Bernabé Santelices

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBernabé Santelices
Biografía
Nacemento1 de decembro de 1945
Calama, provincia de El Loa, rexión de Antofagasta, Chile
Morte10 de outubro de 2023 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadechilena
Formación profesionalDoutor en Bioloxía
EducaciónPontificia Universidade Católica de Chile
Actividade
OcupaciónBioloxía (Taxonomía, Bioxeografía, Ecoloxía, Ficoloxía)
EmpregadorPontificia Universidade Católica de Chile
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaSantel. Editar o valor em Wikidata
Premios
Véxase o texto


Bernabé Santelices, nado o 1 de decembro de 1945 e finado o 10 de outubro de 2023,[1] foi un biólogo chileno especializado en ficoloxía.

En 2012 foi galardoado co Premio Nacional de Ciencias Naturais de Chile. Actualmente reside en Chile e continúa exercendo como profesor da Pontificia Universidade Católica de Chile.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primros anos[editar | editar a fonte]

Santellices naceu en Calama, rexión de Antofagasta, Chile o primeiro de decembro de 1945.[3]

Proviña dunha familia humilde do campo, e viviu a separación de seus pais cando era aída pequeno. Desde unha idade temperá interesouse pola natureza da súa contorna. Ao querer observar flores, insectos e outros elementos de cerca, sen ter acceso a un microscopio, superpoñía distintos pares de lentes para crear unha especie de microscopio caseiro.[4]

As xentes próximas describírono como unha persoa estudosa, de personalidade máis ben reservada, pero sincera, e cun profundo interese polo seu traballo. O feito de provir dunha zona rural mantívoo constantemente en contacto coa naturaza, o que marcou o inicio do camiño que o levaría a dedicarse á bioloxía.[5]

Estudos[editar | editar a fonte]

A súa educación primaria realizouna nunha escola católica, e incluso tivo intención de dedicarse ao sacerdocio. Viuse nunha encrucillada na súa vida nese momento, xa que ao descubrir máis sobre as ciencias e o mundo que o rodeaba, comezou a ter unha crise relixiosa a unha idade moi temperá. Posteriormente, Bernabé mudouse á capital, Santiago, e matriculouse nun pequeno colexio one foi adiantado dous niveis grazas aos seus previos coñecementos, polo que comezou a cursar o primeiro ano de humanidades. Logo, despois de sufrir inconvenientes para entrar en medicina, optou por entrar na Escola de Educación da Pontificia Universidade Católica de Chile, para comezar seus estudos como docente de bioloxía.[4]

Durante o seu terceiro ao de estudos, mentres traballaba realizando experimentos en botánica, Bernabé sentiu especial admiración poas algas e os seus mecanismos. Patricio Sánchez, bioxeógrafo chileno, foi seu mentor, que o impulsou a seguir o camiño da ficoloxía.[6]

En 1966 titúlase coa máxima distinción como "Profesor de Estado en Ciencias Naturais e Bioloxía" na Universidade Católica de Chile. En 1971 obtén unha bolsa de estudos da Fundación Ford, coa cal logra o "Doutoramento en Ciencias Botánicas" na Universidade de Hawai en 1975.[7]

Durante os anos 1980 a 1988 dedícase a estudar distintos tipos de algas presentes en diferentes partes do mundo (Europa, China, Xapón). Ademais, publica estudos sobre algas presentes en Chile. En 1984 volve á Universidade de Hawai a estudar e perfeccionarse no departamento de Bioloxía.[7]

Durante a década de 1990 comeza a escribir artigos sobre a investigación biolóxica e científica e a súa relación co desenvolvemento e melloramento das políticas chilenas referentes ao tema, entre eles os que se citan,[8][9][10][11] entre outros. Isto valelle ganar en 1996 o diploma da Sociedade de Botánica de Chile, "en recoñecemento á súa traxectoria académica e o seu liderado en políticas de dessenvolvemento das ciencias biolóxicas en Chile".[7]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Ao volver a Chile comezou a traballar no estudo das algas e a súa importancia dentro do ecosistema, o cal era un campo moi pouco explorado no país, polo cal levar adiante este traballo non foi fácil, pero si tivo moito impacto a longo prazo. Os estudos taxonómicos das algas levárono a entender as moreas de usos destas, desde medicamentos até fertilizantes. Comezou a investigar formas de cultivar as algas e de preservar os seus recursos.[12]

Nun momento determinado da súa vida recibiu unha proposta que o marcaría para sempre: danlle a noticia de que Chile e a Arxentina irían á guerra pola soberanía das illas Picton, Nueva e Lennox, e que, para gañar a xustificación internacional, debíase dar coñecemento dos beneficios que podería ter a explotación dos recursos desas illas. Así, o país que demostrara máis coñecemento e estudos sobre o potencial da zona, sería o ganador.[13] Durante este período, Bernabé e os seus colegas tiveron oportunidade de explorar aínda máis e de publicar libros acerca das especies de algas e o seu comportamento, que alcanzarían importancia mundial debido ao carácter vangardista do estudo.[4]

Bernabé Santelices pertence ao corpo docente do doutoramento da Pontificia Universidade Católica de Chile, na Facultade de Ciencias Biolóxicas. Posúe 34 publicacións científicas en Web Of Science, e 101 publicaciónes en Scopus, relacionadas co estudo, reprodución, dinámicas das poboacións, características e explotación de distintas especies de algas, até 2018.[14][15]

Honores e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Durante 2005 descríbese unha nova especie de alga (Gelidium bernabei), que é así denominada en su honor polas investigacións sobre o xénero Gelidium. Durante 2007, unha nova especie volve a ser denominada co seu nome, Petrohua bernabei, a causa do seu traballo na investigación de algas chilenas.[7]

En 2012 recibiu o Premio Nacional de Ciencias Naturais de Chile polos seus méritos na investigación e desenvolvemento no país das investigacións no campo da ficoloxía, ademais de ser unha eminencia internacional no tema.[16]

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Santelices, B., Ramírez, M .E. & Abbott, I. A. (1989): "A new species and new records of marine algae from Chile". British Phycological Journal 24: 73–82.
  • Santelices, B. & Hommersand, M. (1997): "Pterocladiella, a new genus in the Gelidiaceae (Gelidiales, Rhodophyta)". Phycologia 36 (2): 114–119.
  • Santelices, B. (1997): "The sexual reproductive development of Pterocladiella bulbosa (Loomis) comb. nov. (Gelidiales, Rhodophyta). Cryptogamie, Algologie 18 (3): 297–307.
  • Santelices, B. (1998): "Taxonomic review of the species of Pterocladia". Journal of Applied Phycology 10: 237–252.
  • Santelices, B. (2004): "Parviphycus, a new genus in the Gelidiellaceae (Gelidiales, Rhodophyta)". Cryptogamie, Algologie 25 (3): 313–326.
  • Santelices, B. (2007): "Testing the usefulness of attachment structures in the taxonomy of small-sized gelidioids". Phycologia 46 (3): 293–299.
  • González, A., Beltrán, J., Hiriart-Bertrand, L., Flores, V., de Reviers, B., Correa, J. A. & Santelices, B. (2012): "Identification of cryptic species in the Lessonia nigrescens complex (Phaeophyceae, Laminariales)". Journal of Phycology 48 (5): 1153–1165.
  • Villouta, E. & Santelices, B. (1986): "Lessonia trabeculata sp. nov. (Laminariales, Phaeophyta), a new kelp from Chile". Phycologia 25: 81–86.

Algúns taxons descritos por Santelices[editar | editar a fonte]

  • Gastroclonium cylindricum
  • Gastroclonium trichodes
  • Gelidium musciforme
  • Lessonia spicata
  • Lessonia trabeculata
  • Prviphycus
  • Parviphycus adnatus
  • Parviphycus antipae
  • Parviphycus tenuissimus
  • Parviphycus womersleyanus
  • Pterocladia caerulescens
  • Pterocladiella
  • Pterocladiella bartlettii
  • Pterocladiella bulbosa
  • Pterocladiella caerulescens
  • Pterocladiella caespitosa
  • Pterocladiella caloglossoides
  • Pterocladiella capillacea
  • Pterocladiella melanoidea
  • Pterocladiella minima
  • Pterocladiella sanctarum
  • Pterocladiella taylorii

Abreviaturas[editar | editar a fonte]

As abreviaturas Santel.,[17] Santelices e B.Santelices empréganse para recoñecer a Bernabé Santelices como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sensible fallecimiento del académico e investigador UC Bernabé Santelices". Pontificia Universidad Católica de Chile (en castelán). Consultado o 2023-10-10. 
  2. "Cuerpo académico". biologia.uc.cl. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  3. Pontificia Universidad Católica de Chile. "Profesor Bernabé Santelices gana Premio Nacional de Ciencias Naturales 2012". Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "16 Julio 2017: Bernabé Santelices". 13C. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  5. "16 Julio 2017: Bernabé Santelices". 13C. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  6. "Bernabé Santelices | Doctorado en Ciencias Biológicas UC". postgrado.bio.uc.cl. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Pontificia Universidad Católica de Chile. "Bernabé Santelices". Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  8. Jaksic, F.; Santelices, B. (1991). ¿Alguien lee a los ecólogos chilenos?. Revista Chilena de Historia Natural. pp. 64: 13–18. 
  9. Santelices, B. (1992). Algunas reflexiones sobre el desarrollo de la investigación científica en Chile. Boletín de la Sociedad Chilena de Química. pp. 37: 79–84. 
  10. Santelices, B. (abril de 1995). "Bases para definir una política de desarrollo científico y tecnológico en Chile". Panorama Científico, CONICYT-Chile 10. 
  11. Santelices, B. (2000). "Elementos permanentes en la planificación y gestión científico-tecnológica en Chile en los años 1980-1999". Universidad, Ciencia y Tecnología en el Mercosur. Secretaría Ciencia y Técnica, Universidad de Buenos Aires. Buenos Aires, Argentina. (A. Fernández-Cirelli): 24–32. 
  12. "16 Julio 2017: Bernabé Santelices". 13C. Consultado o 19 de febreiro de 2021. 
  13. "16 Julio 2017: Bernabé Santelices". 13C. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  14. "Web Of Science. "Santelices, Bernabé"". 
  15. "Scopus. "Santelices, Bernabé"". www.scopus.com. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  16. Yáñez, Cecilia (1 de seembro de 2012). "Bernabé Santelices gana el Premio Nacional de Ciencias Naturales 2012". La Tercera. p. 34. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2021. 
  17. Santelices, Bernabé (1945-) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]