Mia Couto
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1955 (69 anos) Beira, Mozambique (pt) |
Educación | Universidade Eduardo Mondlane |
Actividade | |
Lugar de traballo | Maputo |
Ocupación | escritor, novelista, poeta, xornalista, biólogo, escritor de literatura infantil |
Empregador | Tempo (pt) Notícias (pt) Agência de Informação de Moçambique (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Fernando Leite Couto |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, |
António Emílio Leite Couto, coñecido como Mia Couto, nado na Beira o 5 de xullo de 1955, é un escritor e xornalista mozambicano.
En 2008 foi Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de portugueses[2] que emigraran para Mozambique en mediados do século XX, Mia naceu e foi escolarizado na Beira. Con catorce anos de idade, publicou algúns poemas no xornal Notícias da Beira e tres anos despois, en 1971, mudouse para a cidade capital de Lourenço Marques (que agora se chama Maputo). Iniciou os estudos universitarios en medicina mais abandonou esta área no principio do terceiro ano, pasando a exercer a profesión de xornalista despois do 25 de abril de 1974. Traballou na Tribuna até a destrución das súas instalacións en setembro de 1975 por colonos unionistas contrarios á independencia. Foi nomeado director da Axencia de Información de Mozambique (AIM) e formou unións de correspondentes entre as provincias mozambicanas durante o tempo da guerra de liberación. A seguir traballou como director da revista Tempo até 1981 e continuou a carreira no xornal Notícias até 1985. En 1983, publicou o seu primeiro libro de poesía, Raiz de Orvalho, que inclúe poemas contra a propaganda marxista militante[3]. Dous anos despois, dimitiu do cargo de director para continuar os estudos universitarios de bioloxía.
Alén de considerado un dos escritores máis importantes de Mozambique e é o escritor mozambicano máis traducido. En moitas das súas obras, Mia Couto tenta recrear a lingua portuguesa cunha influencia mozambicana, utilizando o léxico de varias rexións do país e producindo un novo modelo de narrativa africana. Terra Sonâmbula, o seu primeiro romance, publicado en 1992, gañou o Premio Nacional de Ficción da Asociación dos Escritores Mozambicanos en 1995 e foi considerado un dos doce mellores libros africanos do século XX por un xurado creado pola Feira do Libro do Zimbabue. En 2007 foi entrevistado pola revista Isto É[4]. Foi fundador dunha empresa de estudos ambientais da cal é colaborador.
Obra
[editar | editar a fonte]Mia Couto teen unha obra literaria extensa e diversificada, incluíndo poesía, contos, novelas e crónicas, e é considerado como un dos escritores máis importantes de Moçambique. Moitos dos libros de Mia Couto son publicados en máis de 22 países e traducidos en alemán, francés, español, catalán, inglés e italiano.
Estilisticamente, a súa escrita está influenciada polo realismo máxico, un movemento popular nas literaturas latinoamericanas modernas. Con todo, por ser a súa literatura africana, o termo "máxico" non se aplica, sendo clasificada como Realismo Animista. O seu uso da linguaxe fai lembrar o escritor brasileiro João Guimarães Rosa, mais tamén está influenciado polo escritor Jorge Amado. É coñecido por crear proverbios, ás veces coñecidos como "improverbios", nas súas obras de ficción, así como enigmas, lendas e metáforas, dando uma dimensión poética grande.
Mia Couto escribe para adultos e para cativos.
Poesía
[editar | editar a fonte]- Raiz de Orvalho (1983). Este libro revela o mesmo comportamento literario de estreita relación coa tradición e memoria cultural africanas que evidencian a orientación rexionalista, presente en toda a súa creación literaria. A poesía “Sotaque da terra” aborda sentimentos impostos por condicións históricas directamente ligados á realidade do pobo africano: a lingua, a terra e a tradición.[5]
- Raiz de Orvalho e outros poemas (1999). Editorial Caminho, 3ª edición en 2001.
- Tradutor de Chuvas (2011). Editorial Caminho.
Contos
[editar | editar a fonte]Mia Couto estreouse nos contos e nunha nova maneira de falar -ou "falinventar"- portugués, que continúa a ser o seu "ex-libris".
- Vozes Anoitecidas (1986). Associação dos Escritores Moçambicanos. 1ª ed. Caminho, en 1987; 8ª ed. en 2006. Grande Prémio da Ficção Narrativa en 1990, ex aequo.
- Cada Homem é uma Raça (1990). Ed. Caminho. 9ª ed., 2005.
- Estórias Abensonhadas (1994). Ed. Caminho; 7ª ed. en 2003.
- Contos do Nascer da Terra (1997). Ed. Caminho,; 5ª ed. en 2002.
- Na Berma de Nenhuma Estrada (2001). Ed. Caminho; 3ª ed. en 2003.
- O Fio das Missangas (1ª ed. da Caminho en 2004; 4ª ed. en 2004)
- As Pequenas Doenças da Eternidade (1ª ed. da Companhia das Letras, en 2023)
Crónicas
[editar | editar a fonte]Publicou en libros algunhas das súas crónicas, moitas columnas nos semanarios publicados en Maputo, capital de Mozambique.
- Cronicando (1988). Ed. Caminho. Prémio Nacional de Jornalismo Areosa Pena, en 1989.
- O País do Queixa Andar (2003).
- Pensatempos. Textos de Opinião (2005). Ed. Caminho
- E se Obama fosse Africano? e Outras Interinvenções (2009). Ed. Caminho
Novelas
[editar | editar a fonte]- Terra Sonâmbula (1992). Ed. Caminho. Prémio Nacional de Ficção da Associação dos Escritores Moçambicanos en 1995. Considerada na Feira Internacional do Zimbabwe un dos doce mellores libros africanos do século XX.
- A Varanda do Frangipani (1996. Ed. Caminho.
- Mar Me Quer (1998). Parque EXPO/NJIRA, como contribución para o pavilllón de Mozambique na Exposição Mundial EXPO '98 en Lisboa. Ed. Caminho en 2000.
- Vinte e Zinco (1999). Ed. Caminho.
- O Último Voo do Flamingo (2000). Ed. Caminho. Prémio Mário António de Ficção en 2001.
- O Gato e o Escuro (2001). Ed. Caminho. Ilustracións de Danuta Wojciechowska.
- Um Rio Chamado Tempo, uma Casa Chamada Terra (2002. Ed. Caminho. Rodada en filme polo portugués José Carlos Oliveira.
- A Chuva Pasmada (2004). Ilustracións de Danuta Wojciechowska. Ed. da Njira.
- O Outro Pé da Sereia (2006). Ed. Caminho.
- O beijo da palavrinha (2006). Ilustracións de Malangatana. 1ª ed. da Língua Geral, Editora Caminho.
- Venenos de Deus, Remédios do Diabo (2008).
- Jesusalém [no Brasil, o livro tem como título Antes de nascer o mundo] (2009).
- Pensageiro frequente (2010).
- A Confissão da Leoa (2012).
- Mulheres de cinzas (2015). (primeiro volume da triloxía As Areias do Imperador)
- A Espada e a Azagaia (2016). (segundo volume da triloxía As Areias do Imperador)
- O Bebedor de Horizontes (2017). (terceiro volume da triloxía As Areias do Imperador)
- O Mapeador de Ausências (2020). Caminho. 416 páxs. ISBN 978-972-213-060-8.
Premios
[editar | editar a fonte]- 1995 - Prémio Nacional de Ficção da Associação dos Escritores Moçambicanos
- 1999 - Prémio Vergílio Ferreira, polo conxunto da súa obra
- 2001 - Prémio Mário António, por "O último voo do flamingo"
- 2007 - Prémio União Latina de Literaturas Românicas
- 2007 - Prêmio Passo Fundo Zaffari e Bourbon de Literatura, na Jornada Nacional de Literatura
- 2008 - Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia
- 2012 - Prémio Eduardo Lourenço 2012
- 2013 - Prémio Camões 2013
- 2014 - Neustadt International Prize for Literature
- 2021 - Premio Albert Bernard en Francia con base na triloxía As areias do Imperador.[6]
- 2022 - Prémio José Craveirinha de Literatura[7]
- 2024 - Grande Prémio de Conto Branquinho da Fonseca (Asociación Portuguesa de Escritores) por unanimidade por Compêndio para desenterrar nuvens.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O reitor da USC preside o acto de entrega dos Premios Rosalía de Castro 2008 do PEN Club Galicia". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 2020-12-12.
- ↑ Cf. Biografía Arquivado 27 de xuño de 2007 en Wayback Machine. no site do Teatro D. Maria.
- ↑ Chabal, Patrick. ‘’Vozes Moçambicanas’’. Vega: Lisboa, 1994. (274-291)
- ↑ Furtado, Jonas (2007-09-26). "Entrevista a Mia Couto". Revista Isto É (Editora Três). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2007. Consultado o 2009-12-01.
- ↑ "Mia Couto" (PDF). repositorium.sdum.uminho.pt.
- ↑ "MIA COUTO VENCE PRÉMIO LITERÁRIO FRANCÊS ALBERT BERNARD COM A TRILOGIA “AS AREIAS DO IMPERADOR”". CONTOS achados (en portugués). Consultado o 2021-01-29.
- ↑ "Prémio de Literatura José Craveirinha distingue Mia Couto". Notícias ao Minuto (en portugués). 2022-05-24. Consultado o 2024-07-18.
- ↑ Lusa (2024-07-16). "Mia Couto ganha Grande Prémio de Conto Branquinho da Fonseca". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2024-07-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo: "As páxinas de terra de Mia Couto"
- "Exilio e identidade: unha lectura de Antes de nacer o mundo, de Mia Couto"
- "O outro pé da serea: o diálogo entre historia e ficción na figuración da África contemporánea Arquivado 20 de novembro de 2012 en Wayback Machine.
- Artigo: Mia Couto homenaxeado no Festlip
- Folheto: 12th International Writers Festival: Mia Couto[Ligazón morta]
- Site: "textos e intervencións de Mia Couto"