María Oruña
María Oruña | |
---|---|
Nacemento | 1976 |
Vigo | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | avogada e escritora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
María Oruña Reinoso, nada en Vigo en 1976, é unha avogada, novelista e columnista galega que escribe en castelán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciada en Dereito, e tras exercer durante dez anos como avogada laboralista e mercantil, publicou en 2013 a súa primeira novela, La mano del arquero,[1][2] sobre o acoso laboral e o abuso de autoridade.
Como xornalista colabora nunha columna no diario Faro de Vigo.[3]
En 2015, a editorial Destino (Grupo Planeta), publicou a súa primeira novela negra, Puerto escondido, que foi traducida ao catalán, alemán e francés.[4][5][6]
En 2017 publicou Un lugar a donde ir.[7][8]
En 2018 publicou Donde fuimos invencibles.[9][10]
Estas tres novelas forman a serie coñecida como Los libros del Puerto Escondido, protagonizadas polo personaxe de ficción Valentina Redondo, tenente da Garda Civil, a cargo da Unidade Orgánica de Policía de Investigación Xudicial (UOPJ) de Santander.[11] A autora manifestou que o nome é en honra da escritora Dolores Redondo.[12]
O concello de Suances creou a Ruta Literaria Puerto Escondido, que percorre os principais escenarios nos que transcorren as novelas.[13]
En 2020 publicou El bosque de los cuatro vientos, que se desenvolve no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil. Deixou Cantabria para facer «un canto de amor a Galicia».[14]
Obras[editar | editar a fonte]
- La mano del arquero (2013).[15]
- Puerto escondido (2015). Destino.
- Un lugar a donde ir (2017). Destino.
- Donde fuimos invencibles (2018). Destino.
- El bosque de los cuatro vientos (2020). Destino. En galego O souto dos catro ventos (2020), Aira Editorial, 345 páxs. A edición galega inclúe A viaxe dos nove aneis, onde a autora fala da materia prima, feita de terra e soños, de onde agromou esta novela.[16]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "María Oruña ambienta su nueva novela en las costas cántabras". 8 de setembro de 2015.
- ↑ "Asociacion gallega contra el acoso laboral - TEXTOS RECOMENDADOS". www.agacamt.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ Rodríguez, Salvador (3 de xaneiro de 2020). "Antonio García Teijeiro, María Oruña, Ledicia Costas y Pedro Feijó se incorporan a un suplemento más atractivo y con más contenidos". Faro de Vigo.
- ↑ EFE (2015-09-17). "María Oruña recupera "historias perdidas" para su novela negra en Cantabria". El Diario (en castelán). Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "La arqueóloga del crimen". ELMUNDO (en castelán). 2015-10-07. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "María Oruña nos guía por Cantabria con "Puerto Escondido"". www.ondacero.es. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "'Un lugar a donde ir', de María Oruña". El Correo (en castelán). 2017-02-16. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "María Oruña: «El 'thriller' engancha porque es una forma de tener controlado el mal»". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-02-22. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "El intenso resplandor de la teniente Redondo". www.lne.es. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "María Oruña resucita un viejo palacio para construir un relato de fantasmas en su nuevo libro 'Donde fuimos invencibles'". 17 de abril de 2018.
- ↑ Pertierra, Tino (9 de abril de 2018). "El intenso resplandor de la teniente Redondo". La Nueva España.
- ↑ "La arqueóloga del crimen". ELMUNDO (en castelán). 2015-10-07. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ Press, Europa (2016-12-14). "Suances instala paneles informativos de la ruta literaria 'Puerto Escondido'". www.europapress.es. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "María Oruña: «Quería ofrecer un suave soplo de la magia que tenemos en Galicia»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-08-27. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "La mano del arquero". www.escritores.org. Consultado o 2020-09-07.
- ↑ "O souto dos catro ventos". Aira Editorial. Consultado o 2020-11-13.