Max H. Hommersand

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMax H. Hommersand
Nome orixinalMax Hoyt Hommersand
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1930
Condado de San Diego, California
Morte16 de decembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeestadounidense
Formación profesionalDoutor en Bioloxía
EducaciónUniversidade de California en Berkeley
Actividade
Ocupaciónficólogo
EmpregadorUniversidade de Carolina do Norte
Obra
Abreviación dun autor en botánicaHommers. Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHaru "Fran" Chisaki
FillosEric A. Hommersand

Max H. Hommersand, nado o 10 de xullo de 1930 no Condado de San Diego, California, é un biólogo estadounidense especializado en ficoloxía .

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Recibiu o seu BA na Universidade de California en Berkeley en 1954, e o seu doutoramento nesa mesma institución en 1958, cunha tese titulada “Morphological studies in the Ceramiaceae and Rhodomelaceae” (Estudos morfolóxicos das Ceramiáceas e as Rodomeláceas).

A área de investigación de Hommersand é a morfoloxía, a sistemática e a bioxeografía das algas mariñas, con énfase nas algas vermellas. Ten unha colección de máis de trinta mil exemplares de algas mariñas para o seu uso en estudos de desenvolvemento.

O doutor Hommersand é o conservador de algas da Universidade de Carolina do Norte, no Chapel Hill Herbarium (NCU). En 1997, xunto co biólogo chileno Bernabé Santelices, describiu un novo xénero de algas da familia das pterocladiáceas, Pterocladiella.[1]

En 2013 a National Science Foundation financiou o Macroalgal Digitization Project (Proxecto de dixitalización macroalgal) co obxectivo de reunir imaxes, catalogar e xeorreferenciar máis de 1,1 millóns de exemplares de algas de 49 herbarios de toda América do Norte. O NCU está a contribuír a ese esforzo e os seus exemplares están dispoñíbeis en macroalgae.org.

En 2006 Kari Kozak, William R. Burk e Ian Ewing da John N. Couch Biology Library da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill recompilaron a bibliografía das publicacións de Hommersand.

Epónimos[editar | editar a fonte]

Entre as especies nomeadas en honra de Max Hommersand inclúense:

  • Centroceras hommersandii Won, T.O. Cho & Fredericq.
  • Dichotomaria hommersandii S.-L. Liu & Show M. Lin.
  • Gelidium hommersandii A.J.K. Millar e D.W. Freshwater
  • Gracilariopsis hommersandii Gurgel, Fredericq e J.N. Norris.
  • Izziella hommerdandii Showe M. Lin, S.-Y. Yang & Huisman
  • Nitophyllum hommersandii Showe M. Lin & Fredericq.
  • Pavlova hommersandii P.H. Campbell.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Hommersand emprégase para recoñecer a Max H. Hommersand como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • North Carolina Botanical Garden (8 de xullo de 2020). "Max Hoyt Hommersand". Consultado o 19 de febreiro de 2021.