Moh Kouyaté

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moh Kouyaté
Moh! Kouyaté06112015.jpg
Moh! Kouyaté en Pointe-Noire.
Nome completoMoh Kouyaté
Nacemento21 de abril de 1977 (42 anos)
OrixeConakry, Guinea Guinea
OcupaciónCantante e músico
Instrumento(s)Voz e guitarra
Tempo en activo-presente
Na rede
www.mohkouyate.com
editar datos en Wikidata ]

Moh Kouyaté ou Moh! Kouyaté nado en Conakry o 21 de abril de 1977, é un cantante e guitarrista guineano residente en París.[1] As súas composicións son unha ponte entre as súas raíces mandingas e inspiracións contemporáneas do blues, do jazz ou do pop.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos na Guinea[editar | editar a fonte]

Nado no seu dunha familia djelis (griots), comezou aprendendo a tocar o balafon, instrumento emblemático da tradición mandinga, cuxos potenciais rítmicos e melódicos salientan para cancións que celebran a coraxe e a solidariedade, que instrúen ou consolan.[3] Mentres o seu pai lle transmitiu os primeiros rudimentos de guitarra, foia a súa avoa a que o incitou a involucrarse na tradición familiar[3] e lle ofrece o seu primeiro instrumento de corda. Segundo as súas palabras. "Ela tivo un papel moi especial na miña vida. Dormía na súa casa, comía con ela, ela dábame moito amor. Foi ela a que mercou un ukelele no mercado, cando tiña doce anos, e me dixo que un griot novo tiña que tocar e cantar.[3][4]

Dende mozo, acompañou a seu pai en cerimonias e festas, mais axiña se desenvolve como músico e crea o seu propio grupo, o "Conakry Cocktail",[5] o cal marcará as súas actuacións na capital guineana, Conakry.[3] Moitos dos seus músicos son os seus irmáns, sendo fiel a unha tradición que fai que a familia teña un lugar privilexiado na práctica e na transmisión musical. Con influencias que son unha homenaxe ás iconas da música guineana,[6] como o Bembeya Jazz e o seu guitarrista Sékou Diabaté, o guitarrista de Salif Keïta, Ousmane Kouyaté, e sobre todo Sory Kandia Kouyaté, tamén mestura son contemporáneos de George Benson, de Carlos Santana ou de Ben Harper. Jimi Hendrix tamén foi unha grande influencia para Moh! Kouyaté durante as súas improvisacións libres.[6][7][8][9]

Instalación en Francia[editar | editar a fonte]

Despois de marchar a Francia, estrea o seu primeiro álbum Cilo,[10] e despois un segundo, Loundo (que quere dicir «Un día» en mandinga), froito de anos de maduración profesional.[11]

Despois de dous anos de xiras con Loundo, lanzou o seu terceiro álbum, Fe Toki en setembro de 2017,[12], o cal presentou en directo en New Morning, en París.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Moh! Kouyaté live dans Néo Géo!". www.novaplanet.com. 27 de xuño de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  2. Julien Le Gros (21 de marzo de 2011). "Le blues mandingue de Moh Kouyaté". www.africultures.com. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "La guitare enchantée de Moh! Kouyaté". www.rfimusique.com. 24 de febreiro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  4. Elle a eu un rôle très particulier dans ma vie. Je dormais chez elle, je mangeais avec elle, elle m’apportait beaucoup d’amour. C’est elle qui m’a acheté un ukulélé au marché, quand j’avais une douzaine d’années, et qui m’a dit qu’un jeune griot devait jouer et aussi chanter.
  5. Samba Marco (13 de setembro de 2014). "Lutte contre Ébola : le groupe Conakry Cocktail s’engage". leconakryka.com. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  6. 6,0 6,1 Jean-Sébastien Josset (30 de xaneiro de 2015). "Les sons de la semaine #28 : Moh! Kouyaté, Gradur, J. Martins et Youssou Ndour". www.jeuneafrique.com. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  7. ASTRID KRIVIAN (2 de decembro de 2017). "Moh ! Kouyaté : « La musique est l'arme du futur »". Le Point Afrique (en francés). Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  8. "Moh! Kouyaté en paix". RFI Musique (en francés). 20 de setembro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  9. "Moh Kouyaté, libre de toute transgression". Le Monde.fr (en francés). 23 de novembro de 2017. 
  10. "De retour au bercail, l’artiste Moh! Kouyaté présente son nouvel opus". guineenews.org. 24 de xaneiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  11. "Ambiance Facile, avec Moh Kouyaté". www.franceinter.fr. 15 de febreiro de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2015. 
  12. "En sol majeur - Moh ! Kouyaté". RFI (en francés). 23 de xullo de 2017. Consultado o 13 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]