
  24. Алексей "Astarte Eel" Иринеев (02-10-2017). Molchat Doma: S Krysh Nashikh Domov Astartaview.ru. Consultado o 13 de outubro de 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]