Mikel Irujo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMikel Irujo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Q111201414 Traducir
4 de febreiro de 2021 –
← Manuel Ayerdi Olaizola (pt) Traducir
Eurodeputado
Representa: Eusko Alkartasuna

19 de xuño de 2007 – 13 de xullo de 2009

Circunscrición electoral: España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Navarra Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoGeroa Bai
Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco
Eusko Alkartasuna Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisPello Irujo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Arantzazu Amezaga Iribarren (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Mikel Irujo Amezaga, nado en Caracas o 6 de outubro de 1972, é un doutor vasco en dereito europeo, deputado do Parlamento Europeo (2007-2009) e delegado do Goberno de Navarra en Bruxelas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mikel Irujo pertence á saga familiar vinculada ó nacionalismo vasco e oriúnda de Lizarra. É fillo do dirixente do PNV e de EA Peio Irujo, que permaneceu no exilio venezolano case trinta anos e que á súa vez era sobriño de Manuel Irujo, deputado e ministro do PNV no goberno da República.[1]

Formación e traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Navarra (1995), doutorouse en Dereito pola Universidade Pública Vasca-Euskal Herriko Unibertsitatea (UPV-EHU) en 2016. Ten tamén diversos títulos de posgrao especializados en política europea (2002) e Dereito Comunitario (2004). Publicou diversos estudos xurídicos relacionados coa Unión Europea e o País Vasco: Estatu Gabeko Nazioak Europako Batasunean (Sociedade de Estudos Vascos-Eusko Ikaskuntza, 2002) e Euskal Herria na Unión Europea (Eusko Alkartasuna, 2001), Panorámica actual de la comitología (Aranzadi, 2003), El coste de la no Europa (2008), Basque political system (Universidade de Reno, 2012).[2][3]

Traballou dende xuño de 1996 de analista de lexislación comunitaria e responsable do tesauro de lexislación na Editorial Aranzadi. En 2009, ó seu regreso a Thomson Reuters Aranzadi, até 2015, créase, a iniciativa propia, a Unidade de Licitacións da UE, onde a empresa adxudica diversos proxectos da Comisión Europea, Parlamento Europeo, Comité das Rexións, Banco Mundial e Oficina de Publicacións de Luxemburgo.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Como membro de Gazte Abertzaleak, as mocidades de Eusko Alkartasuna, formou parte do Consello da Mocidade de Navarra entre 1991 e 1993. Foi secretario de Asuntos Internacionais de Gazte Abertzaleak entre 1994-1996 e, novamente, entre 1998 e 2002. Na súa traxectoria europea, foi o primeiro presidente da ALE-Youth, organización xuvenil da Alianza Libre Europea, da que tamén foi vicepresidente.[2]

Foi asesor parlamentario e responsable da oficina de Eusko Alkartasuna no Parlamento Europeo entre 1999 e 2002. Ocupou o segundo posto da candidatura Europa dos Pobos nas eleccións europeas do 13 de xuño de 2004. Entre xuño de 2007 e o final da sexta lexislatura da eurocámara, en xullo de 2009, ocupou o posto de europarlamentario que lle correspondía na quenda rotatorio estabelecido entre os representantes dos partidos integrados na candidatura Europa dos Pobos e foi membro das comisións parlamentarias de Educación e Cultura e Cooperación ao Desenvolvemento, así como da Asemblea Parlamentaria da ACP (África, Caribe e Pacífico).[4]

Foi secretario de comunicación e voceiro da executiva de Eusko Alkartasuna entre o congreso de decembro de 2007 e o de xuño de 2009. Neste congreso Mikel Irujo foi substituído por Maiorga Ramírez.[5]. Foi concelleiro de Nafarroa Bai no concello de Ultzama entre 2007 e 2011.[6]

É Membro da Asemblea de Eurobask (Consello Vasco do Movemento Europeo).

En agosto de 2015 foi nomeado delegado do Goberno de Navarra en Bruxelas (sede da Unión Europea) e posteriormente membro alterno do Comité das Rexións[7], representando ó Goberno de Navarra, onde foi autor de dous informes, sobre Estratexias de Especialización Intelixente (RIS3) e Reforzamento da Innovación nas Rexións .[2][8][9][10]

Notas[editar | editar a fonte]