Cetinje
Aparencia
| Цетиње (cnr-cyrl) Cetinje (cnr) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Montenegro | |||
| Concello | Cetinje (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 13.991 (2011) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 910 km² | |||
| Altitude | 650 m | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 81250 | |||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Veliko Tarnovo (2006–) Sinaia (pt) Rijeka (2010–) Khárkiv (2011–) Gaziantep (2013–) Alba Iulia (2021–) | |||
| Sitio web | cetinje.me | |||
Cetinje é unha cidade do estado balcánico de Montenegro, que foi historicamente a capital do país, até que despois da segunda guerra mundial foi substituída pola cidade de Podgorica. A súa poboación é de pouco máis de 16.000 habitantes. É a capital do concello homónimo.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Cetinje está situada nun planalto kárstico a 672 m de altitude no interior sur de Montenegro, rodeado de montañas como o monte Lovcen (1749 m), mais a moi escasa distancia da costa (apenas uns 42 km de Kotor e 30 de Budva), do Lago Shkodrës, o máis importante dos Balcáns, e da capital actual do país (uns 46 km).
Monumentos
[editar | editar a fonte]Dada a súa historia e pese ao seu escaso tamaño urbano, Cetinje conserva algúns importantes monumentos:
- Igrexa dos Pastores (Vlaska crkva), construída a partir de 1450.
- Pazo Real, dos antigos monarcas de Montenegro, que aquí tiñan a súa residencia, e na actualidade Museo Nacional de Montenegro.
- Pazo Azul, residencia do príncipe herdeiro montenegrino.
- Pazo de Njegos, residencia do bispo Petar Petrovic Njegos, fundador do estado de Montenegro, na primeira metade do século XIX.
- Os edificios das antigas embaixadas, estabelecidas a partir de 1878.
- Antiga sede do Banco Montenegrino, declarada "monumento cultural de extraordinario valor arquitectónico", actual sede do Museo do Diñeiro do Banco Central de Montenegro.[1]
- Atópase ás portas do Parque Nacional Lovcen, que contén o Mausoleo de Petar Petrovic Njegos.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cetinje |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Money Museum". Central Bank of Montenegro.
