Saltar ao contido

Arte postal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A arte postal é un tipo de arte que se adoita asociar a Ray Jonson (1927-1995), artista norteamericano, multifacético e inquedo, que estivo sempre relacionado cos principais creadores da súa época, dende músicos como John Cage, a escritores como Wiliam Carlos Wiliams.

Características

[editar | editar a fonte]

A necesidade de traspasar calquera barreira no campo da creatividade, de retirar a súa produción do circuíto comercial e obvio, e de afondar cuestións propostas anteriormente polos dadaístas, surrealistas, expresionistas e por todos aqueles que fixeran ás vangardas históricas. Utilizando técnicas diversas, a arte postal, con data oficial de nacemento nos anos 50 (Correspóndanse Art School), e máis ca unha forma de arte e é máis que unha forma de comunicación. É unha maneira única de tentar responder a algunhas cuestións que atravesaron o século XX.

Ao subverter o papel reservado polo status quo a produción artística, arte postal pode ser considerada un dos poucos medios de troco de informacións artísticas e que escapou a lei da cultura de masas.

É, antes doutra cousa, un medio expresivo de revalorización da comunicación interpersoal, unha practica saudabelmente anárquica contra o todo poderoso sistema dos medios. Unha práctica que moitos artistas do inicio do século XX, como Kurt Schwitters, Tristán Tzara, Marcel Duchamp e Marinetti xa utilizaran sen un programa de intencións definido e que acaba por ser definida finalmente cando Johnson asóciase ó Fluxus, movemento xurdido nos anos 60, coñecido por prácticas subversivas nos mais diversos campos artísticos, dando continuidade ás propostas dadaístas da divulgación da “realidade do non arte”.

A arte postal congrega grupos marxinais de operación artística, que buscan axita-las vías convencionais de correspondencia, transformando todo en arte e así, transformando por este medio a propia vida.