É unha especie moi dura e de cor escura, ás veces con estrías amarelas moi finas. De tamaño medio pode chegar os 30 metros de altura, excepcionalmente ata 45 [3], e o diámetro do toro pode acadar os 60-100 centímetros, aínda que usualmente ten menos.
A súa madeira, denominada wengé, utilízase na fabricación de mobles, na carpintería de interior, ebanistería ou pisos. En África emprégase tradicionalmente para a realización de tambores, por mor da súa boa resonancia e xa na época moderna en instrumentos de corda polo o seu característico timbre e duración do son, en especial en guitarras, baixos e os seus accesorios.