Mekosuchus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mekosuchus
Rango fósil: Oligoceno - Holoceno
(desde hai25 a 0,003 millóns de anos)

Mandíbula de Mekosuchus inexpectatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Subfamilia: Mekosuchinae
Xénero: †Mekosuchus
Balouet & Buffetaut, 1987
Especie tipo
Mekosuchus inexpectatus
Balouet & Buffetaut, 1987
Especies
  • M. inexpectatus Balouet & Buffetaut, 1987
  • M. kalpokasi
  • M. sanderi
  • M. whitehunterensis

Mekosuchus é un xénero de crocodilos de Australasia extinguidos pertencente á subfamilia Mekosuchinae. Crese que se extinguiu por causa da chegada do ser humano ás illas Sur do Pacífico onde vivían.[1] As especies deste xénero eran de pequeno tamaño, de 2 m de lonxitude máxima, e de vida terrestre, polo que era o último grupo supervivente de crocodilos completamente terrestres,[2] deixando só como especies vivas de vida parecida ao crocodilo cubano e as especies ananas de Osteolaemus e Paleosuchus.[3]

Outros fósiles de mekosuquinos relacionados son os Trilophosuchus, do Miocerno de Australia (o mekosuquino máis antigo coñecido é o xénero do Eoceno Kambara), mentres que Quinkana sobreviviu ata a chegada dos humanos.[4] Mekosuchus sobreviviu ata o Holoceno, e os seus subfósiles foron encontrados en Nova Caledonia e Vanuatu.

Especies[editar | editar a fonte]

Recreación de M. inexpectatus

Recoñécense actualmente catro especies de Mekosuchus. A primeira que se descubriu (e a máis recente) é a especie tipo M. inexpectatus do Holoceno de Nova Caledonia, que se extinguiu nalgún momento dos últimos 4 000 anos coa chegada do ser humano aos seus hábitats. Os solos pobres de Nova Caledonia restrinxen a presenza de grandes presas que vivan no chan, polo que Mekosuchus tiña uns dentes traseiros especializados en romper cunchas de moluscos.

Outras especies de Holoceno coñecidas son:

  • M. kalpokasi, que viviu na illa de Efate, Vanuatu hai aproximadamente 3 000 anos (tamén desapareceu coa chegada dos poboadores humanos).
  • M. whitehunterensis, a especie coñecida máis antiga, viviu durante o Oligoceno tardío en Queensland.
  • M. sanderi, que tamén vivía en Queensland, pero en época posterior, no Mioceno.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cf. The Recently Extinct Plants and Animals Database: Extinct Reptiles: Mekosuchus inexpectatus Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., noting Anderson, Atholl, Sand, Christophe, Petchey, Fiona and Worthy, Trevor H. (2010). "Faunal Extinction and Human Habitation in New Caledonia: Initial Results and Implications of New Research at the Pindai Caves", Journal of Pacific Archaeology 1.1: 89-109; M. kalpokasi, sp. nov.(J.I. Mead, D.W. Steadman, et al., "New extinct Mekosuchine crocodile from Vanuatu, South Pacific", Copeia, 2002.3: "the extinction of M. kalpokasi and other insular mekosuchines may have been anthropogenic"); .
  2. "Croco eusuchia". Paleopedia.free.fr. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 2012-05-23. 
  3. Darren Naish, "Tetrapod Zoology" (Scientific American blog): "Dissecting a crocodile", 2012
  4. Roberts, R.G., Flannery, T.F., Ayliffe, L.K., Yoshida, H., Olley J.M., Prideaux, G.J., Laslett, G.M., Baynes, A., Smith, M.A., Jones, R., Smith, B.L. (2001). New Ages for the Last Australian Megafauna: Continent-Wide Extinction About 46,000 Years Ago. Science 292 (5523): 1888-1892. DOI: 10.1126/science.1060264