Mileva Marić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mileva Marić
Mileva Maric.jpg
Nome completoMileva Marić Ruzić
Nome de nacementoМилева Марић (serbio)
Nacemento19 de decembro de 1875
Lugar de nacementoEnsign of Austro-Hungarian civil fleet (1869-1918).svgTitel, Voivodina, Imperio austrohúngaro (actual Serbia)
Falecemento4 de agosto de 1948 (72 anos)
Lugar de falecementoSuízaZúric, Suíza
SoterradaFriedhof Nordheim
Nacionalidadealemá, suíza e austrohúngara
EtniaPobo serbio
Relixiónxudaísmo e Cristianismo ortodoxo
Alma máterUniversidade de Zúric, ETH Zürich e Universidade de Heidelberg
Ocupaciónmatemática, física
PaiMiloš Marić
NaiMarija Ružić
CónxuxeAlbert Einstein
FillosLieserl (1902-¿1903?)
Hans Albert (1904-1973)
Eduard (1910-1965)
IrmánsZorka Marić e Miloš Marić
Na rede
WikiTree: Marić-75 Find a Grave: 8336494 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Mileva Marić (Милева Марић), tamén chamada Mileva Marić-Einstein e Mileva Marić-Ajnštajn, nada en Titel o 19 de decembro de 1875 e finada en Zürich o 4 de agosto de 1948, foi unha matemática serbia, primeira muller de Albert Einstein. Ás veces suxírese que contribuíu no aspecto matemático nas teorías deste.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Titel, Voivodina, pertencente naquel momento ao Imperio austrohúngaro (hoxe en Serbia), sendo a primeira filla do matrimonio de Milos Marić (1846-1922) e de Marija Ruzić-Marić (1847-1935)[1]. Pertencente a unha acomodada familia serbia, o seu pai rematou a súa carreira militar pouco despois do seu nacemento, conseguindo un traballo na capital do Condado de Sirmia, Ruma, onde viviu a familia entre 1877 e 1892[2]. Máis tarde, trasladáronse a Zagreb. A familia tivo outros dous fillos: Zorka (1883-1938) e Miloš (1885-?).

Foi discípula de Nikola Tesla e no 1896 foi a quinta muller que entrou no Instituto Federal Politécnico de Zúric.[3] Alí coñeceu a Einstein, con quen casou en 1903.[4]

Tras o casamento, Mileva sacrificou a súa profesión, axudando a Einstein nun período crucial dos descubrimentos científicos daquel. Tiveron unha filla, Lieserl, nada antes da voda, e dous fillos, Hans Albert, profesor de enxeñería hidráulica en Berkeley e outro, perturbado, do que coidou ata a morte.

No inverno entre 1897 e 1898, en Heidelberg (Alemaña), Mileva quedou cativada polo estudo sobre a relación entre a velocidade dunha molécula e a distancia atravesada entre colisións, escribindo sobre as súas ideas a Einstein. O tema é un elemento relevante no estudo einsteniano sobre o movemento browniano, polo que recibiría o Nobel. Einstein admiraba a independencia intelectual e ambicións de Mileva, da que dixo ser “unha criatura igual a min e tan independente coma min”. A participación que corresponde a Mileva no traballo que se lle asigna a Einstein é fortemente discutida con diversa documentación, onde ás veces Einstein fala de “os nosos traballos" e “a nosa teoría".[4]

A vida de Einstein e a de Mileva, como home e muller, e como científicos, foi desigual: Einstein deixou a Mileva por outra muller e ela pasou o resto da súa vida coidando do seu fillo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (Popovic 2003, p. XV)
  2. "Šta će biti s kućom Mileve Ajnštajn? (Cal será a casa de Mileva Maric?)". B92 (en serbio) (Belgrado). 10-6-2013. Consultado o 18-5-2017. 
  3. 3,0 3,1 "Mileva Maric, la sombra de Einstein". Consultado o 2021-04-27. 
  4. 4,0 4,1 Perdomo, Inma (2013-11-10). "Filosofía, ciencia y género : Mileva Maric. A la sombra del genio". Filosofía, ciencia y género. Consultado o 2021-04-27. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]