Mirko Cvetković
Nome orixinal | (sr) Мирко Цветковић |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de agosto de 1950 (74 anos) Zaječar (República Federal Socialista de Iugoslavia) |
Minister of Finance (en) | |
14 de marzo de 2011 – 27 de xullo de 2012 ← Diana Dragutinović (en) – Mlađan Dinkić (en) → | |
Anexo:Lista de primeiros-ministros da Sérvia (pt) | |
7 de xullo de 2008 – 27 de xullo de 2012 ← Vojislav Koštunica – Ivica Dačić (pt) → | |
Minister of Finance (en) | |
15 de maio de 2007 – 7 de xullo de 2008 ← Mlađan Dinkić (en) – Diana Dragutinović (en) → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Serbia República Federal de Iugoslavia República Federal Socialista de Iugoslavia Serbia e Montenegro |
Relixión | Igrexa ortodoxa serbia |
Educación | University of Belgrade Faculty of Economics (en) Universidade de Belgrado (pt) |
Actividade | |
Ocupación | economista , político |
Partido político | político independente |
Lingua | Lingua serbia e lingua inglesa |
Páxina web | srbija.gov.rs… |
Mirko Cvetković (en serbio cirílico: Мирко Цветковић), nado en Zaječar, Iugoslavia (actualmente Serbia), o 16 de agosto de 1950), foi Primeiro Ministro de Serbia dende 2008 até 2012.
Biografía
[editar | editar a fonte]Graduouse na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Belgrado, onde tamén obtivo a súa mestría e doutoramento.
Traballou no Instituto de Minería durante dez anos e logo no Instituto de Economía outros seis anos,[1] ademais de sete anos na firma de asesoramento e investigación CES Mecon, onde traballou como consultor e en 2005 como asesor especial ao Director General en Intercom Consulting.
Na década de 1980 foi consultor exterior para o Banco Mundial nunha serie de proxectos en Paquistán, India e Turquía, e no Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento en Somalia.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Dende xaneiro de 2001 Cvetković traballou como Viceministro de Economía e Privatización no Goberno de Zoran Djindjić. De 2003 a 2004 foi Director da Axencia de Privatización.
Foi Ministro de Finanzas do Goberno de Serbia desde maio de 2007, ata que, o 27 de xuño de 2008, o Presidente Boris Tadić nomeouno Primeiro Ministro tras as eleccións parlamentarias que se celebraron en maio.
Tomou oficialmente posesión do seu cargo o 7 de xullo despois de facer o seu xuramento na Asemblea Nacional de Serbia. No seu discurso de apertura Cvetković dixo que un dos primeiros pasos do novo Goberno será a de presentar o Acordo de Estabilización e Asociación coa Unión Europea ao Parlamento para a súa ratificación e que non aceptaría a declaración unilateral de independencia de Kosovo. Tamén dixo que o Goberno reforzaría a economía e a responsabilidade social e loitaría sen cuartel contra a delincuencia e a corrupción, e a favor da xustiza internacional.[1] Unha das primeiras iniciativas lexislativas foi a ratificación do acordo enerxético coa Federación Rusa.
En maio de 2009, recibiu en Belgrado ao Vicepresidente de Estados Unidos Joe Biden, na primeira visita oficial dun mandatario norteamericano tralas guerras iugoslavas. Biden afirmou o seu "respaldo a Serbia no seu camiño cara á Unión Europea".[2]
Dentro da política serbia de integración europea e cooperación cos países veciños, Cvetković declarou publicamente en outubro de 2009 que Serbia "recoñecía a integridade territorial de Bosnia e Hercegovina e que aceptaría todo acordo ao que chegasen os tres pobos bosníacos, serbios e croatas que a habitan.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Publicou unha serie de documentos e artigos sobre a privatización en Serbia e no estranxeiro. Está casado con Zorica Cvetković e ten dous fillos. Fala inglés con fluidez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Mirko Cvetković". Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2009. Consultado o 22 de novembro de 2009.
- ↑ Biden apoia o camiño de Serbia á UE, a pesar das diferenzas por Kósovo
- ↑ "Cvetković: Aceptamos un acordo entre o tres pobos de Bosnia e Hercegovina". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 22 de novembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Goberno de Serbia
- Biografía por Fundación CIDOB Arquivado 01 de abril de 2009 en Wayback Machine.