Mary Higgins Clark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mary Higgins Clark
Mary Higgins Clark at the Mazza Museum.jpg
Nome completoMary Theresa Eleanor Higgins
AlcumeMary Higgins Clark
Nacemento24 de decembro de 1927
 Nova York
Falecemento31 de xaneiro de 2020
 Naples
SoterradaGate of Heaven Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade Fordham
Ocupaciónnovelista, escritora e escritora de literatura infantil
FillosCarol Higgins Clark
PremiosPrêmio Edgar, New Jersey Women's Hall of Fame e Horatio Alger Award
Mary higgins clark signature.svg
editar datos en Wikidata ]

Mary Theresa Eleanor Higgins Clark Conheeney (de solteira Higgins), nada en Nova York o 24 de decembro de 1927[1] e finada en Naples o 31 de xaneiro de 2020, foi unha escritora estadounidense, autora de novelas de suspense. Cada un dos seus libros converteuse nun best-séller nos Estados Unidos e varios países europeos, e todas continúan a ser editadas. A súa primeira novela de suspense, Where Are the Children, vai pola súa setenta e cinco impresión.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mary Higgins Clark naceu no Bronx, Nova York. O seu pai morreu cando ela tiña dez anos, deixando a familia nunha situación económica difícil. Despois de terminar os estudos do ensino secundario, fixo un curso de secretariado e traballou como secretaria nunha axencia de publicidade durante tres anos. Abandonou a axencia para traballar como auxiliar de voo na Pan American Airlines, onde ficou ata o seu matrimonio con Warren Clark. En 1956 comezou a escribir contos para xornais e revistas e obras de teatro para a radio. O primeiro libro que publicou foi unha biografia de George Washington, Aspire to the Heavens.

Warren faleceu vítima dun ataque ao corazón en 1964, e Mary quedou con cinco fillos ao seu cargo. Foi entón cando decidiu dedicarse á escritura. Erguíase todos os días ás cinco da mañá e escribía ata as sete, hora en que preparaba os fillos para a escola.

O seu primeiro libro policial, Where Are the Children?, publicado en 1975, converteuse nun best-séller. Mary decidiu continuar os seus estudos e inscribiuse na Fordham University, onde, en 1979, se doutorou summa cum lauda en filosofía. Dende entón foi distinguida con 16 doutoramentos honoris causa e recibiu numerosos premios literarios. Os seus libros foron traducidos a varias linguas.

En 1996 Mary casou con John J. Coheeney e ese mesmo ano, lanzou a Mary Higgins Clark Mystery Magazine.

Obras[editar | editar a fonte]

Ficción[editar | editar a fonte]

Historias de Standalone
  • 1968 Aspire to the Heavens (reeditado en 2000 como Mount Vernon Love Story)
  • 1975 Where Are the Children?
  • 1977 A Stranger is Watching
  • 1980 The Cradle Will Fall
  • 1982 A Cry in the Night
  • 1984 Stillwatch
  • 1986 Murder in Manhattan(coescrito con Thomas Chastain)
  • 1987 Terror Stalks The Class Reunion (relato)
  • 1987 Murder On The Aisle (relato)
  • 1987 Weep No More, My Lady
  • 1988 Caribbean Blues
  • 1988 Double Vision (relato)
  • 1989 While My Pretty One Sleeps
  • 1989 That's The Ticket" (relato)
  • 1989 The Anastasia Syndrome and Other Stories
  • 1989 The Lost Angel (relato)
  • 1989 Death On The Cape (relato)
  • 1990 "Voices in the Coal Bin" (relato, só dispoñible en audiolibro con That's the Ticket, de Carol Higgins Clark)
  • 1990 The Body in the Closet (relato)
  • 1991 Loves Music, Loves to Dance
  • 1992 All Around the Town
  • 1992 Missing in Manhattan (coescrito con Thomas Chastain)
  • 1993 I'll Be Seeing You
  • 1993 Death on the Cape and Other Stories
  • 1993 Milk Run and Stowaway (Dous relatos. Como "Voices in the Coal Bin", non foi publicado oficialmente fóra das antoloxías)
  • 1994 Remember Me
  • 1995 Let Me Call You Sweetheart
  • 1995 Justice in Manhattan (coescrito con Thomas Chastain)
  • 1995 Silent Night
  • 1995 Bad Behavior
  • 1996 Moonlight Becomes You
  • 1996 Mother
  • 1996 My Gal Sunday: Henry and Sunday Stories
  • 1997 Pretend You Don't See Her
  • 1998 You Belong to Me
  • 1999 We'll Meet Again
  • 1999 The Night Awakens
  • 1999 The Plot Thickens(editora)
  • 2000 Before I Say Good-Bye
  • 2001 On the Street Where You Live
  • 2001 He Sees You When You're Sleeping (coa súa filla Carol Higgins Clark)
  • 2002 Daddy's Little Girl
  • 2002 Murder in the Family
  • 2003 The Second Time Around
  • 2004 Nighttime Is My Time
  • 2005 No Place Like Home
  • 2006 Two Little Girls in Blue
  • 2007 Ghost Ship: A Cape Cod Story
  • 2007 I Heard That Song Before
  • 2008 Where Are You Now?
  • 2009 Just Take My Heart
  • 2010 The Shadow of Your Smile
  • 2011 I'll Walk Alone
  • 2011 The Magical Christmas Horse (ilustrado por Wendell Minor)
  • 2012 The Lost Years
  • 2013 Daddy's Gone a Hunting
  • 2013 Plot Thickens
  • 2015 The Melody Lingers On
  • 2016 Death Wears a Beauty Mask and Other Stories
  • 2018 I've Got My Eyes on You
  • 2019 Kiss the Girls and Make Them Cry
Serie Alvirah and Willy

Centrada en Alvirah Meehan, gañadora da lotería e o seu home Willy, fontaneiro, mentres resolven crimes.

  • 1987 Weep No More, My Lady
  • 1992 Plumbing For Willy
  • 1994 The Lottery Winner and Other Stories
  • 1998 All Through the Night
  • 2000 Deck the Halls (coa súa filla Carol Higgins Clark, crossover coa principal protagonista de Carol, Reagan Reilly, investigadora privada)
  • 2004 The Christmas Thief (coa súa filla Carol Higgins Clark, crossover coa principal protagonista de Carol, Reagan Reilly, investigadora privada)
  • 2006 Santa Cruise: A Holiday Mystery at Sea (coa súa filla Carol Higgins Clark, crossover coa principal protagonista de Carol, Reagan Reilly, investigadora privada)
  • 2008 Dashing Through the Snow (coa súa filla Carol Higgins Clark, crossover coa principal protagonista de Carol, Reagan Reilly, investigadora privada)
  • 2011 I'll Walk Alone
  • 2012 The Lost Years
  • 2016 As Time Goes By
  • 2017 All By Myself, Alone[2]
Serie Under Suspicion

Centrada en Laurie Moran, produtora da serie de televisión "Under Suspicion", programa documental no que se investigan casos sen resolver.

  • 2014 I've Got You Under My Skin
  • 2014 The Cinderella Murder (coescrito con Alafair Burke)
  • 2015 All Dressed in White (coescrito con Alafair Burke)
  • 2016 The Sleeping Beauty Killer (coescrito con Alafair Burke)
  • 2017 Every Breath You Take (coescrito con Alafair Burke)
  • 2018 You Don't Own Me (coescrito con Alafair Burke)[3]

Non ficción[editar | editar a fonte]

  • 2001 Kitchen Privileges, A Memoir

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Great Women Mystery Writers, 2nd Ed. by Elizabeth Blakesley Lindsay, page 40, 2007, Greenwood Press; ISBN 0-313-33428-5
  2. "All By Myself, Alone by Mary Higgins Clark". Fantastic Fiction. Consultado o 29 de xaneiro de 2017. 
  3. "You Don't Own Me". Fantastic Fiction. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2018. Consultado o 27 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Higgins Clark, Mary, Kitchen Privileges: A Memoir, Simon & Schuster (2002); 224 páxinas; ISBN 0743412613/ISBN 978-0743412612; edición reimpresa en Gallery Books (21 de outubro de 2003).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]