Mikel Azurmendi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikel Azurmendi
Nacemento10 de decembro de 1942
Lugar de nacementoDonostia
Falecemento6 de agosto de 2021
Lugar de falecementoDonostia
NacionalidadeEspaña
Alma máterSorbona e Universidade do País Vasco
Ocupaciónantropólogo, escritor, tradutor, profesor universitario, profesor de ensino secundario e filósofo
PremiosOrde do Mérito Constitucional
Na rede
Literaturaren Zubitegia: 24 Dialnet: 102454
editar datos en Wikidata ]

Mikel Azurmendi Inchausti, nado en Donostia o 11 de decembro de 1942 e finado na mesma cidade o 6 de agosto de 2021,[1][2] foi un antropólogo, escritor, tradutor e profesor universitario vasco.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en San Sebastián en 1942. Foi militante de ETA durante os anos 60, abandonando a organización tras ser derrotada a súa alternativa de deixar a violencia e transformarse nun partido obreiro. Licenciado en Filosofía pola Universidade da Sorbona de París, foi profesor desta Universidade durante os anos de seu exilio. Tralo seu regreso a España postulouse en contra da Constitución e o Estatuto de Autonomía do País Vasco por considerar “que había forza para esixir máis”. Tamén é doutor en Filosofía pola Universidade do País Vasco.

Co segundo goberno de Aznar foi presidente do Foro Social para a Integración dos inmigrantes; como tamén traballou no Instituto Cervantes da cidade marroquí de Tánxer.

Foi o primeiro portavoz do Foro de Ermua e fundador de ¡Basta Ya!. Estivo ameazado de morte por ETA e tras dous intentos de atentado abandonou temporalmente a súa praza de profesor de antropoloxía na Universidade do País Vasco, emigrando a Estados Unidos. No 2002 foi un dos 42 profesores da UPV que asinaron un manifesto denunciando que nesta universidade actuaba unha «rede mafiosa que apoia, xustifica e explota o terrorismo no seu propio beneficio, sen que a súa colaboración con ETA fose perseguida como se debera».[3]

Foi Premio Hellman/Hammet no 2000, nomeado por Human Rights Watch, e tamén IV Premio á Convivencia no 2001, pola Fundación Miguel Ángel Blanco.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Todos somos nosotros (Taurus Pensamiento, 2002)
  • Estampas de El Ejido (Taurus Pensamiento, 2001)
  • Y se limpie aquella tierra (Taurus Pensamiento, 2001)
  • La herida patriótica (Taurus Pensamiento, 2000)
  • Nombrar, embrujar (Alberdania, 1993)

Artigos de revistas[editar | editar a fonte]

  • La España inmigrada
  • Savater te lleva de viaje
  • Diez tesis sobre el multicultaralismo
  • Los derechos y la integración social de los inmigrantes en Europa
  • Cultura, desarrollo, inmigración: Notas para un debate sobre las relaciones con el Magreb
  • Repercusiones de la inmigración en España
  • Inmigración e identidad ciudadana
  • Migraciones, cultura democrática y multiculturalismo
  • Qué fue a hacer estampas en El Ejido
  • Inmigración y conflicto en El Ejido
  • De la totalidad del totalitarismo, ¿hay razones para calificar hoy de fascista al nacionalismo vasco?
  • La resacralización del nacionalismo vasco
  • Pío Baroja, literatura y construcción de sí mismo como paisaje moral
  • Vasco que, para serlo, necesita enemigo
  • Vive memor! no olvides
  • Etnicidad y violencia en el suelo vasco
  • Homo Homini lupus: la guerra en la literatura antropológica

Colaboracións en obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Diferencia y derecho a la diferencia: la igualdad como solidaridad
  • Migraciones y cultura democrática
  • Unas Propuestas de Integración Social de los Inmigrantes
  • La brujería como aquelarre
  • Etnicidad y violencia en el suelo vasco
  • Mito y realidad en la novela contemporánea

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Jende ona nekez da aurkitzen; Flannery O'Connor (1985, Baroja)
  • Ihauterietako erokeriak; Pio Baroja (1986, Baroja)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Twitter". Twitter (en castelán). Consultado o 2021-08-07. 
  2. "Mikel Azurmendi idazle eta antropologoa hil da". Berria (en éuscaro). Consultado o 2021-08-07. 
  3. Profesores vascos denuncian que a mafia que apoia a ETA actúa impunemente, El Mundo, 28 de febreiro de 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]