Gonzalo Concheiro
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1963 Ordes, España |
| 2015 – 2016 (dimisión) ← Mini – María Jesús Novo Gómez → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, médico |
| Familia | |
| Irmáns | Antonio Concheiro Coello Ángel Concheiro Coello |
Gonzalo Concheiro Coello, nado en Ordes en 1963, é un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Concheiro Carro e neto de Antonio Concheiro Iglesias. Irmán de Antonio Concheiro Coello. Nas eleccións municipais de 2003 concorreu como número dous da candidatura do PPdeG en Boimorto encabezada por Luís Verea e foi elixido concelleiro. Nas municipais de 2015 presentouse como cabeza de lista do PPdeG que obtivo cinco concelleiros e foi a lista máis votada, pero non foi alcalde porque houbo un pacto entre o PSdeG e o BNG. En agosto de 2015 presentou unha moción de censura e foi elixido alcalde co apoio do concelleiro non adscrito José Balado, que se presentara ás eleccións como número tres do PSdeG[1]. En maio de 2016 dimitiu como alcalde e concelleiro[2] debido á súa implicación nunha suposta estafa a compañía de seguros ligada a accidentes de tráfico[3].
| Predecesor: Xosé Luís Rivas Cruz |
Alcalde de Boimorto 2015 - 2016 |
Sucesor: María Jesús Novo Gómez |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O PP quítalle a alcaldía ao BNG en Boimorto co voto dun tránsfuga do PSOE nun tenso pleno". Praza.gal. 14 de agosto de 2015. Consultado o 14 de agosto de 2015.
- ↑ "Dimite o alcalde de Boimorto nove meses despois de desbancar a 'Mini' cun tránsfuga". Praza pública. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2016. Consultado o 12 de maio de 2016.
- ↑ Dimite el alcalde de Boimorto por su implicación en una investigación como médico