Mary McCarthy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMary McCarthy

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1912 Editar o valor em Wikidata
Seattle, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte25 de outubro de 1989 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de pulmón Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCastine Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xuíza do Premio Booker
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónVassar College (pt) Traducir
Annie Wright School (en) Traducir
Garfield High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , crítica literaria , autobiógrafa , guionista , novelista , escritora , crítica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorBard College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeEdmund Wilson (1938–1946)
ParellaPhilip Rahv (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsKevin McCarthy Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0565239 IBDB: 7606
WikiTree: McCarthy-7986 Find a Grave: 7316259 Editar o valor em Wikidata

Mary McCarthy, nada o 21 de xuño de 1912 e finada o 25 de outubro de 1989, foi unha importante novelista e unha ensaísta estadounidense de sobresaliente talle intelectual.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Seattle, Washington, e quedou orfa aos seis anos, con tres irmáns máis novos: os seus pais de orixe irlandesa morreran na epidemia de gripe de 1918. O responsábel de coidar a McCarthy foi un tío seu, católico; fíxoo duramente (así o reflectirá nas súas Memorias). Cando non o puido soportar máis, logrou ir vivir cos seus avós maternos a Seattle: Augusta Morganstern era xudía e Harold Preston, protestante. Baixo a vixilancia severa dos Preston, McCarthy estudou no Annie Wright Seminary en Tacoma, e finalmente foi graduarse no prestixioso Vassar College en 1933, que marcou a súa vida e que reflectiu en The Group.

Moveuse nos círculos de esquerda en Nova York dos anos trinta, sendo á vez moi crítica co estalinismo. Colaborou na Partisan Review e así mesmo en The Nation, The New Republic, Harper's Magazine, e The New York Review of Books. Chamou a atención pola agudeza das súas críticas e pola súa boa formación. Entre o corenta e o cincuenta criticou o reacionario mccarthyismo e as súas secuelas, mais tamén os esquerdistas máis cegos. A súa crítica á cultura e ao poder percibiuse nas súas campañas contra a guerra de Vietnam e contra os escándalos do presidente Nixon do setenta.

Vida social[editar | editar a fonte]

Casou catro veces. En 1933 casou con Harald Johnsrud, actor e aspirante a dramaturgo. O seu esposo máis coñecido foi o escritor e crítico Edmund Wilson, con quen casou en 1938 despois de deixar o seu amante Philip Rahv, e con quen tivo un fillo, Reuel Wilson. En 1946 casou con Bowden Broadwater, quen traballou para o New Yorker. En 1961, McCarthy casou co diplomático James R. West co que ao final da súa vida, viviu en París longo tempo.[1]

A pesar de que rompeu con algúns dos seus colegas de Partisan Review cando se desviaron cara á política conservadora despois da segunda guerra mundial, mantivo as amizades de toda a vida con Dwight Macdonald, Nicola Chiaromonte, F. Dupee e Elizabeth Hardwick. Quizais o máis prezado de todo foi a súa estreita amizade con Hannah Arendt, con quen mantivo unha correspondencia considerable amplamente considerada polo seu rigor intelectual. A súa amizade con Hannah Arendt remóntase a 1949 e chega até a morte desta e foi un dos máis importantes encontros intelectuais estadounidenses. Despois do falecemento de Arendt, McCarthy converteuse na súa executora literaria, desde 1976 até a súa propia morte en 1989. McCarthy ensinou en Bard College de 1946 a 1947, e despois entre 1986 e 1989. Tamén ensinou un semestre de inverno en 1948 no prestixioso e elitista Sarah Lawrence College.

Reputación literaria[editar | editar a fonte]

A súa novela de debut, The Company She Keeps, de 1942, recibiu aclamación da crítica como un tema de escándalo, representando o ambiente social dos intelectuais de Nova York de finais de 1930 cunha franqueza sen reservas. Despois de construírse unha reputación como satírica e crítica, McCarthy gozou de éxito popular cando a súa novela de 1963 The Group permaneceu na lista de Bests Sellers do New York Times por case dous anos. A súa obra caracterízase pola súa prosa precisa e a súa complexa mestura de autobiografía e ficción.

A novela de Randall Jarrell de 1954, "Pictures from a Institution", trata do ensino de McCarthy en Sarah Lawrence.

A súa disputa coa escritora Lillian Hellman formou a base para a obra Imaginary Friends de Nora Ephron.[2][3] A disputa acendeuse desde finais da década dos 30 sobre as súas diferenzas ideolóxicas, particularmente as cuestións dos xuízos de Moscova e do apoio de Hellman á "Fronte Popular" e a Stalin. McCarthy provocou a Hellman en 1979 cando dixo en The Dick Cavett Show: "Cada palabra que Hellman escribe é unha mentira".

Hellman respondeu presentando unha demanda por difamación de 2.5 millóns de dólares contra McCarthy, que terminou pouco despois de que Hellman morrese en 1984. Os observadores do xuízo notaron a ironía resultante da demanda de difamación de Hellman que significou un escrutinio significativo e declinación da reputación de Hellman forzando a McCarthy e os seus partidarios a demostrar que mentira.[4]

McCarthy tamén estableceu unha controversia co xeneral da USAF, James Risner sobre o seu encontro mentres el era prisioneiro de guerra en Vietnam do Norte.

A súa obra, en conxunto, destaca por unha mestura rica, precisa, de ficción e autobiografía. É, a xuízo de moitos, unha das máis grandes escritoras e intelectuais estadounidenses do século XX.

McCarthy foi membro do National Institute of Arts and Letters. Logrou os galardóns: National Medal for Literature e Edward MacDowell Medal en 1984.

Obra[editar | editar a fonte]

  • The Company She Keeps (1942).
  • Cast a Cold Eye (1944).
  • The Oasis (1949).
  • The Groves of Academe (1952).
  • A Charmed Life (1955).
  • Sights and Spectacles (1956).
  • Venice Observed (1956).
  • The Stones of Florence (1956).
  • Memories of a Catholic Girlhood (1957).
  • On the Contrary (1961).
  • The Group (1962).
  • Vietnam (1967).
  • Hanoi (1968).
  • The Writing on the Wall (1970).
  • Birds of America (1971).
  • Medina (1972).
  • The Mask of State: Watergate Portraits (1974).
  • Cannibals and Missionaries (1979).
  • Ideas and the Novel (1980).
  • Occasional Prose (1985).
  • How I Grew (1987), autobiografía entre os anos 13 e 21.
  • Intellectual Memoirs (1992), autobiografía, póstumo.
  • A Bolt from the Blue and Other Essays (2002), recompilación de ensaios e críticas.
  • Between Friends: The Correspondence of Hannah Arendt and Mary McCarthy 1949-1975 (1996), editada por Carol Brightman. 

Sobre McCarthy[editar | editar a fonte]

  • Carol Gelderman, Mary McCarthy: A Life, 1990, St Martins Press.
  • Pilar Godayol. Tres escritoras censuradas: Simone de Beauvoir, Betty Friedan y Mary McCarthy. 2017, Comares, 2017
  • Carol Brightman, Writing Dangerously: Mary McCarthy and Her World, 1992, Harvest Books.
  • Joy Bennet, Mary McCarthy; An Annotated Bibliography, 1992, Garland Press.
  • Eve Stwertka (editor), Twenty-Four Ways of Looking at Mary McCarthy: The Writer and Her Work, 1996, Greenwood Press.
  • Frances Kiernan, Seeing Mary Plain: A Life of Mary McCarthy, 2000, W.W. Norton.
  • Sabrina Fuchs Abrams, Mary McCarthy: Gender, Politics, And The Postwar Intellectual, 2004, Peter Lang Publishing.
  • Entrevista e bibliografía en Reales e imaginarios. Diálogos, Cuatro.ediciones, 2010, ISBN 978-84-933199-5-3

Notas[editar | editar a fonte]