Saltar ao contido

Maurice Béjart

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaurice Béjart

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Maurice-Jean Berger Editar o valor en Wikidata
1 de xaneiro de 1927 Editar o valor en Wikidata
Marsella (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de novembro de 2007 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Lausana (Suíza) Editar o valor en Wikidata
Outros nomesMaurice Béjart Editar o valor en Wikidata
RelixiónXiísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónParis Opera Ballet School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarín, guionista de cinema, deseñador de iluminación, actor de cinema, director de cinema, director de televisión, diseñador de vestuario, bailarín de ballet, coreógrafo, escenógrafo, guionista, mestre de ballet, director de fotografía Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1941 Editar o valor en Wikidata - 2007 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDanza moderna e neoclassical ballet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLyubov Egorova (pt) Traducir, Léo Staats (en) Traducir, Boris Knyazev (en) Traducir e Vera Volkova (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosThales Pan Chacon e Achilleas Manolis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
PaiGaston Berger Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlain Béjart Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi Editar o valor en Wikidata
Sitio webbejart.ch Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0126762 Allocine: 12043 Allmovie: p81241 IBDB: 91744
BNE: XX4578430 Musicbrainz: 3685993b-37c1-4a6a-905f-9f9ce9388bdd WikiTree: Berger-4010 Find a Grave: 23029017 Editar o valor en Wikidata

Maurice-Jean Berger, coñecido como Maurice Béjart, nado en Marsella o 1 de xaneiro de 1927 e finado en Lausana o 22 de novembro de 2007, foi un bailarín, coreógrafo e director de ópera francés, que dirixiu o Béjart Ballet Lausanne en Suíza. Recibiu postumamente a cidadanía suíza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Béjart era fillo do filósofo francés Gaston Berger. Fascinado por un recital de Serge Lifar, decidiu dedicarse enteiramente á danza, estudando no sur de Francia con Mathilde Kschessinska. En 1945 entrou como corpo de ballet na Ópera de Marsella, e a partir do ano seguinte comezou a estudar con Madam Rousanne Sarkissian, Léo Staats, Madam Lyubov Yegorova e Olga Preobrajenska en "Studio Wacker", en París.

En 1948, traballar con Janine Charrat, Yvette Chauviré e Roland Petit, ademais de estudar con Vera Volkova en Londres.[1][2][3]

En 1954 fundou a compañía do Ballet de l'Étoile, disolta en 1957, e en 1957 o Ballet du XXe Siècle en Bruxelas (disolto en 1987).

En 1973, co Ballet du XXe siecle, estreou "Golestan", sobre un poema de Sa'di, baseado en música tradicional iraniana. O ballet foi encargado polo Festival das Artes de Shiraz-Persepolis, onde se estreou. A primeira interpretación de "Improvisation sur Mallarme III" con música de Boulez tamén tivo lugar naquel festival en 1973. "Farah", tamén baseado na música tradicional iraniana estreouse en 1976 e levouno de novo ao Festival de Shiraz-Perspolis dese ano, en que tamén se viu "Heliogabalus", baseado no poema de Artaud. A padroa do festival foi a emperatriz Farah Pahlavi, coa que Béjart mantivo fortes lazos ata o final.

En 1987 trasladouse a Lausanne (Suíza), onde fundou o Béjart Ballet Lausanne, unha das compañías de danza máis célebres e con máis éxito do mundo.

Entre os seus traballos está a versión revisada de Schelkúnchik ("O crebanoces"), presuntamente inspirado pola súa propia historia, que se estreou en 2000. Emprega a música orixinal de Chaikovskii, mais descarta completamente o argumento orixinal e as personaxes, substituíndoas por unha nova historia sobre os esforzos dun rapaz para reconectar coa súa nai. Tamén se trata as estrañas fantasías sexuais do rapaz, cun deseño de produción cheo de imaxes eróticas, algunhas chocantes para o público, como úteros e vaxinas.[4] Unha das personaxes foi Marius Petipa, que interpreta a Mefisto. Outra personaxe chámase Felix the Cat, presuntamente pola célebre personaxe de banda deseñada.

Unha das obras mestras de Béjart foi a coreografía sobre o "Boléro", de Maurice Ravel. En The New York Times, Jennifer Dunning describiu o "Boléro" de Béjart como "probablemente a súa danza máis coñecida e popular".[5] Creada en 1960 para a bailarina Duška Sifnios, a danza mostra unha bailarina sobre unha mesa arrodeada de homes sentados, que lentamente participan na danza, culminando nunha unión climática dos bailaríns sobre a mesa.[6] Entre os bailaríns que logo interpretaron a coreografía de Béjart para o "Boléro" están Sylvie Guillem, do ballet da Ópera de París, Grazia Galante, Maya Plisetskaya, Angele Albrecht e Roberto Bolle. Jorge Donn tamén interpretou o papel principal, sendo o primeiro varón que o fixo. Unha das actuacións de Donn pode verse no filme Les Uns et les Autres, de Claude Lelouch (1981).

Durante a súa vida, Béjart recibiu moitos premios e distincións polas súas contribucións ás artes:[7]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. Maurice Béjart
  2. "Béjart, Maurice (1927-2007)". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2018. 
  3. "Maurice Béjart 1922~2007" Shinsokan Dance Magazine, Special Issue Volume XVII No.4 2008, Xapón
  4. Digitally Obsessed
  5. Dunning, Jennifer (25 de novembro de 1985). "Dance: Bejart Company Performs 'Bolero'". The New York Times. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  6. Anderson, Jack (8 de xuño de 1990). "Review/Ballet; Fashion Merger: Dance, Dollars And a New Scent". The New York Times. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  7. Cruickshank, Judith (24 de novembro de 2007). "Maurice Béjart: Influential choreographer who attracted huge audiences to ballet". The Independent. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]