Máximo térmico do Paleoceno-Eoceno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
A gráfica amosa a evolución do clima durante os últimos sesenta e cinco millóns de anos. O máximo térmico do Paleoceno-Eoceno está marcado coas siglas "PETM" e probablemente se atopa subestimado nun factor de entre 2 e 4 por mor dunha vaga estimación na mostra de datos.

O máximo térmico do Paleoceno-Eoceno (MTPE, PETM en inglés), chamado tamén máximo térmico do Eoceno inicial ou máximo térmico do Paleoceno superior,[1] foi un súbito cambio climático que marcou o fin do Paleoceno e o comezo do Eoceno, hai 55,8 millóns de anos. Trátase dun dos períodos de cambio climático máis significativos da era Cenozoica, que alterou de súpeto a circulación oceánica e atmosférica, provocando a extinción de moitos xéneros de foraminíferos bentónicos, e causando grandes cambios nos mamíferos terrestres que marcaron a aparición das liñaxes actuais.

En só 20 000 anos, a temperatura media terrestre medrou en 6°C, cun corresponente aumeno do nivel do mar, así como un quecemento dos océanos.[2] Malia que o quecemento puido ser desencadeado por moitas causas, crese que as principais foron a forte actividade volcánica e a emisión de gas metano que se atopaba almacenada nos clatratos dos sedimentos oceánicos, e que puideron intensificar o quecemento ó liberaren á atmosfera grandes cantidades de carbono empobrecido no isótopo carbono-13. Ademais, as concentracións atmosféricas de CO2 aumentaron de forma significativa, deturpando o ciclo e causando a elevación da lisoclina, así como unha escaseza de osíxeno nas profundidades oceánicas que finalmente provocou a maioría das extincións mariñas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Katz, M. (1999). "The Source and Fate of Massive Carbon Input During the Late Paleocene Thermal Maximum". Science número = novembro. páx. 1531-1533. 
  2. Kennett, J.P., Stott, L.D. (1991). "Abrupt deep-sea warming, palaeoceanographic changes and benthic extinctions at the end of the Palaeocene". Nature. páx. 225229.