Gazte Abertzaleak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gazte Abertzaleak
Organización xuvenil de Flag of the Basque Country.svg Euskal Herria
Gazte Abertzaleak.jpg
Dirixentes e organización
LíderAsier Gomez
Filiación internacionalFlag of Europe.svg EFA Youth
Historia
Fundación1988
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Independentismo
Republicanismo
Internacionalismo
Feminismo
Outros datos
SedePortuetxe bidea, 23 1º (Donostia)
Páxina webgazteabertzaleak.eus/

Gazte Abertzaleak (GA) (Mozos Patriotas en éuscaro) son os mozos do partido Eusko Alkartasuna (EA) (Solidariedade Éuscara en éuscaro), agora parte do EH Bildu en Hegoalde e EH Bai en Iparralde. Os seus ideais son os de Eusko Alkartasuna, aínda que goza de autonomía para desenvolver as súas propias iniciativas.

A organización está presente en todos os territorios onde a cultura vasca (Euskal Herria) se manifesta. Ten unha presenza nas provincias españolas de Áraba, Guipúscoa e Bizcaia na Comunidade Autónoma do País Vasco e da Comunidade Autónoma de Navarra (popularmente coñecido como Hegoalde), así como nos territorios franceses de Lapurdi, Baixa Navarra e Zuberoa (popularmente coñecida como Iparralde) do Departamento de Pireneos Atlánticos.

Tamén colabora con outras organizacións xuvenís, a través do Consello da Xuventude de Euskadi (EGK), internacionalmente a través EFAY (Mozos da Alianza Libre Europea) e mantén relacións estreitas coa diáspora vasca, especialmente os mozos da Arxentina.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe e historia[editar | editar a fonte]

Creada en 1988 pretende acadar a independencia dos territorios da rexión histórica do País Vasco, coa idea de constituír unha república vasca no seo da Unión Europea e estender a solidariedade entre a mocidade. Defínense como comprometidos co antimilitarismo, o pacifismo, o ecoloxismo, a xustiza social, a denuncia da violación dos dereitos humanos e o desenvolvemento sostible.

Ideario[editar | editar a fonte]

Comparte con Eusko Alkartasuna o seu ideario aínda que con posturas propias,[Cómpre referencia] dada a autonomía organizativa que posúe a organización. Posúe un representante en toda executiva local de EA, nas rexionais e o seu secretario xeral é membro de pleno dereito da Executiva Nacional do partido.

Tense mostrado historicamente contraria ás coalicións co PNV e a día de hoxe[cando?] mantén conversacións con case tódalas organizacións xuvenís do País Vasco.[Cómpre referencia] Así, forma parte do Consello da Xuventude de Euskal Herria (EHGk) e do Consello da Xuventude de Euskadi (EGK).

En 1999, xunto a outras xuventudes de partidos de esquerda en Europa integrados na Alianza Libre Europea, formaron as súas xuventudes (EFAY: European Free Aliance Youth). Actualmente[cando?] Gazte Abertzaleak exerce a presidencia desta organización sendo Lander de Bilbao o seu presidente.[Cómpre referencia] Tamén era membro de Gazte Abertzaleak o seu primeiro presidente, Mikel Irujo. Entre os seus membros están as xuventudes de ERC, o SNP escocés e organizacións nacionalistas flamengas ou galesas, entre outras.

Congresos[editar | editar a fonte]

  • O 30 de marzo de 2003, en Tolosa (Guipúscoa), celebraron o 15 aniversario da fundación e presentaron a súa proposta de paz.[2]
  • En febreiro de 2007 celebrou en Deba (Guipúscoa) o IX Congreso co lema "Ausardiaz" (Con valentía) no que Harkaitz Millan substituíu a Ibon Usandizaga com novo seretario xeral.
  • Un ano máis tarde, en 2008, durante o 10 e 11 de maio, tivo lugar en Bilbao o X Congreso, baixo o lema Indarberrituz (Renovando a forza), no que se escolleu a Alain Zamorano como novo secretario xeral.
  • O XI Congreso celebrouse en Vitoria-Gasteiz entre o 12 e 13 de setembro de 2009, coincidindo coa celebración do 10 aniversario da fundación. O lema escollido foi Hamaika Ikusitakoak e a secretaría xeral caeu en Maider Carrere,[3] sendo a primeira muller que accedeu ao cargo.
  • O XII Congreso foi o 8 de decembro de 2012, en Bidarrai co lema "Ezarritako parametroetatik haratago" (Alén dos parámetros establecidos) Haritz Pérez,​ ex-secretario de organización na anterior Executiva Nacional, foi o elixido como secretario xeral.[4]
  • Na celebración do 25 aniversario celebrado en Galdakao baixo o lema "25 urtez Euskal Herriaren alde borrokan" (25 anos loitando por Euskal Herría), o 3 de xaneiro de 2015, Ibon García foi elixido secretario xeral.[5]
  • O XIV Congreso celebrouse durante o 26 e 27 de novembro de 2016, en Bilbao, co lema "Pausoz, pauso, gazteok bidea eginez" (Os mozos facendo camiño, paso a paso). Como secretario xeral foi elixido Asier Gomez.[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Ten dúas revistas como medios de comunicación: Gaztekari (para a comunicación exterior) e Gazteberri (para a comunicación interna da militancia da organización).

Secretarios xerais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Primer Encuentro de Formación Política para Jóvenes". gaargentina.blogspot.com. 02-10-2007. Consultado o 16-12-2018. 
  2. "La propuesta de paz de Gazte Abertzaleak disponible aquí". www.gazteabertzaleak.eus. 03-04-2003. Consultado o 16-12-2018. 
  3. "Gazte Abertzaleak celebrará su XI Congreso Nacional el 12 y 13 de setiembre en Gasteiz". gara.naiz.eus. 04-09-2009. Consultado o 16-12-2018. 
  4. "Gazte Abertzaleak elige a Haritz Pérez como nuevo secretario general". gara.naiz.eus. 09-12-2012. Consultado o 16-12-2018. 
  5. "Ibon García, nuevo secretario general de Gazte Abertzaleak". diariovasco.com. 05-01-2015. Consultado o 16-12-2018. 
  6. "Urizar avisa a los jeltzales que no vale «un nuevo Estatuto»". diariovasco.com. 28-11-2016. Consultado o 16-12-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]