Matthew Le Tissier
![]() (2010) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Matthew Paul Le Tissier ![]() 14 de outubro de 1968 ![]() Saint Peter Port, Guernsey ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Residencia | Saint Peter Port ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 185 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 86 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, presentador ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1986 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Inglaterra ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | English Football League e Premier League ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Matthew Le Tissier, nado o 14 de outubro de 1968 en Saint Peter Port (Guernsey), é un exfutbolista inglés. Xogaba de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección inglesa. Pasou toda a súa carreira no Southampton FC.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na illa de Guernsey, situada no Canal da Mancha entre Inglaterra e Francia. Xogou desde os 18 anos no Southampton FC, onde coincidiu con Alan Shearer antes da súa marcha ao Blackburn Rovers. Nas quince tempadas que permaneceu activo (1986–2002) vestiu a camiseta branca e vermella en máis de 500 partidos entre a Premier League, a FA Cup e a Football League Cup, anotando máis de 200 goles. A súa mellor época foi entre as tempadas 89/90 e 94/95, marcando 96 goles en liga en 6 anos, destacando un que lle marcou ao Blackburn desde preto do círculo central, elixido gol da tempada 94/95 por votación popular.
En maio de 2002 organizouse un partido de homenaxe entre o Southampton e unha selección de Inglaterra, cun combinado formado por xente como Alan Shearer, Tim Flowers, Paul Gascoigne ou Ronnie Ekelund e adestradores como Alan Ball, Kevin Keegan ou Lawrie McMenemy. Os Saints, a afección do Victorian Former Ground (The Dell), alcumábao the God, co cántico de "he is God, Le God".
O concello de Hampshire concedeulle o título de "Freedom of the City". Actualmente traballa para SKY, e obtivo a licenza pro de Management, polo que pode adestrar equipos de calquera división.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Club | Período | Liga PJ (G) |
FA Cup PJ (G) |
League Cup PJ (G) |
TOTAL PJ (G) |
Media |
---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
1986–2002 | 443 (162) | 33 (12) | 52 (27) | 528 (201) | 0,38 % |
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Ao nacer en Guernsey puido elixir entre xogar coa selección inglesa ou a selección de Francia, decidíndose polo combinado inglés. Debutou o 15 de febreiro de 1995 da man de Terry Venables nun amigábel contra a selección irlandesa en Lansdowne Road. Porén, só xogou 8 encontros co combinado nacional.