Casa de Petrović-Njegoš

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Casa de Petrović-Njegoš
Coat of arms of the House of Petrović-Njegoš (alt).svg
TítulosPríncipe-Bispo, Príncipe, Rei
FundadorDanilo I Petrović-Njegoš
Último gobernanteNicolao I
Xefe actualPríncipe Nicolao (II)
Fundación1696
Disolución1918
Ramas menoresNingunha
Estandarte real de Nicolao II.

A Casa de Petrović-Njegoš (en serbio: Петровић-Његош) foi a familia reinante de Montenegro desde 1696 até 1918. Montenegro gozara dunha independencia de facto do Imperio otomán desde 1711 pero só recibiu recoñecemento formal internacional como principado independente en 1878.

O país foi gobernado desde un principio polos denominados Vladikas, Príncipes-Bispos, que tiñan un rol temporal e espiritual. En 1852 este rol foi emendado para ser puramente temporal. En 1910 o príncipe gobernante Nicolao I anunciou a súa ascensión a rei. Seis anos máis tarde, Nicolao I foi derrocado pola invasión e ocupación do seu país por Austria-Hungría que foi seguida polo seu deposición formal pola Asemblea de Podgorica en 1918 cando Montenegro foi anexionado ao emerxente Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.

Seguiu un período de oitenta anos de control desde Belgrado durante o cal Nicolao I morreu no exilio en Francia en 1921, sucedido pouco despois pola sorprendente abdicación do seu fillo Danilo III, o mesmo ano. O sobriño deste último, Mihailo Petrović-Njegoš, herdou os títulos dos seus predecesores mentres que no seu exilio en Francia sobreviviu ao arresto e internamento ordenados por Adolf Hitler por rexeitar encabezar un estado monicreque montenegrino aliñado coas Potencias do Eixo. Despois, serviu no réxime comunista iugoslavo como Cabeza de Protocolo. Foi sucedido polo seu fillo Nicoalo Petrović-Njegoš en 1986. Nicolao volveu a Montenegro para apoiar o movemento de independencia montenegrino que chegou a alcanzar a plena soberanía para a República de Montenegro no referendo de 2006. O actual Xefe da Casa é Nicolao II de Montenegro.

Orixe[editar | editar a fonte]

O primeiro devanceiro coñecido, Vojvoda Bogut,[1] sostivo unha cidade preto de Ugljevik durante o reinado do emperador serbio Dušan o Poderoso (c. 1331-1355). O seu fillo, Đurađ Bogutović, emigrou a unha cidade chamada Muževice en Banjani de Bosnia, fuxindo dos turcos otománs. A finais do século XIV, con todo, Bogutović e os seus fillos son vistos vivindo en Drobnjaci.

Xefes da Casa de Petrović-Njegoš (1696–Presente)[editar | editar a fonte]

Príncipes-Bispos (Vladikas) de Montenegro (1696–1852)[editar | editar a fonte]

Príncipes (Knjaz) de Montenegro (1852-1910)[editar | editar a fonte]

Rei (Kralj) de Montenegro (1910-1918)[editar | editar a fonte]

Liña de sucesión post-monarquía (1918–Presente)[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Etnografski muzej Cetinje 1963, p. 70

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]