María Oruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMaría Oruña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de novembro de 1976 (47 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito e literatura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogada , escritora , xurista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

María Oruña Reinoso, nada en Vigo o 25 de novembro de 1976[1], é unha avogada, novelista e columnista galega que escribe en castelán e galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en Dereito, e tras exercer durante dez anos como avogada laboralista e mercantil, publicou en 2013 a súa primeira novela, La mano del arquero,[2][3] sobre o acoso laboral e o abuso de autoridade.

Como xornalista colabora nunha columna no diario Faro de Vigo.[4]

En 2015, a editorial Destino (Grupo Planeta), publicou a súa primeira novela negra, Puerto escondido, que foi traducida ao catalán, alemán e francés.[5][6][7]

Nunha presentación da Libraría Miranda de Bueu con Tensi Gesteira en 2021

En 2017 publicou Un lugar a donde ir.[8][9]

En 2018 publicou Donde fuimos invencibles.[10][11]

Estas tres novelas forman a serie coñecida como Los libros del Puerto Escondido, protagonizadas polo personaxe de ficción Valentina Redondo, tenente da Garda Civil, a cargo da Unidade Orgánica de Policía de Investigación Xudicial (UOPJ) de Santander.[12] A autora manifestou que o nome é en honra da escritora Dolores Redondo.[13]

O concello de Suances creou a Ruta Literaria Puerto Escondido, que percorre os principais escenarios nos que transcorren as novelas.[14]

En 2020 publicou O souto dos catro ventos que se desenvolve no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Deixou Cantabria para facer «un canto de amor a Galicia»,[15] e a diferenza das súas anteriores obras escribiu tamén unha versión galega.

En O que a marea esconde (2021) homenaxea as novelas de «cuarto pechado» e nesta historia policial a tenente galega Valentina Redondo non só terá que resolver o crebacabezas do crime máis estraño da súa carreira senón tamén recompoñer as pezas da súa propia vida.[16]

En O camiño do lume (2022), quinta novela de ‘Os libros de Puerto Escondido’ propón unha viaxe a través das evocadoras terras escocesas e dos libros luminosos e arrebatados do romanticismo británico.[17]

Obras[editar | editar a fonte]

Presentando O que a marea esconde na Libraría Paz de Pontevedra (11/12/2021), con Chus Gómez Dorrego e Ledicia Costas.

Infantil[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. planetaeris (25 de novembro de 2015). "Entrevista María Oruña y Feliz Cumpleaños ;)". PlanetaEris (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  2. "María Oruña ambienta su nueva novela en las costas cántabras". 8 de setembro de 2015. 
  3. "Asociacion gallega contra el acoso laboral - TEXTOS RECOMENDADOS". www.agacamt.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 2020-09-07. 
  4. Rodríguez, Salvador (3 de xaneiro de 2020). "Antonio García Teijeiro, María Oruña, Ledicia Costas y Pedro Feijó se incorporan a un suplemento más atractivo y con más contenidos". Faro de Vigo. 
  5. EFE (2015-09-17). "María Oruña recupera "historias perdidas" para su novela negra en Cantabria". El Diario (en castelán). Consultado o 2020-09-07. 
  6. "La arqueóloga del crimen". ELMUNDO (en castelán). 2015-10-07. Consultado o 2020-09-07. 
  7. "María Oruña nos guía por Cantabria con "Puerto Escondido"". www.ondacero.es. Consultado o 2020-09-07. 
  8. "'Un lugar a donde ir', de María Oruña". El Correo (en castelán). 2017-02-16. Consultado o 2020-09-07. 
  9. "María Oruña: «El 'thriller' engancha porque es una forma de tener controlado el mal»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-02-22. Consultado o 2020-09-07. 
  10. "El intenso resplandor de la teniente Redondo". www.lne.es. Consultado o 2020-09-07. 
  11. "María Oruña resucita un viejo palacio para construir un relato de fantasmas en su nuevo libro 'Donde fuimos invencibles'". 17 de abril de 2018. 
  12. Pertierra, Tino (9 de abril de 2018). "El intenso resplandor de la teniente Redondo". La Nueva España. 
  13. "La arqueóloga del crimen". ELMUNDO (en castelán). 2015-10-07. Consultado o 2020-09-07. 
  14. Press, Europa (2016-12-14). "Suances instala paneles informativos de la ruta literaria 'Puerto Escondido'". www.europapress.es. Consultado o 2020-09-07. 
  15. "María Oruña: «Quería ofrecer un suave soplo de la magia que tenemos en Galicia»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-08-27. Consultado o 2020-09-07. 
  16. "O que a marea esconde". Aira Editorial. Consultado o 2021-06-17. 
  17. "O camiño do lume". Aira Editorial. Consultado o 2022-07-10. 
  18. "La mano del arquero". www.escritores.org. Consultado o 2020-09-07. 
  19. "O souto dos catro ventos". Aira Editorial. Consultado o 2020-11-13. 
  20. "O que a marea esconde". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-26. 
  21. Quel che la marea nasconde – María Oruña - Casa editrice Ponte alle Grazie (en italiano). 2022-06-14. ISBN 978-88-3331-855-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]